1ª Autonómica: Aguantando na cabeza
Nin Xallas nin Dumbría conseguían os 3 puntos esta fin de semana pero ambos manteñen o liderato, agora empatados co Unión a 58 tantos. Os xalleiros non puideron remontar ante o penúltimo da categoría tras un mal comezo, mentres que o Zas tiña unha finalísima ante o 4º clasificado, o Sada, que rematou en táboas.
O Cee parece que volve á loita a falta de 3 xornadas, tras vencer ao Zas con comodidade. Os de Pato quedan a tan só 4 puntos do trío de líderes.
Xa poden ollar as crónicas da Previa da Copa en www.copadacosta.com.
Calo - Xallas (2-2)
- Xallas: David, Isma, Iván Forján, Carteiro (Adrián Prol, min.73), Álvaro, Ricardo (Brais, min.60), Rubén Forján, Jesús, Adrián Beiroa, Toni, Roberto (Leo, min.67).
- Goles: 1-0, min.38; 1-1, min.42: Adrián Beiroa; 2-1, min.69; 2-2, min.77: Adrián Beiroa.
- Expulsión: Cheli de porteiro suplente.
Saíu algo nervioso o equipo xalleiro e non foi o que se agardaba no primeiro tempo, permitindo que se adiantasen os locais e logo non foron quen de darlle a volta ao marcador. As imprecisións foron a nota dominante nos visitantes, que se viron superados polo Calo. Así se puxeron por diante antes do descanso pero Adrián Beiroa conseguíu que non saltasen asalarmas e empatou antes do descanso.
Os xalleiros tamén protestaron un posible penalti que o colexiado sacou fóra da área. Mentres o Calo seguía ao seu e volvia adiantarse. Foi o propio Beiroa o que puxo a igualada e un remate de cabeza a case que na liña de gol estivo a piques de significar a remontada.
Zas - Cee (0-2)
- Zas: Dylan, Dani (Esteban de Baíñas, min.46), Mancebo, José, Kiko, jorge, Churián, Jorge Espasandín (Ramón, min.46), Pastor (Amado, min.86), Adrián (Kevin, min.60) e Ismael.
- Cee: Parroto, Moncho, Fiuza, Dani, Sergio, Angeliño, Fernandito, Rivi, Chapu, Tasky (Rubén, min.87), Llanero (Luilli, min.23).
- Goles: 0-1, min.33: Fernando; 0-2, min.89: Luilli, de penalti.
O Cee comezaba o encontro dominando pero sen demasiadas ocasións. Fernandito tivo a máis clara cun man a man que o xuvenil Dylan solucionou. Llanero protagonizou a mala nova da semana e tivo que ser substituido por Luilli no ecuador da primeira. O propio Fernandito, auténtico motor ceense, adiantou aos seus á media hora.
Así se chegou ao descanso, e ao comezo da segunda metade o Cee perdoou varias ocasións e o Zas intentaba chegar. Finalmente foi Luilli o que cerciorou a vitoria, que rompe unha malísima racha de 4 encontros sen vencer dos de Pato.
Dumbría - Sada (0-0)
- Dumbría: Juan Purrúa, Iván Pequeño, Ismael (Pablo Serrano, min.69), Pablo Conde, Suso, Aarón, Eloy (Adrián Mackaay, min.46), Schuster (Marco, min.69), Piri (Jesús, min.81), Iago, Brais (Martín, min.89).
Partido de poder a poder entre dous dos favoritos da categoría. E foi bo partido dos locais, que deron a cara en todo momento. Foi un encontro duro ante un rival moi forte, no que o mutuo respeto e o medo a perder propiciu que fose un encontro con moito medio campo e poucas ocasións. A máis clara chegou no primeiro tempo nos pés de Brais. Pero se ben os dianteiros non tiveron demasiadas ocasións, a defensa si que estivo perfecta.
Máis información
Novas relacionadas
- Preferente: Demostrando formar parte da crema da Preferente.
- Crónica da actuación dos pilotos da Costa no Ralli de Noia.
- Resultados da fin de semana no fútbol costeiro.
Entrevistas QPC Deportes
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido co meta do Cerceda Christopher Pallas
- Video entrevista de Ángel Garrido con Raúl Periscal.
- Video entrevista de Ángel Garrido co xuvenil cormelán Darío Márquez.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Luigi na Costa entrevista ao Xefe de Deportes de QPC, Oscar Santos.
Artigos relacionados
- Artigo de Pablo Mouro: Escordadura de nocello.
- Crónica de Guillermo Parga da Liga da Costa: Liga escocesa?.
- Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Máis novas
- Nace un novo equipo na Picota.
- Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido.
- A bitácora da semana (CXXI): Cousas de Manolín.
- Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).