Venres. 26.04.2024
El tiempo

Talía Teatro, candidata a 5 premios María Casares polo Método Grönholm

Talía Teatro, candidata a 5 premios María Casares polo Método Grönholm
Cartel de O Método Gronholm de Talia Teatro

"O metodo Grönholm", de Talía Teatro, convírtese neste 2013 na terceira produción galega con maior número de finalistas aos Premios María Casares. Uns galardóns que outorga Asociación de Actores e Actrices de Galicia (que, por certo, ten presi costeiro) e que supoñen o gran escaparate do Teatro galego. Esta pasada noite do 27 de febreiro a entidade fixo públicos os nomeados na VI Festa dos Nomeados, á que asistiron uns 150 profesionais, pero teremos que agardar ata o 27 de marzo para saber con cantos galardóns queda Talía. Ese día será a gala XVII Premios María Casares, a gran festa da escena galega.

A compañía da Costa da Morte opta ao premio en 5 categorías (Xulio Lago pola "Mellor Iluminación" e "Mellor Dirección"; Artur Trillo polo "Mellor Adaptación-Tradución" e polo "Mellor Actor Principal" e Suso Montero pola "Mellor Escenografía"). Pero terá grandes competidores como son a obra Viaxe a ningunha parte de Sarabela Teatro, con 10 nomeamentos, e Tokio 3, de Voadora, que aspira a 9 galardóns, entre eles tamén o de dirección e espectáculo.

Festa-dos-Nomeados-dos-Premios-Maria-Casares-2013 Isabel Risco na Festa dos Nomeados dos Premios María Casares 2013-Foto-

O Mellor Actor Principal ten pinta de costeiro

Se no 2009 os dous mellores actores secundarios foron da Costa, este ano todos cruzamos os dedos con que o premio ao Mellor Actor Principal quede na Costa da Morte. I é que ademais de Artur Trillo temos finalistas dous veciños máis da zona, como son o cormelán Víctor Mosqueira, por "Románticos", de Producións Teatrais Excéntricas, e mais o esteirán Xosé Manuel Olveira "Pico", por "Kafka e a boneca viaxeira", de Eme2 emoción&arte.

Esperando pola gala

Así un total de 28 montaxes escénicas e 239 profesionais do sector presentaron as súas candidaturas aos galardóns do teatro galego, dos que 17 espectáculos convértíronse en finalistas dos XVII Premios María Casares de Teatro. Así, a gran festa da escena galega celebrarase o próximo 27 de marzo, coincidindo co Día Mundial do Teatro, na Coruña.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios