Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Un Concerto solidario para os Amigos dos Cans de Carballo

Un Concerto solidario para os Amigos dos Cans de Carballo
Concerto Benefico con Asociacion Amigos dos Perros de Carballo

Para nós, que tanto valoramos o traballo da Clínica Argos coa iniciativa Salvacadelos, parécenos esta, unha grandísima idea. Un grupo de xente de Carballo, con inquietudes pola situación dos animais na vila, e en particular polo único organismo que se preocupa polo benestar dos animais, a Asociación Amigos de los Perros de Carballo, veñen de decidir organizar o vindeiro sábado 18 de marzo un concerto solidario para recadar cartos para axudar á referida asociación.

O concerto celebrarase a partir das 22:00h na Sala Dublín de Carballo, no que participarán de maneira desinteresada os grupos Perfusión (percusión e danza tradicional africana), Crú (metal), Apart (indie-rock) e Kostra da Morte (punk).

Todos os cartos recadados mediante venda de entradas será integramente para a Asociación Amigos de los Perros, así mesmo, durante o concerto membros da Asociación darán a coñecer aos asistentes cales son os labores que realizan, cales son as súas eivas e en que podemos axudar a cidadanía.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios