Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Últimos días para enviar os traballos dos Premios de Artigos Xornalísticos

Últimos días para enviar os traballos dos Premios de Artigos Xornalísticos
Premios-Artigos-Xornalisticos-Normalizadores-Carballo-2016 Este xoves, 14 de abril, remata o prazo de entrega de artigos ao certame xornalístico de Carballo. Os traballos, que serán artigos de opinión sobre lingua, poderanse entregar no Pazo da Cultura, ou enviar por correo postal certificado. O concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con diversos medios de comunicación, entre os cales está QPC, convocou a décimo segunda edición do Premio a Artigos Xornalísticos normalizadores, un certame que ten por obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego e promover o seu uso na prensa. Calquera persoa que queira e teña algo que dicir con respecto á lingua pode presentarse a este certame. Para iso debe escribir un artigo de entre 1.800 e 3.300 caracteres con espazos incluídos. Nese artigo pode falar sobre a situación sociolingüística do noso país, o fomento da lingua galega, o seu estatus, o argumentario a prol do uso do galego, a lexislación e os dereitos lingüísticos, experiencias sociolingüísticas concretas, propostas para o impulso do uso e prestixio social do galego, experiencias útiles ou favorables para a dinamización da lingua, política lingüística en xeral ou nalgún ámbito ou situación determinada, etc. Outorgarase un premio económico ao artigo gañador, dotado con 1.000 euros, ademais da difusión nos diversos medios de comunicación colaboradores coa iniciativa.

Máis información e inscrición

As bases completas poden consultarse no sitio web do Concello de Carballo (www.carballo.gal). Tamén se pode obter máis información no Servizo de Normalización Lingüística, no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo.

Comentarios