Mércores. 09.10.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Todos suman

1ª Autonómica: Todos suman
Segunda semana na que os 4 equipos costeiros suman algo positivo. I é que os empates dos 3 de abaixo son moi bos, tendo en conta que eran contra equipos da zona alta. O Fisterra deixaba un punto nun Ara Solis cargado de Entroido ante o potente Noia. O Camariñas voltaba de Riveira cun tesouro en forma de puntiño, mentres que o Ponteceso se metía por diante dúas veces ante o Bertamiráns B pero acababa sufrindo. Saen así dos 3 postos de descenso. A única vitoria chegaba para un Malpica que está soberbio, xa con 37 puntos, a só 7 da cabeza, tras sumar a sua 4ª vitoria consecutiva.

Fisterra - Noia (1-1)

Fisterra-Noia-Foto- Jorge Parri
  • FISTERRA: Joselu, Robertín, Sergio (Marco Docabo, min.65), Roco, Rubio, Bebeto, Santi, Guardiola (Eddy, min.80), Insua, Hugo e Naranjo.
  • Goles: 0-1, min.30; 1-1, min.68: Santi marca un golazo de volea dende fóra da área.
  • Expulsións: dous xogadores noieses, un na primeira e outro na segunda.
  • Lesión: Piti no quecemento.
Entroido-en-Ara-Solis-Foto-Fran-Insua Tarde vibrante en Arasolis, no que o terceiro clasificado non veu demostrar nada. O cadro local fixo un bo partido e sumou un punto que vale para seguir ascendendo. E iso que o partido comezaba con varias intervencións de Joselu estelares. Pouco a pouco o Fisterra foise desperezando e acabou dominando o xogo e tendo boas ocasións na primeira metade, na que mesmo pediu dous penaltis. No descanso as animadoras artista, Juan do Amaro, José da Anchoa, Cheroky e Manolo amenizaban aos siareiros i é que o entroido fisterrán é moito. Un simpático parón que envalentonou aos xogadores locais e Mané avisaba cedo e Santi facía o empate cun golazo soberano. Quedaba con 9 o Noia pero non era o Fisterra quen de romper a defensa así que o partido remataba en empate. Fisterra-NOia-Foto-Fran-Insua

Bertamiráns B - Ponteceso (2-2)

  • PONTECESO: Norberto, Rubén, Dani Pallas, Javi Peón, Mendieta, Tucho (Iago, min.70), Jorge, Canai (Recarey, min.60), Toniño, Josito (Bieito, min.60) e Martín Puente.
  • Goles: 0-1, min.13: Toniño de penalti; 1-1, min.30: en propia meta; 1-2, min.33: Martín Puente; 2-2, min.75: tras un córner.
Bo punto para un Ponteceso que se puxo por dúas veces por diante pero que acabouno pasándoo mal. Segue mellorando a imaxe o equipo de Nacho con respecto á primeira volta, que está mellor, pois xa é un cadro sólido e difícil de vencer. Toniño adiantaba pronto aos seus dende os 11 metros pero o Bertamiráns B empataría pronto cun gol en propia meta. Non pasaron 5 minutos para que Martín Puente puxera de novo por diante aos pontecesáns. E co 1-2 no marcador, xa no segundo tempo, Toniño puido sentenciar cando se prantaba só diante do porteiro, pero marrou e nun par de xogadas do final o Bertamiráns ben puido darlle a volta ao marcador.

Atl. Riveira - Camariñas (0-0)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Sergio (Manuel, min.80), Rodri, Caamaño, Brais Mouzo, Moriño, De la Sierra, Juan oBello, Brais Triñanes, Alex (Santi, min.20) e Martín (Carlos, min.85).
  • Lesións: Alex tras unha patada.
Gran empate do Camariñas no campo dun dos intocables da 1ª. Foi un partido sufrido, moi táctico, e xogado de poder a poder, no que os camariñáns tiraron de entrega para anular as armas do Riveira. Estivo moi ben o cadro de Berto, que mesmo puido volver cos 3 puntos se nos últimos intres Brais non marrara unha gran ocasión. Así e todo, Pombo tamén salvara o partido 3 minutos antes cunha gran intervención. O partido transcorreu co guión predeterminado. Dominando o cadro local, tocando moito, pero o Camariñas ben armado intentando saír ás contras. Os locais tiveron boas ocasións de córner pechados, de feito nun, tivo Pombo que salvar o gol olímpico. Polo Camariñas tivo Brais e Juan oBello só contra o porteiro. O propio oBello tivo unha boa na segunda metade, pero non acertou ca zurda. "Se seguen así, non creo que haxa problemas", asegura Berto, contento co despliegue do seu equipo.

Malpica - Flavia (4-0)

Tridente de ataque malpicán-Foto- Luis E Porto
  • MALPICA: Suso (Víctor Martínez, min.90), Martín Uruguaio, Marcos Amado (Charly, min.80), David Castro, Juanjo Rabuñal (Víctor, min.40), Alemán, Neucha (David Blanco, min.68), Cheo, Charro, Rancaño e Fernando Varela.
  • Goles: 1-0, min.20: Fernando Varela a centro de M. Uruguaio; 2-0, min.65: Fernando Varela a pase de Charro; 3-0, min.85: Alemán de cabeza a un córner de Cheo; 4-0, min.90: M. Uruguaio en prancha a un centro de Charro.
  • Lesión: Juanjo Rabuñal con molestias musculares.
Non foi tan sinxela a vitoria do Malpica como indica o marcador. O Flavia, a pesar de ser o pechacancelas, prantou cara en Pedra Queimada e obrigou aos malpicáns a xogar apurado cunha forte presión en todo o campo. Adiantou o debutante Fernando Varela aos locais pero o Flavia tivo contra as cordas ao Malpica durante o resto da primeira metade. Tardou en sentenciar o Malpica cando, pasada a hora de xogo, unha internada de Charro acabana co segundo do debutante. Suso anulou a reacción visitante parando un inexistente penalti e nos últimos minutos os locais redondearon a goleada. Malpica-Flavia-Foto-Wash-Calvo

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios