Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Baio e Fisterra miran para o Tordoia

1ª Galicia: Baio e Fisterra miran para o Tordoia
banner reale_300x250_agencia_baio Reale Seguros Baio patrocina a 1ª Autonómica C.D. BAIO 1 - CORDEIRO C.F. 0 BAIO: Dani Varela, Isaac, Adrián Lema (Ramón 88´), Yago, Pablo Novo, Norberto, Martín (Rubio 68´), Moreno (Josiño 89´), Peque, Santi Díaz (Iván Rojo 63´), MC GOL: 1-0 38´MO Baio parece que meteu a directa, e segue imparable. Un novo tanto de MC doulle tres importantes puntos que lle permiten subir un posto na clasificación. Dominou o Baio no primeiro tempo. Tivo Moreno unha boa ocasión ós 19´, pero non chegou a un bo centro de Santi Díaz. Un pase de Martín á Santi Díaz, con disparo deste que rexeita o porteiro, aproveitouno MC para anotar o único tanto do partido. O Cordeiro atacou máis no segundo tempo e o Baio lanzou perigosas contras. Santi Díaz tivo un man a man pero o gardameta sacoullo co pe. A balón parado trouxo perigo o Cordeiro, pero o Baio aguantou o marcador e levouse os puntos. TORDOIA C.F. 2 - S.D. FISTERRA 1 FISTERRA: Paulo, Piti, Dani, Ayose, Breixo, Jesús, Edu, Robertín (Fabián 6´), Roa, Pablo Lestón (Gabri 65´)(Ezequiel 83´), Isaac GOLES: 0-1 24´Roa   1-1 34´Denis   2-1 89´Denis Foron expulsados ambos técnicos, Barca no 35´e Noé no 40, así como Andrade 40´e Liñares 80´por parte do Tordoia. Vaia batalla sufriu o Fisterra en Tordoia. Un partido moi brusco que tivo un desenlace insospeitado. Adiantouse o Fisterra con tanto de Roa de penalti. Antes xa se retirara lesionado Robertín tras unha forte entrada, e antes do descanso os locais quedaron con 10 despois dunha agresión. Denis tiña empatado no 34 nun erro da defensa do Fisterra. Así se foi ó descanso. O segundo tempo foi controlado polos verdes, que viron como nunha internada de Jesús que é derribado cando encaraba portería o Tordoia queda con 9 xogadores. O Fisterra incriblemente non marcou nos últimos 10 minutos, nos que tivo ata 5 clarísimas ocasións que de milagro non entraron, incluso algunha na que os fisterráns estaban 3 xogadores contra o porteiro. E nun mal despexe no último minuto Denis anotou o gol da vitoria local ante o asombro dos de Noé, que non daban crédito. FLAVIA S.D. 2 - S.D SAN LORENZO 1 SAN LORENZO: Javi, Luciano, Juanjo (Joaquín 73´), Pablo Díaz, Alex Taibo, Parafita, Mario, Diego Varela (Jose 60´), Dani Cotelo (Anxo 49´), Dani Pena, Brais Cancela (Iván 65´) GOLES: 1-0 10´Adrián Camiño   2-0 33´Seijas   2-1 87´Parafita No campo do Souto un Flavia plagado de figuras foi moito rival para o San Lorenzo de Mallón, que acudía a Padrón con varias baixas importantes e ata tres xuvenís na convocatoria, e non foi quen de traer puntos para Verdillo. O primeiro tanto local chegou pronto dende as botas de Adrián Camiño, ex do Arosa e Céltiga que debutaba onte no Flavia. Á media hora o lateral Andrés Seijas facía o segundo. O San Lorenzo intentou irse arriba no segundo tempo cos cambios, pero só contra o final Parafita reduciu distancias, con moi pouco tempo para a remontada. BERTAMIRÁNS F.C. 2 - SONEIRA S.D. 3 SONEIRA: Josiño (Anxo 69´), Darío (Chinda 55´), Forján, Jota, Brais Mouzo, Sandelo, De la Sierra, Alex Figueiras, Chapela (Alex 88´), Pichi (Pablo 66´), Basti (Fran 73´) GOLES: 0-1 8´Basti   0-2 24´Chapela   0-3 44´Chapela de pti   1-3 76´Julio   2-3 89´Vidal Expulsado Emilio Carril no 6´por parte local Nova vitoria dun Soneira que neste treito de liga é un dos equipos máis en forma da categoría. Nun primeiro tempo de libro, e despois da temprana expulsión do mediocentro do Bertamiráns Emilio tras derribar a Basti cando estaba man a man co porteiro, o Soneira foise con 0-3 ó descanso no difícil campo de Bertamiráns. No segundo tempo, e cos cambios introducidos por Pedro, que levou a 3 xuvenís na convocatoria, o equipo relaxouse, aínda que Chapela tivo un par de claras ocasións. O Bertamiráns a base de xogo directo anotou dous tantos pero non tivo opcións de meter o medo ó Soneira no corpo.

Comentarios