Sábado. 13.04.2024
El tiempo

Unha nova fiestra para a literatura da Costa da Morte

Unha nova fiestra para a literatura da Costa da Morte

Coñecemos hoxe, da man do poeta ceense Miro Villar, unha serie de libros e espazos onde a Costa da Morte ten moito que dicir. Pero antes damos conta unha entrevista que veñen de facerllea Miro Villar dende a web Letraenobras.com. Unha entrevista onde Miro recoñece que non estamos no mellor momento cultural e que "a nosa literatura é unha moeda de moito valor e de escasa circulación".

E o primeiro libro do que damos conta é un conto do propio Miro Villar, con ilustracións son de Marta Álvarez. Así, xa empeza a chegar ás librarías este conto para primeiros lectores, intitulado "A cobiza do verme Noel", que vén de publicar a Editorial Galaxia na súa colección "Os duros", por seren de tapa dura.
El mesmo explica que "malia contar a historia dun verme "corrupto" (tan de moda na Costa da Morte) este conto xa se escribira hai catro anos".

Libros, costeiros, na rede

Pola contra, atopamos máis libros ca nunca, e xa os temos pola rede. De feito, vén de abrir un novo "arquivo de poéticas contemporáneas na cultura" www.poesiagalega.org. Aí podemos atopar, para descarga libre, 14 volumes que Letras de Cal publicou entre os anos 1997 e 2001 (para acceder busca no Arquivo "Colección Letras de Cal").

Entre eles hai varios de poetas costeiros:

Atopamos algún libro más con orixe costeira, como o Anónimo "Homenaje de Gracia al poeta Labarta Pose (1951), en alusión ao poeta zaense.

A Costa da Morte nos contos

Alvarellos editorial vén de poñer na rúa o libro "Máxico tear natural" do escritor de Boqueixón Xosé Manuel Lobato. Neste libro hai tres pezas ou relatiños sobre a nosa comarca, Fisterra, de Arou ao Vilán de Camariñas e sobre o Monte Pindo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios