1ª Autonómica: O Cee salva a xornada
Malos resultados para 3 dos 4 equipos da COsta na 1ª Autonómica. Pero, así e todo, tanbto Xallas como Dumbría mateñen intactas as súas esperanzas. De feito, o Dumbría, malia levar só 6 do últimos 15 puntos, mantense a 4 puntos do ascenso. O Xallas está a 2 logo de que o Unión lle cortase o sábado unha moi boa racha.
É o Cee o que segue a demostrar que vai en serio, e logo do tropezo da semana pasada, volveu á senda do triunfo ante un correoso Estudiantil.
Pola súa banda, o Zas, en plena "marexada de fondo", non lles puido facer un favor aos de arriba sacando algo positivo de Rutis, e deixando ao Olímpico na 2ª posición, a 1 punto dos de Pato.
Estudiantil - Cee (1-2)
- Cee: Mingos, Rubén Fiuza, Dani Freire, Jacobo, Rafa, Fermín (Javi Rañal, min.78), Sergio (Chapu, min.77), Carlos Leis (Luilli, mim.60), Fernando, Angeliño, Tasky.
- Goles: 1-0, min.30: Pablo; 1-1, min.55: Fernandito; 1-2, min.82: Luilli.
Gran remontada que demostra o poderío do equipo de Pato. Púñanse as cousas costa arriba cando Pablo adiantaba aos estradenses á media hora. Pero non reaccionou o equipo ceense ata a segunda metade. Fernandito tirou do carro, e conseguiu o empate tras 10 minutos da segunda. Non recuaron os visitantes e foron pola vitoria ata que a falta de 8 minutos Luille deu a volta ao partido mantendo o liderato para o equipo de Pato.
Xallas - Unión (0-1)
- Xallas: Cheli, Ismael (Adrián Prol, min.75), Iván Forján, Pika, Álvaro, Ricardo (Roberto, min.65), Rubén, Brais, Ventura (Leo, min.77), Toni e Adrián Beiroa.
- Gol: 0-1, min.31:
Foi un partido soso o que serviu para cortar unha gran xeira de resultados do equipo de Iván Cancela. Máis oficio o que presentou o Unión en Fontenal na tarde do sábado, para levar o partido sen demasiado esforzo. Prantexaron os visitantes o partido con veteranía e souberon administrar o regalo que lles ofreceu a defensa xalleira a media hora en forma de gol.
Tiveron os locais ata 4 boas ocasións nos pés d Brais e Ricardo, xa cando o míster colocou 3 defensas, cando apretaron enormemente o encontro, pero tamén case reciben o segundo á contra.
Dumbría - Eume (0-3)
- Dumbría: Juan Purrúa, Tantán, Pablo Serrano (Ismael, min.70), Chula, Pablo Conde, Aarón, Schuster, Iago, Eloy (Alberto, min.55), Adrián Mackaay, Brais (Marco Docabo, min.60).
- Goles: 0-1, min.43; 0-2, min.60; 0-3, min.70: de córner directo.
Novo partido para olvidar dos de Canosa, que malia e todo, seguen ben pretiño do ascenso. Foron mellores os ferroláns, e aproveitaron de marabillas os balóns parados, nos que a defensa local botou de menos ao capitán Suso. Tan só cómpre destacar dúas boas ocasións de Adrián Mackaay de cabeza, e un remate de Chula, pero non entraron e os locais sufriron unha dura derrota.
Olímpico - Zas (3-1)
- Zas: Luis de la Peña, Adrián, Mancebo, Dani, Luis, Peque, Churi, Kevin, Jorge, Tívoli.
- Goles: 1-0; 2-0; 2-1, min.35: Peque nunha galopada; 3-1, min.50.
Mal partido do Zas en Vilaboa, que se presentou con 10 xogadores e o porteiro de xuvenís na dianteira. E o potente Olímpico non cedeu. Os costeiros pechan así un ciclo, pois Claudio Casal deixa o equipo. Cae tamén algún dos xogadores emblemáticos do clube, e parece que Rubio tamén deixa o plantel.
Dende a vindeira semana, collerá o equipo Alvite, que xa estivo no equipo con Felipe Solís, de axudante. Ao seu carón estará Severino, adestrador de xuvenís, que coñece ben a situación da casa zaense.
Con todo, só nos queda animar ao equipo costeiro para que remate o ano coa maior dignidade posible, en sabendo que agora os xuvenís teñen a posibilidade de formarse nunha categoría coo a 1ª.
Máis información
Novas relacionadas
- Resultados da fin de semana de fútbol costeiro.
- Chegou o parte de sancións.
- A crónica da 3ª de Alberto Pose: Unhas conclusións sobre o 2010 na 3ª da Costa.
- A crónica da Liga da Costa de Manuel Varela: Por Nadal, datos e turrón.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora o Unión CLub Cee.
- Fotos do Cee-Estudiantil do Unión CLub Cee.