unha-festa-da-pataca-coristanco-regueifa

16:31 12/09/17
Esta fin de semana do 16 e 17 de setembro ten lugar a XXXVII Festa da Pataca de Coristanco, unha cita singular este ano marcado polo sainete municipal que provocou que mesmo os carteis non saísen ata esta mesma semana.
A que falará en clave de esperpento será a pregoeira, a nova regueifeira de Bergantiños, Lupe Blanco. Como non pode ser doutro xeito, fará o pregón en verso, e como non pode ser doutro xeito, a retranca será a protagonista. Seguro que non safa ninguén.
O sábado haberá coches clásicos, xogos, a presentación do libro “Lembranzas” da Asociación Traba e verbena.
Para o domingo, ademais da misa, moito pasarrúas e moitas patacas co habitual desfile e concurso de carrozas.
Novas relacionadas
- Lupe Blanco, a nova regueifeira de Bergantiños.
- Patacas solidarias de Coristanco.
- Coristanco, o sainete da política municipal galega.