Xoves. 19.09.2024
El tiempo

13 equipos competirán na 39ª edición da Liga de FS de Carballo

13 equipos competirán na 39ª edición da Liga de FS de Carballo
Supercopa da Liga de FS de Carballo 17-18

13 equipos da comarca de Bergantiños formarán este curso a 39ª edición da liga de Fútbol Sala de Carballo, organizada pola sección de fútbol sala da Agrupación Deportiva Carballo coa colaboración do Concello de Carballo. Unha liga que arrinca a súa 39ª edición o vindeiro xoves 19 de outubro coa celebración da supercopa Asesoría Cervantes.

Unha Supercopa que se disputará a partido único entre o campión da liga Regular Alonso Moda, o Bar Rosalía de Ponteceso, e o campión da Copa Hotel Restaurante Punta do Leste, Cervecería O Pazo de Pazos (Ponteceso).

13 equipos nas Liga Alonso Moda

Como novidades na competición, este ano a Liga Regular Alonso Moda disputarase a unha soa volta entre todos os equipos e recupérase o formato de Play Off cuxa clasificación na liga Regular Alonso Moda, determinará que equipos disputarán a liga Cervecería Pirámide - Pub Seven e a liga Concello de Carballo.

Así mesmo, a Copa Hotel Restaurante Punta do Leste recupera o seu antigo formato de KO directo. Ademais, a liga de Fútbol sala de Carballo, premiará aos xogadores de forma individual cos trofeos Zamora Deporte San Remo, Pichichi Javi Teijeiro Clínica de Fisioterapia e o trofeo Paco de Rega ao xogador máis valioso das ligas de Play Off. Para os equipos que xoguen limpo a liga de Fútbol sala de Carballo tamén lles premiará co trofeo Fair Play Clínica Dental JF Lorenzo.

Os equipos participantes serán os seguintes:

1. Habanos 79 2. Bar Rosalía 3. Cervecería Troula 4. Talleres Capelán 5. Cervecería Ou Pazo 6. Interfutsal Deportes San Remo 7. Pazo do Souto 8. Carnicería Eusebio 9. Tourline Express 10. Fariña Maquinaria Agrícola 11. Á Lea 12. Dolce&Café 13. Mesón do Polbo  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios