Un Foro para debatir sobre a Costa da Morte na rede


4.400 amigos nun mes, demostra que a xente da Costa da Morte ten moito que dicir. Así o valoran os veciños da zona que veñen de abrir o pasaso setembro unha páxina de Facebook baixo o claro título Foro Costa da Morte. “Queremos poder vivir e traballar aquí” é o seu lema inicial, e o espazo virtual quere servir para que a cidadanía aporte solucións e propostas aos numerosos problemas da zona.
7 persoas, 7 veciños normais, do mar, do comercio, do agro, do metal… abren esta fiestra ao debate, deixado de lado os localismos e a vinculación política, e facendo unha ollada crítica ao desamparo dunha bisbarra esquecida polas administracións. Facendo política pero dende a cidanaía, non dende os manidos partidos, aos que cómpre lembrar a quen representan.
Son moitos os cabalos de batalla que presenta nestas datas. A autovía (loita para a que abriron unha colleita de sinaturas), o heliporto, a fusión de concellos, os problemas ca peaxa na AG-55, o abandono do Parque do Megalitismo ou do patrimonio etnográfico en xeral, o saneamento da ría de Corcubión, a Casa da Cultura de Cee, o paro, o abandono do sector do mar, a fábrica de tubos pantasma…
Crean contidos de reflexión e interese, como o reflicten as case 300 compartidas desta imaxe sobre os custos e prazos da Autovía…

Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).