xoves. 05.06.2025
El tiempo

Tremenda a #AxendaCostadaMorte para esta segunda semana de xullo

Tremenda a #AxendaCostadaMorte para esta segunda semana de xullo
Axenda Costa da Morte segunda semana xullo

Menuda fin de semana que nos espera. E ademais, parece que o tempo seguirá respondendo con ceos claros e boas temperaturas polo día, pero iso si, algo máis frescas pola noite, como nos contan os compañeiros de 4gotas.

Ao caso, nesta segunda fin de semana de xullo teremos un pouco de todo: festas a mancheas, un festivalón, unha festa gastronómica das grandes, cine, teatro, concertos, presentacións, charlas, exposicións, encontros culturais mariñeiros, foliadas, roteiros, recitais poéticos, mercados... Sen parada e para todos os gustos.

Un sábado de percebes e rock

E comezamos comendo, e comendo ben. Que mellor que uns percebes para un sábado de festa. Así, o sábado cómpre parar en Corme a gozar da Festa do Percebe do Roncudo, a do rei do marisco, que ten gastronomía pero moita troula multiplicando por moito a poboación da viña mariñeira.
E de Corme, a Malpica, a gozar doutra das citas da Axenda Festivaleira da Costa da Morte, o Nordestazo Rock, con Loquillo, Corizonas e Miguel Costas entre outros. Menudo festivalón!

Recuperando o patrimonio cultural

Deixamos a gastronomía e a música un momento e baixamos ata a Serra de Outes, pois no porto do Freixo xa está en marcha o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais, unha cita de recuperación cutural mariñeira que trae concentracións de navegación, música e moito máis.

Tamén en clave de recuperación, pero arredor do Olimpo Celta, teremos as completas xornadas do Encontro Monte Pindo, sendeirismo, da historia, da música e da Gastronomía da Costa da Morte.

De verbeneo

E comezamos o repaso ás festas, que temos para aburrir. Comezamos polas Festas de San Cristovo de Carnés, que non paran, as Festas de Soesto, a Festa da Cascada do Ézaro, as Festas de Corcoesto, ou as Festas do Carme de Muros.

Corcubión, núcleo cultural

Impresionante a axenda corcubionesa para a fin de semana. Ata 6 citas de índole máis cultural que festexeira, para ir abrindo boca do Mercado Medieval (que xa ten programa).
O venres teremos dúas, a falta de unha, inauguracións de exposicións. No Cárcere Vello unha exposición de Alfonso Area sobre barcos, e na Gavilla xa loce unha exposición sobre o Prestige. Ademais, a Capela do Pilar acolle a presentación dun novo número da revista Thaumazein da UCV, para trasladar a actividade de novo á Gavilla, onde poderemos disfrutar do concerto de LeöKCh, que presentará o seu novo disco.
Para o sábado, interesante charla histórica sobre a orixe da vila con Luís Lamela ademais dunha demostración de Baile.

En clave cultural

En clave cultural tamén teremos moitas cousas, como a Celebración do 50 aniversario do pasamento de López Abente, onde a súa Fundación, ademais da inauguración da exposición de Viki Rivadulla, unha fermosa Foliada en Cee, dous monólogos: Carlos Blanco en Razo e de JC Illanes en Cee; unha nova cita co cine de Corme adicado á Guerra Civil; o Concerto da Coral de invidentes da ONCE en Muxía, ou un Concerto de música africana en Mazaricos

Roteiros diurnos e nocturnos

Doble proposta de sendeirismo para disfrutar da nosa natureza temos esta fin de semana. A primeira cita, a noite do sábado, cun roteiro nocturno por Zas. E a segunda, nada menos que a 6ª etapa do Camiño dos Faros entre Camariñas e Muxía.

Un mercado ecolóxico domingueiro

E o domingo, para pechar a fin de semana, podemos pasar o día por Carnota, e facer parada no Mercado Ecolóxico de Quilmas.


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios