Xoves. 10.10.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Ao borde do abismo

1ª Autonómica: Ao borde do abismo
Malpica-Lamela-Foto-Wash-Calvo

Como está a cousa para os equipos costeiros na 1ª. Mentres o Malpica segue ao seu ritno completando unha espectacular campaña, os Ponteceso, Camariñas e Fisterra seguen empeñados en sufrir. Foi o Ponteceso o único que sumou a vitoria e sae un pouco, quedando con 37 puntos, 4 puntos sobre o descenso a falta de 6 por xogar.

Un descenso que marca agora o Fisterra, pois ten 33 puntos coma o Flavia pero o golaverahe individual en contra. Un Fisterra que colleitaba unha dura derrota na cancha do descendido pechacancelas. Unha derrota desas nas que a cabeza xoga unha mala pasada, que compromete seriamente a permanencia. Mentres o Camariñas non podía facer nada contra o líder, que ademais vencía e celebraba o ascenso á Preferente.

Así, quedan dúas semanas de infarto para os nosos 3 equipos, cos ollos postos no Laro e no Flavia, que están con 32 e 33 puntos e son os únicos equipos que poden facer que non descendan ningún dos nosos. O Fisterra recibe a un Villestro sen nada en xogo e visita na última xornada ao Malpica. O Camariñas ten unha finalísima a semana que vén, ante o Laro e na última recibe ao Arzúa. Mentres o Ponteceso recibe ao Noia para a semana e a súa final, e a dos veciños, será en Padrón ante o Flavia na última xornada.

Estes, aínda, non teñen tempo de pensar na Copa, que xa saben ten cita este mércores.

Cacheiras - Fisterra (2-0)

  • FISTERRA: Joselu, Piti, Robertín (Dani, min.65), Sergio Manín, Manuel Cartamil, Santi (Mario, min.75), Guardiola (Mané, min.50), Roco, Cote (Hidalgo, min.50), Aitor, Hugo.
  • Goles: 1-0, min.20; 2-0, min.95.

Derrota dura do Fisterra ante un pechacancelas xa descendido. Un Fisterra que tiña unha ocasión para escaparse lixeiramente e queda metidísimo no pozo. Os de Juan Jesús sufriron do seu mal endémico, a cabeza, e cando marchan da guarida de Ara Solis, do cariño e alento da súa afección, o equipo sofre moito mentalmente.

E así aconteceu en Cacheiras. Saíu ben o cadro fisterrán, cuns primeiros 15 minutos nos que mesmo Aitor mandaba un balón ao pao e o seu rexeite o fallaba Guardiola, e Hugo marraba un man a man. Eran bos minutos de control verde, pero de repente, un tiro dende case que o medio campo entrou por toda a escuadra e quedou o cadro fisterrán con cara de tonto. E moralmente non está forte o equipo e custou levantarse.

Na segunda, foi un partido malo, pero o perigo o levaban os visitantes. Mané lanzou ao pao na mellor ocasión para os costeiros, pero o gol do empate non chegaría apesar do asedio. E así, xa co tempo cumplido e o Fisterra volcado, unha contra puxo o 2-0 no marcador.

Estudiantil - Camariñas (4-1)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Nico, Sergio, Rodri, Caamaño, Paco, Ousman (José Luís, min.60), Moriño, Alex, Juan oBello.
  • Goles: 1-0, min.20; 2-0, min.35; 3-0, min.60; 4-0, min.75; 4-1, min.80: Alex de penalti.

Pouco que facer o Camariñas na cancha do intratable lider que quixo festexar co seu público o ascenso á Preferente. O Camariñas, que chegaba con 12 xogadores tralas tarxetas case que provocadas a semana pasada, non aguantou o vendabal apenas nos primeiros 20 minutos. Ata Ousman tivo unha ocasión para adiantarse, pero o Estudiantil aproveitouse dun penalti algo rigoroso e un gol en propia para encarrilar o partido e a celebración.

Os camariñáns pediron un penalti con 2-0 pero só pitou co 4-0 xa no marcador, para que Alex puxera o gol da honra.

Para a semana, gran final co Laro.

Arzúa - Ponteceso (0-1)

  • PONTECESO: Norberto, Rubén, Dani Pallas, Javi Peón, Rubén, Jorge, Recarey, Mendieta, Bolón (Puente, min.65), Bieito, Toniño, Canai (Brais, min.50).
  • Gol: 0-1, min.70: Toniño.
  • Lesión: Canai.

Bo partido do Ponteceso acabando moi forte e acadando unha vitoria crucial que o deixa con 4 puntos sobre o descenso. Os de Nacho deron o do de peito, e iso que o recibimento, tras unhas declaracións desta semana do míster pontecesán non foi do máis hospitalario.

O cadro costeiro fixo unha boa primeira, pero moito mellor a segunda, cunha importante superioridade fisica que lle permitiu manterse sen demasiado perigo. Apenas na primeira os locais tiveron dous man a man na primeira que salvou Norberto, pero tamén tiveron ocasións para adiantarse Toniño, Puente e Bolón, que sacou o porteiro cos pés.

Na segunda metade, co vento en contra, melloraron os pontecesáns, con moita tensión polo resultado, pero sen agobios. Marcou Toniño e o reloxo non corría mentres todos desexaban que o colexiado pitase o final.

Malpica - Lamela (4-0)

SCD Malpica -Foto- Luis E Porto
  • MALPICA: Suso, Víctor (Manuel Casal, min.46), Marcos Amado, Iago (David Castro, min.46), Marco (Juanjo Rabuñal, min.46), Mario Casal, Alemán, Cheo (Tato, min.72), David Blanco, Fernando Varela, Martín Uruguaio.
  • Goles: 1-0, min.35: Mario Casal de penalti; 2-0, min.43: David Castro de penalti; 3-0, min.70: Cheo a centro de David Blanco; 4-0, min.88: Rubén.
  • Lesións: Marco, Iago e Víctor Novo con problemas musculares.

Chegaba só con 13 efectivos o Lamela a pesar de non estar safo de todo, e prantou cara durante a primeira metade a todo un Malpica. Pero dous penaltis antes do descanso decantaron o choque e indignaron aos visitantes. Na segunda, co marcador a favor, o Malpica dominou con máis solvencia, mesmo combinando, cun Fernando Varela moi acertado, un debutante Manuel Casal moi activo pola banda, e un David Blanco tan rápido e habilidoso coma sempre.

Penaltis-de-Mario-Casal-e-David-Blanco-Foto-Wash-Calvo

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios