Xoves. 28.03.2024
El tiempo

4 actores da Costa da Morte invanden a gran pantalla cunha Personal Movie

4 actores da Costa da Morte invanden a gran pantalla cunha Personal Movie
4 actores da Costa da Morte en Personal Movie

Xa está na gran pantalla. Personal Movie, o novo filme de produción galego (que non en galego) xa percorre os mellores cines do país. Xa está visible na Coruña, este venres estréase en Ferrol, para o día 15 en Santiago, p 22 en Vigo... e así ata invadir as multisalas do país enteiro. Desta volta o cine galego proponnos un thriller escrito e dirixido polo corcuñés Hector Carré no que non deixaremos de tremer sobre as butacas.

E aí, na gran pantalla podemos xa disfrutar de 4 actorazos costeiros. Non son outros que o malpicán Santi Romay, que segue arrasando tralo seu paso por Matalobos; o cormelán Víctor Mosqueira; o liracho Miguel de Lira; e o veciño da Estrada pero corcubionés de adopción, Chete Lera.

Importante ver que a produción galega salta das televisións ou dos pequenos círculos á gran pantalla. Vímolo este Nadal co Apóstolo do esteirán "Pico", ou o ano pasado con Vilamor e Os Crebinski, que ademais arrasaron, e o seguen facendo, en certames de todo o mundo.

Tamén cómpre subliñar que esta película conta como candidata ás nominacións Mestre Mateo 2013 en diversas categorías, varias protagonizadas polos nosos veciños:

  • Interpretación Masculina Protagonista: Santi Romay.
  • Interpretación Feminina Protagonista: Yelena Molina.
  • Interpretación Masculina de Reparto: Chete Lera e Miguel de Lira.
  • Interpretación Feminina de Reparto: Isabel Blanco.
  • Dirección: Héctor Carré.
  • Guión: Héctor Carré.

Así que sen máis, deixámovos co trailer e a sinopse de Personal Movie.

Sinopse

Manolo roda a película das súas vacacións e a cámara convértese nun personaxe máis, entre festas e ligues, ata que un día de resaca no que non recorda nada do ocorrido a véspera, descobre restos dun cadáver no seu barco. Entón chama ao seu pai, un policía ao que detesta, para que lle axude a saír do embrollo. Apoiándose nel e nunha moza inmigrante da que se namora, terá que descubrir ao culpable.

Para chegar ao desenlace terá que enfrontarse a unha trama con asasinatos e chantajes, pero tamén aos conflitos que lastran a relación co seu pai e ao crecente amor que sente pola moza inmigrante, que podería converterse na muller da súa vida.

Pasado, presente e futuro están en xogo nunha profunda viaxe no que o protagonista atravesa o paraíso, afúndese no inferno e loita por escapar de volta ao mundo real.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios