Sábado. 04.12.2021
El tiempo

1ª Autonómica: Nova xornada de derrotas

1ª Autonómica: Nova xornada de derrotas

Nova mala xornada esta a número 24, para os equipos da Costa da Morte na 1ª Autonómica. O Cee segue afundíndose e malia nonf acer un mal partido en Noia, volve de baleiro e o barco da salvación segue escapando.

Pola súa banda, o Ponteceso, cun barco xa a flote, prantou cara a todo un líder, e iso que chegaba a Sada con baixas. Pero a nota máis negativa foron as expulsións que deixarán aos de Marco en cadro para a vindeira xornada.

Asemblea de clubes

A Xunta Directiva da Asociación Deportiva e Cultural de Clubs de fútbol Federados da Costa da Morte, acordou convocar a Asemblea Xeral Ordinaria para o vindeiro martes día 28 de febreiro de 2012, en primeira convocatoria ás 20:30 horas e en segunda ás 21:00 horas, non Auditorio do Pavillón de Baio.

Ponteceso - Sada (0-2)

  • PONTECESO: Norberto, Rubén Varela, Fabián, Dani Pallas, Ramón, Carlos Mato, Tucho, Bolón, Álex (Adrián Porteiro, min.63), Zalo (Salva, min.85) e Toniño.
  • Goles: 0-1, min.80; 0-2, min.90.
  • Expulsións: os pontecesáns Rubén Varela (min.81), Salva (min.86) e Carlos Mato (min.90).

Non pagou as baixas como temía o Ponteceso fronte a un líder, o Sporting, que sufriu e moito para levarse os tres puntos do campo de O Pinguel. Os locais foronse moi enfadados coa labor e a actitude arbitral, xa que acabaron con oito futbolistas nun encontro no que non houbo demasiado xogo duro.

Non foi un choque especialmente bonito, nin tampouco houbo demasiadas oportunidades de perigo nas áreas. Puido cambiar o rumbo da cita no minuto 78, si Cololo aproveitara un penalti, pero de novo o seu lanzamento foise fóra. É a segunda semana consecutiva que o do Castrillón marra desde os once metros. Chollas, nun rexeite, e Cololo, resarcíndose do seu fallo anterior, pecharon o duelo a favor do Sada.

Noia - Cee (2-0)

  • CEE: Parroto, Nico, Jorge, Julio, Piquero, Fermin, Poky (Aitor, min.60), Isma, Victor (Uri, min.70), Diego Cespón (Taski, min.55), Fer.
  • Goles: 1-0, min.20; 2-0, min.75.
  • Expulsión: Piquero por doble cartón no ecuador da segunda metade.

Mal partido dos dous equipos o visto en Noia no que tras unha boa primeira metade os ceenses deixaron marchar os puntos nun frouxo segundo tempo. I é que os de Llanero comezaron ben, tocando e creando perigo. Víctor, Fer e Isma tiveron tres ocasións clarisimas para adiantarse, pero no canto de tirar perdíanse en pases excesivos. Pero foron os locais os que se adiantarían nunha xogada embarullada, cunha saída de Parroto que non chega ao balón e tras un rebotes Nico está a piques de sacar na liña de gol o tanto local. Se ben fallou no gol, Parroto tamén salvou 3 mans a mans na primeira metade. Antes do descanso Fer caía dentro da área cando encaraba o porteiro pero o colexiado non sinalaba nada ante as protestas dos de Cee.

Así marchaban os ceenses cun inxusto 1-0 aos vestiarios. Na segunda saíu ben tamén o cadro costeiro, pero a expulsión de Piquero matounos. O Noia retomou o dominio do balon pero sen crear perigo. O segundo deles sería aos 15 minutos da 2ª e tamén despois dunha desafortunada xogada.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

comentarios