1ª Autonómica: Que bonitos son os derbis costeiros
Auténtico Fútbol da Costa o que se vivíu no Carral este domingo co derbi entre Sofán e Corme. Un derbi que deixa ao Sofán aspirando a chegar á zona noble, pero que mete ao Corme en postos de descenso, acompañando a un Baio que non levanta cabeza. De feito, este luns deixa a dimisión de Óscar Suárez no banco baiés e a directiva xa traballa nun substituto.
Tampouco estiveron ben Malpica e Outes que se manteñen nunha zona intranquila.
Pola contra, o Soneira segue ao seu, facendo bo fútbol e vencendo a todo o que se mete por diante. Desta volta visitaba o Municipal o pechacancelas e o Soneira non tivo piedade.
Sofán- Corme (1-0)
11 do Sofán ante o Corme-Foto-SD- Sofán: Lerma, Sito, Iván Rey (Ceide, m.66), Rubén, Félix, Martín, Felipe, Franchu, Javi Doldán (Seo, m.83), Luís (Raúl, m.72) e Raúl Insua (Javi Souto, m.56).
- Corme: Suso, Eloy (Adolfo, .m70), Dani Cousillas, Toniño (Alejandro, m.21), Jesús (Manu, m.85), Sueiro, Brais, Lucas, Diego (Brais Torrado, m.59), Adrián Doldán e Juan Chans.
- Gol: 1-0, m.33: Javi Doldán remata de cabeza unha falta de Luís.
O derbi quedou no Carral
Fermoso derbi bergantiñán no Carral, cun ambientazo nas bancadas e dúas afeccións volcadas cos seus. Respondeu o fútbol ademais, cun choque cheo de alternativas, tensión e ocasións para os dous bandos.
Comezou a SD máis enchufada, bucansdo o balón e chegando á área de Suso, pero nin Franchu, nin Felipe nin Iván Rey nin Luís estiveron acertados. Pouco a pouco o Corme íase estirando e Juan Chans tamén avisaba. Chegou o gol local á media hora, noutra xogada a balón parado. Puido sentenciar aí o Sofán con varias chegadas aproveitando un baixón dos cormeláns pero Suso estivo moi fino.
Na segunda, saíu o Corme polo empate e encerrou á SD no seu campo. Xogou o Corme pero o cadro local estaba moi ben prantado e foi un remate de Jesús a ocasión máis clara para empatar pero o balón marchouse por pouco e o cadro local quedou cos puntos.
Cordeiro - Baio (4-0)
- Baio: Pablo, Ramón (Peke, m.40), Yago, Mario, Luis Alvite, Fachal (Fran, m.70), Norber, Moreno, Rubio, Luis, Christian.
- Goles: 1-0, m.7: en propia; 2-0, m.25: Juanito; 3-0, m.40: Juanito; 4-0, m.80: de penalti.
Sen meterse no partido
Foi superior o Cordeiro, o 3º clasificado, en todo momento a un Baio que regalou o primeiro tanto e despois non se conseguiu meter no partido.
A calidade dos locais acabou sentenciando o choque na primeira metade, e o equipo de Óscar Suarez, que chegaba con moitas baixas, non puido remontar.
Palmeira - Tordoia (3-2)
- Outes: Ángel, Borja, Dani, Pose, Maroñas, David (Vele), Jorge (Samu) e Martín (Chía).
- Goles: 1-0, m.28; 1-1, m.46: Yago; 2-1, m.52: 2-2, m.53: Mario; 3-2, m.68.
Doble remontada sen premio
Non tivo sorte o Outes ante o Palmeira onde conseguiu empatar ata en dúas ocasións pero acabou sen puntos. Custoulle adaptarse ao campo ao cadro de Manu Roque e os locais puideron adiantarse despois de ser superiores.
Pero saíu con todo na segunda o cadro da Serra, e Yago empataba nada máis sair dos vestiarios. Pero demostraron unha pegada tremenda e cada chegada era gol. Mario empataba o partido de novo, e aí o choque complicouse, con dous expulsados locais e mesmo un vaso de cristal que caeu ao campo. E noutra xogada illada, chegaba o terceiro.
Non mereceu a derrota o cadro costeiro pero se recibes 3 goles é difícil puntuar.
Soneira - Carcacia (3-0)
- Soneira: Anxo, Pichi, Maikel, Cristian Figueroa, Brais, De la Sierra, Mayor, Javi, Richi, Vía Rápida e Basti. Tamén: Bonabo, Alberto, Darío, Óscar e Sandelo.
- Goles: 1-0, m.12: Javi recolle o saque rápido dunha falta para batir ó porteiro no pico da área pequena; 2-0, m.56: De la Sierra a pase de Vía; 3-0, m.79: Vía Rápida define de vaselina un man a man.
Solvencia
Non para este Soneira que venceu na casa ao pechacancelas con solvencia. Dominou no primeiro tempo o cadro de Manolito pero sen un xogo fresco e sen grandes ocasións, pero xa na primeira Jafvi aproveitaba un saque de falta rápido para poñer o 1-0. O propio Javi cun tiro lonxano e Basti cun man a man que salvou o meta visitante tiveron as mellores ocasións dos locais, pero os visitantes tamén tiraron un tiro ás rentes do pau nunha sosa primeira metade.
Mellorou o Soneira na segunda, con máis intensidade e con mellor xogo. E apareceu a calidade de Vía para sentenciar. Primeiro cunha boa xogada individual e un pase atrás que deixaba só a De la Sierra para facer o segundo. Despoois cunha fermosa vaselina que repele o longueiro e para rematar co terceiro gol dos locais. Aínda tivo unha máis pero non entrou.
O Soneira non cede na Primeira-Foto-OscarFlavia - Malpica (3-0)
11 do Malpica en Padrón-Foto-Luis Porto- Malpica: Víctor; Juny, (Sergio, m.70), Casais, Óscar Moscoso; Martín Uru, Carlos Mallo, Rubén, Petís, M. Mara, Dímaga e Almeida, (Ángel, m.85).
- Goles: 1-0, m.53; 2-0, m.61; 3-0, m.67.
Demasiadas baixas
Con demasiadas baixas se presentaba en Padrón o cadro de Chema Rivadulla e malia que na primeira metade augantou, acabou sucumbindo ante un bo equipo local. Foi un partido sen apenas ocasións de gol. Na primeira non houbo ocasións, apena sun tiro de falta de óscar Moscoso e un posible penalti que pediu Almeida por un agarrón.
O Flavia estivo moi acertado na segunda despois de que Carlos Mallo tivese o gol para poñerse por diante nada máis voltar dos vestiarios tras un bo centro de Petís. Pero 3 chegadas e 3 goles dos locais para levar o partido.
Crónicas da 1ª Autonómica
- X.1: O Soneira colócase líder pero a Costa mereceu máis.
- X.2: Un Soneira imperial.
- X.3: Recital dos sonei-boys.
- X.4: Unha dupla que vale un liderato.
- X.5: 6 minutos de acerto.
- X.6: Así tamén vale.
- X.7: Sequía entre baños.
- X.8: /1a-autonomica-intratable-soneira-nunha-negra-xornada-costeira/>Intratable Soneira nunha negra xornada costeira.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- Sporting Zas: Crise dos 40? No, festa dos 40.
- /medio-seculo-de-futbol-soneiran-comprimidos-nunha-emotiva-gala/>Medio século de fútbol soneirán comprimidos nunha emotiva Gala.
- O Sofán arma unha cea solidaria polos refuxiados sirios.
- Baio e Carballo acollen os novos Cursos de Adestrador dos Niveis 1 e 2.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).