Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha viaxe pola historia irmandiña a través do Asalto

Unha viaxe pola historia irmandiña a través do Asalto

Xa vimos os dous primeiros vídeos de promoción do Asalto ao Castelo 2012. E comezaron en ton simpático, coma sempre. Pero antes de comezar co repaso ás últimas novidades arredor do Festival (ollo se vedes un grupo de tolos armados con escudos polo campo da festa, que son os ensaios...), queremos destacar o traballo realizado na recreación historia e na creación do guión da representación histórica.

Neste vídeo podedes ver a historia da representación teatral deste 2012. Unha historia que retoma a do ano pasado, dalle unha volta, e volve situar á comarca de Soneira asoballada pola nobleza un ano despois da anterior revolta irmandiña (a do ano pasado, claro). Agora, xa situándonos no 1469, a que atemorizaba ao pobo irmandiño, a Vizcondesa, volve a Vimianzo tras ser expatriada durante unha tempada, pero volve consumida pola depresión e o alcol. Agora, o que mete medo á xente é o novo Arcebispo enviado á defender o Castelo, o Santo das Tebras.

Coa poboación irmandiña destrozada pola salvaxe man do Santo das Tebras, a única esperanza reside nun pequeno grupo de mozos, o "Comando Reconstrución" que, con máis corazón que agallas, e que cabeza, se intenta adentrar no corazón do Castelo para destrozalo por dentro. Aí é onde aparece o tímido Fénix, que se convirte nun soldado das forzas do Arcebispo para descubrir as feblezas da fortaleza. El e a nova e brava Inojk serán as esperanzas do pobo irmandiño...

Na representación haberá drama, loita, amor, desamor, ira, maldade... pero tamén haberá diversión, con habituais toques simpáticos a ritmo de música de tódolos tempos e coa xa tradicional guerra de globos. Todo, artellado por un Ghillermo que non dá puntada sen fío.

Máis novas

XV Roland Esgarros

En paralelo a esta información achégannos outra tamén da asociación que corresponde coa actividade deportiva Roland Esgarros. Veñen de abrir o prazo para incribirse no XV torneo de frontenis ROLAND ESGARROS, tanto na categoría masculina como na feminina, a celebrar durante os meses de xullo e agosto.

A inscrición deberá formalizarse no 620 596 459. O prazo de inscrición remata o día 29 de xuño (data do sorteo). Como é costume, a competición iniciarase o 1 de xullo.

II Feira artesanal

Un dos obxectivos dos organizadores nesta XVII Asalto ao Castelo é asentar a Feira Artesanal do sábado 7 de xullo. Desenvolverase na praza do Concello e ao longo da rúa Vázquez Mouzo, ao igual que no 2011.

Recordámosvos a posibilidade de montar o voso propio posto de maneira gratuíta. O prazo xa está aberto e tan só se precisa dunha solicitude a través da páxina www.asaltoaocastelo.org, enviando un correo electrónico á dirección [email protected] ou presentala na Casa da Cultura antes do 3 de xullo.

Máis información

Novas irmandiñas

Máis novas festivaleiras

Fonte

Imaxe do vídeo da historia da representacion teatral do Asalto ao Castelo 2012

Comentarios