Tremenda a Axenda desta segunda fin de semana de maio


Esta semana botamos un ollo á manchea de Festas que nos invaden para recibir ao verán. Citas festexeiras que tendes debulladas en www.axendacostadamorte.. E coma sempre, cada venres, concentramos aquí de cara a preparar a fin de semana. Esta segunda de maio chega completiña con moita, moita música, teatro, floclore, foliada, conferencias, camiñadas, pintura, fotografía...
E comezamos a golpe de venres cunha nova cita teatreita no marco da da VII Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros, desta volta con O Xeito Teatro e precisamente "Os textos de Pepe Agrelo".
E poderemos rematar a noite con dous concertazos en Carballo de La Sena de Afra e da banda costeira The Way en Cee.
Para o sábado teremos unha nova Andaina desta volta polos montes do Faro de Vimianzo. Durante a tarde será a tradición a protagonista coa Foliada homenaxe a Jesús Quintáns de Lobelos e o Festival Folclórico de Esteiro. Se saír de Muros poderemos disfrutar do Obradoiro de Breakdance e dunha obra de Teatro co Grupo de teatro de Ames.
Faremos parada en Vimianzo para visitar a presentación, na casa, do libro de Xosé María Lema Suárez "Costa do Solpor".
E para rematar a noite, teremos un Concerto en Laxe de bossanova e un concerto de versións pop-rock en Vimianzo.
E tamén empeza a pé un completo domingo, coa 2ª Etapa do Camiño dos Faros por Ponteceso. E será parecida a cita polo sur co Rali Fotográfico de Campo de Cortes.
I é que comezan as citas co espectacular Festiletras, e o fan coa estrea da Mostra de Viki Rivadulla na Fundación Eduardo Pondal. Toca cita cos libros tamén en Corcubión coa inaguración do Maio das Letras da Universidade Popular e a presentación do libro de Carlos Callón.
Como non podía ser doutro xeito, a cita dominical co teatro en Vimianzo non falla, e desta volta teremos "Os Vellos non deben namorarse" da man do Colectivo Cultural Ollomao de Barreiro.
E a fin de semana rematará concerto de "The Rodeo Idiot Engine" en Carballo.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).