Martes. 08.10.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Fisterra suma a costa do Ponteceso

1ª Autonómica: O Fisterra suma a costa do Ponteceso
Partido de 7 puntos (3 que gañan, 3 que non gaña o contrario e 1 do golaverage) o que vencía o Fisterra no Pinguel, ante un Ponteceso moi, pero que moi tocado. Os de Nacho non puideron repoñerse ao gol temprandeiro dos de Juan Jesús, e quedan agora en postos de descenso, con 23 puntos, mentres os fisterráns escapan con 28 e ademais quedan co golaverage. Con 24, e tamén en serios apuros, está un Camariñas en proceso de mellora con Berto no banco. O cadro voltaba cun empate da Pobra que ben puido ser unha vitoria, pero un punto que sabe ben. Mentres, noutra liga, o Malpica remontaba e traía de volta un punto que o mantén no segundo grupo, empatado co Arzúa na 4ª praza.

Ponteceso - Fisterra (0-1)

  • PONTECESO: Norberto, Rubén (Urbieta, min.75), Jorge (Alberto, min.65), Dani Pallas, Javi Peón, Mendieta, Recarey, Canai (Bieito, min.55), Toniño, Josito (Iago, min.70) e Martín Puente.
  • FISTERRA: Joselu, Robertín, Sergio (Marco Docabo, min.65), Roco, Rubio, Bebeto, Santi, Guardiola, Insua, Hugo e Naranjo.
  • Gol: 0-1, min.25: Santi.
  • Expulsión: o local Toniño contra o final por protestar.
Partido vital este no Pinguel, moi igualado, moi tenso, no que o Fisterra marcou nun rexeite e o Ponteceso non foi capaz de facerlle dano. O Fisterra soubo aproveitar o gol inicial e a partir de aí meteuse ben atrás, defendendo moi ben e moi forte, e apenas permitiu unha chegada ao cadro pontecesán. De feito, o Ponteceso só puido marcar nunha ocasión, e foi un posible penalti a falta de 10 minutos que o colexiado non sinalou. Moi tocado deixa esta derrota ao Ponteceso, que leva unha soa vitoria nos seus últimos encontros.

Camariñas - Lamela (2-2)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Sergio (Javi, min.60), Rodri, Caamaño, Manuel, Santi, De la Sierra, Brais, Brais Mouzo, Martín e Álex.
  • Goles: 0-1, min.5: Iago; 1-1, min.15; 2-1, min.35; 2-2, min.65: Álex.
Bo partido do Camariñas de Berto na casa que ben puido a segunda victoria de Berto no banco. Pero o novo adestrador non coñece a derrota, e onte o equipo tampouco a mereceu. Comezou mandando e Iago adiantou aos locais. Pero reaccionaron os visitantes que deron a volta ao marcador antes do descanso. Tocou poñer o mono de traballo, e o equipo respondeu. Alex empataba e xa cando o partido esmorecía, Brais, tras dar dous pases de gol, tivo nas súas botas a vitoria pero marrou ante o meta rival.

Puebla - Malpica (2-2)

Puebla-Malpica-Foto- Wash Calvo
  • MALPICA: Víctor Martínez, Adrián, Martín Uruguaio, David Castro, Juanjo Rabuñal, Andrés (Ismael, min.64), Neucha, Cheo (David Blanco, min.60), Charro, Alemán (Rancaño, min.54) e Fernando Varela.
  • Goles: 1-0, min.15; 2-0, min.50; 2-1, min.65: Neucha de cabeza a centro de M. Uruguaio; 2-2, min.85: Neucha de penalti sobre Fernando Varela.
Partido foi de dominio alterno pero con gran efectividade para o equipo local, xa que marcou nas dúas primeiras aproximacións serias que fixo a portería do Malpica, onte defendida por Victor Martínez. Co 2-0 aos 5 da segunda metade, o equipo de David Baña espertou e a maior profundidade de banquillo permitiu, ao entrar no campo Rancaño, Ismael e David Blanco, puidesen achegarse con máis perigro á portería do Puebla. Así nunha internada do xuvenil Martin Uruguaio, Neucha recurtaba de cabeza e cando só quedaban 5 para o final o propio Neucha marcaba dende onde nunca falla, dende os 11 metros. Tivo aí o Malpica o partido nas súas mans e de ter algo de sorte cara gol podría ter traído de volta os 3 puntos.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios