14 equipos de Veteranos confirman a súa integración nas competicións da Federación
Parece que a integración das ligas de Veteranos dentro do sistema federativo é un paso inevitable. Onte 20 equipos acodiron á reunión que convocaba a Real Federación Galega de Fútbol na sé de Baio, dos que 14 confirmaban a súa presencia na vindeira temporada as competicións federativas.
De feito, os Soneira, Leiloio, Fisterra, Dumbria, Dep. Carballo, Zas, Baio, Club do Mar, Sofan, Porteño, Corcoesto, Corme, Razo e Buño, xa pediron a ficha de inscrición. Outros como Malpica, Coristanco ou Nantón tamén estiveron na reunión pero queren esperar ás súas reunións coas directivas para tomar unha decisión.
A forma de competición decidirase noutra reunión que se realizará a final de mes, en función do número de equipos que finalmente se federen.
Reunión da Asociación
Pola súa banda, a actual organizadora das ligas, a Asociación de Clubs de Veteranos mantén a convocatoria para a reunión do vindeiro venres 20, na que entre outros asuntos tratarán a proposta federativa.
Ademais, segue pendente do Porteño por suposta aliñación indebida do Club do Mar.