Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un sitio distinto: A primeira serie de animación con D.O. Bergantiños

Un sitio distinto: A primeira serie de animación con D.O. Bergantiños

Xa temos a primeira serie de animación con denominación de orixe bergantiñá. "Un sitio distinto" é a primeira serie creada e ambientada na Costa da Morte dando un impulso ao audiovisual costeiro. Unha aposto de "Mamá Lola Estudios", nos que Fran Rodríguez, Nanny Mouro e Fernando Calvo Trincado (de Carballo e Coristanco) fano todo: os debuxos, a música, o guión...

E aí está, xa temos o primeiro capítulo da serie, que seguirá un formato de internet, con capítulos de 3-5 minutos.

Unha serie que nos levará ata o imaxinario pero tan real como calquera outro, Concello de "Miñanco". Alí, na aldea, contan cun alcalde especial. Dándolle unha pequena volta aos casos de corrupción do país, Miñanco conta cun alcalde que sempre tira para o seu lombo, pero que ao final, sempre fai o ben para o pobo. E por iso é reelixido constantemente a pesar de querer xubilarse dunha vez.

Aquí vos deixamos, no Concello de Miñanco, co primeiro capítulo deste "Un sitio distinto": "As pastillas azuis", no que a venta de viagras dá para moito...

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Un sitio distinto serie animacion costa da morte mama lola estudios

Comentarios