mércores. 30.04.2025
El tiempo

Preferente: Demostrando formar parte da crema da Preferente

Preferente: Demostrando formar parte da crema da Preferente

Chegaba o Dorneda, 4º da táboa, ao Municipal de Vimianzo, e o Soneira demostrou que está a altura dos mellores. Os de Manolito xa superan os 50 puntos, e o obxectivo está en entrar entre os 7-8 primeiros. Agora, ademais xa están prepando a Copa.

Soneira - Dorneda (2-1)

  • Soneira: Fran, Darío (Vecino, min.65), Ferreiro, Javi, Pablo, Santi, Víctor García, Míchel, Vía Rápida (Roberto, min.75), Vituco (Iago, min.80), Kike (Mario, min.60).
  • Goles: 1-0, min.1: Vía Rápida; 2-0, min.60: Vía Rápida; 2-1, min.70.
  • Expulsión: Víctor García (min.69).

Partido controlado polo Soneira cun Vía Rápida excelente, que marcou dous tantos que demostraban a superioridade local. Pero a expulsión de Víctor García e e o gol do Dorneda un minuto despois deixou un final de encontro moi apretado.

E o conxunto vimianés ten novedades de cara á Copa. Dúas fichaxes camariñás. Roberto Iglesias foi o que debutou onte co Soneira, ex- do Laracha. A outra fichaxe que aínda non debutou é Jorge Vigo, irmán de Pablo, estaba no Bergantiños.

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios