Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Un Visio de camisetas con gheada e seseo

Un Visio de camisetas con gheada e seseo
O-VISIO Camisetas da Costa da Morte

Xa o dicía alto e claro María Ordóñez na Gala dos María Casares 2012, cheghan tempos nos que temos que defender o noso. E parte do noso patrimonio é esa lingua, esa fala que tanto nos presta, que tanto nos une. E nesa liña chegan as camisolas O-VISIO, unha marca de camisetas galegas que nace dunha necesidade, a de expresarnos no noso idioma e faser que siga vivo e siga vivo tal e como é: con seseo, gheada e ata castrapo.

I é que hai moitas tendas de camisetas galegas (Caramuxo, Rei Zentolo, Lobishome, etc.), pero non hai moitas tendas de camisetas galegas da Costa da Morte. As protagonistas dos deseños son as frases de toda a vida e de todos lados (como "Arredemo" ou "Éche o que hai"). Frases que reflictan ben a nosa forza e a nosa personalidade, brutas, "jallejas" coma nós, e de aí saen cousas coma: "Diolopaje", "Seica non vela vara?", "Chiculate" ou "Ei castrón!".

Onde conseguilas

As camisetas mércanse dende a páxina:

Os encargos son enviadas a domicilio nun prazo de dous a catro días.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios