Venres. 19.04.2024
El tiempo

1ª Galega: Moito empate e pouca vitoria

1ª Galega: Moito empate e pouca vitoria
Seguros Reale en Baio e Ponteceso, patrocina a 1ª Autonómica Seguros Reale en Baio, patrocina a 1ª Autonómica Non fomos quen os costeiros de obter victorias na segunda xornada de 1ª Autonómica. Os tres equipos que xogaron como locais so foron quen de empatar, e o Baio, único visitante, caeu en Padrón ante o Flavia. Todos os resultados en www.futboldacosta.com. FLAVIA 2 - C.D.BAIO 0 C.D.BAIO - Dani Varela, Pablo Novo (Moreno 61´), Norberto, Isaac, Yago Couto, Fachal, Martín (Adrián Lema 61´), Rubio, Brais Lado, Santi Díaz (Touriñán 67´) e Bieito. GOLES: 1-0 20´Triñanes   2-0 89´David Pérez O Baio acusou as baixas en Padrón As baixas de Javi Suárez e MC foron demasiado lastre para que o Baio sacara algo de Padrón. No 1º tempo os de Pedro Gómez tiveron o control do xogo. A pesar dunha clara ocasión de Adrián Nieto que tivo que desbaratar Dani Varela ó inicio, Brais Lado tomou o mando do ataque baiés e foi un pesadelo para a defensa do Flavia, pero nin el nin Santi Díaz estiveron atinados cara a gol. Así, o Flavia adiantouse a balón parado, nunha falta executada polo mago Padín que Triñanes rematou á rede. No 2º tempo o Baio baixou algo o ritmo e foi o Flavia o que dominou o encontro. O pao nunha ocasión, e Dani Varela detendo un penalti a Padín mantivo ó Baio no encontro, que nos últimos minutos se foi arriba á desesperada, provocando contras perigosas do Flavia, como a que se converteu no segundo tanto, nunha boa definición de David Pérez ante un vendido Dani Varela. S.D.FISTERRA 2 - SIGÜEIRO C.F. 2 S.D. FISTERRA - Paulo, Andres Vigo, Breixo (Fabián 78´), Piti, Dani, Roa, Isma Leis (Jesús 59´), Gabri (Noé 87´), Ezequiel, Tati, Pablo Lestón GOLES: 0-1 21´Alex Pri   1-1 42´Roa   2-1 51´Gabri   2-2 70´Pablo Mato A afección do Fisterra, como sempre a tope co seu equipo Igualada no Ara Solis entre o Fisterra e un dos candidatos ó título, o Sigüeiro. Os fisterráns foron quen de sobrepoñerse ó gol inicial de Alex Pri, remontar o encontro, pero non mantiveron a ventaxe e so levaron un punto. O Sigüeiro saiu disposto a resarcirse da derrota do pasado domingo e dominou o primeiro tempo. Juanito e Alex Pri crearon perigo polas bandas, e cobraron ventaxe no marcador. Pero nunha rápida contra antes do descanso Roa anotou un dos chamados goles psicolóxicos, a pouco do descanso. E a pouco de iniciarse a segunda parte un bo pase entre liñas permite a Gabriel anotar o segundo coa exploxión de xúbilo conseguinte no graderío. A igualdade e competitividade foi a tónica ata o remate do encontro, e o recén entrado no terreo de xogo Pablo Mato logrou a igualada. Ata o final ocasións repartidas, a mais clara do Sigüeiro cun tiro de Chema a porta valeira, ainda que o Fisterra tivo unha boa nun disparo lonxano que o meta visitante rexeitou con dificultades. Igualada xusta tras o visto no terreo de xogo. SONEIRA S.D. 1 - CORDEIRO C.F. 1 SONEIRA S.D. - Anxo, Rachón (Darío 76´), Jota, Aarón Fdez., Pichi, Alex Figueiras (Nazo 82´), Oscar, Sandelo, Alberto Vía, Bruno (Chema 82´) e Basti (Fran 80´). GOLES: 1-0 5´Bruno   1-1 89´Iago Arrancou moi ben o Soneira o encontro. Nunha boa internada por banda o debutante fisterrán Bruno rematou no segundo pao adiantando ós locais no marcador. O Cordeiro non se atopaba cómodo no Municipal, e Basti e Bruno tiveron outra boa ocasión pero non foron quen de definir. O ritmo de xogo baixou e o Cordeiro foise metendo no partido pouco a pouco. Ó Soneira parecía que lle bastaba a victoria mínima e pagou caro o conformismo no último minuto encaixando o gol da igualada á saida dun corner. Moito premio para un Cordeiro que poucos méritos fixo para levarse un punto de Vimianzo. S.D.SAN LORENZO 1 - S.D. PILOÑO 1 SAN LORENZO - Javi Souto, Luciano, Rubén (Kuki 88´), Adrián, Juanjo, Javi Puñal (David Lorenzo 67´), Mario (Anxo 65´), Pablo Díaz, Alex Taibo, Kevin (Iago Varela 80´) e Diego Varela. O San Lorenzo e o Piloño protagonizaron un igualado encontro GOLES: 0-1 8´Victor Vilariño   1-1 26´Diego Varela O mesmo Piloño que se atopou o Soneira foi o que veu a Verdillo a levarse un punto. Un equipo que busca o fútbol directo como única solución, aproveitando a veteranía e envergadura dos seus xogadores, e arriba conta con un matador, Victor Vilariño, que voltou a anotar ante un equipo costeiro. En fronte un San Lorenzo radicalmente oposto, que gusta do fútbol combinativo, e con moita xuventude nas súas filas: resaltar o dato de que o equipo de Oscar Suárez acabou con catro seniors de primeiro ano o campo, Luciano, Kuki, David Lorenzo e Iago Varela. O SAn Lorenzo competiu moi ben, demostrando que pouco a pouco lle vai collendo o gusto á categoría, e incluso cerca do remate do encontro tivo duas ocasións clamorosas nas botas de Diego Varela e David Lorenzo que de ser transformadas supondrían a primeira victoria nas Pedreiras.

Comentarios