Venres. 26.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Noé debuta cunha importante vitoria

1ª Galicia: Noé debuta cunha importante vitoria
Foi a nota destacada da xornada. A simbiose entre a afección fisterrá e o seu ídolo Noé dou como resultado unha importante vitoria. O Soneira tivo que traballar arreo pero tamén sumou tres puntos importantísimos ante un rival directo, o Bertamiráns. Meritorio empate do San Lorenzo ante o Flavia, e o Baio foi o único que non foi quen de apañar puntos, pois caeu derrotado en Cordeiro. SAN LORENZO 2 - FLAVIA 2 SAN LORENZO: Javi Souto, Luciano, Pablo Díaz, Adrián (Samu 85´), Baneira, Parafita, Mario (Yago Varela 82´), Dani Pena (Javi Puñal 88´), Aitor, Alex Taibo e Diego Varela GOLES: 1-0 46´Diego Varela 1-1 49´Esparís  1-2 72´Brais   2-2 79´Dani Pena O San Lorenzo celebrando un dos tantos de onte a Diego Perol Gran partido nas Pedreiras, onde se viu un equipo dos que van a estar arriba, o Flavia, con individualidades como Padín, Brais, David Pérez, Triñanes, e un SAn Lorenzo moi ben ordenado e respondón. O primeiro tempo foi de dominio visitante. Javi Souto tivo que facer un paradón a remate de Brais. Tivo Aitor unha boa opción antes do descanso nunha rápida contra. No segundo chegaron os goles. Adiantouse o San Lorenzo pero pronto igualou o Flavia á saída dun córner. Achuchou o equipo visitante, e logrou adiantarse no marcador. Pero nun novo córner Dani Pena aproveitou un balón solto para establecer a definitiva igualada. O peor para o SAn Lorenzo, a lesión de Mario. SONEIRA 4 - BERTAMIRÁNS 2 SONEIRA: Anxo, Pablo Mouzo (Chinda 62´), Nazo, Jota, Agra, De la Sierra (Bruno 61´) (Darío 89´), Alex Figueiras, Basti, Vía, Pichi e Sandelo (Mayor 78´) GOLES: 0-1 14´Cacho  1-1 18´Basti   1-2 19´Cacho   2-2 49´Basti   3-2 84´Bruno   4-2 89´Juan Castro en pp Partidazo en Vimianzo onde o Soneira tivo que loitar moito para levarse os putos ante un aguerrido Bertamiráns, onde sobresaíu a figura de Cacho, ex de Dumbría e Carnota, que anotou os dous tantos visitantes. O dianteiro do Bertamiráns viu como lle respostaba rápidamente ós seus tantos Basti por duas veces, nun duelo de goleadores apaixoante. Tivo Vía unha ocasión boa antes do descanso, pero houbo que esperar á reanudacíon para ver o tanto do empate. A saída de Bruno e Chinda ó campo foi clave, o Soneira encerrou o Bertamiráns no seu campo, e tivo que ser Bruno a pouco do final, despois de sair do banquillo o que anotara o terceiro do Soneira. O Bertamiráns inquedou nun lanzamento lonxano que dou no pao. Co tempo cumplido o Soneira anotou o tanto da sentencia. FISTERRA 3 - TORDOIA 0 FISTERRA: Paulo, Andrés Vigo, Fabián, Robertín, Dani, Ezequiel (Gabriel Vigo  85´), Roa, Piti, Isaac, Gabri e Víctor (Noé Blanco 74´) GOLES: 1-0 59´Víctor   2-0 65´Víctor   3-0 88´Roa Expulsado Dubra 77´ por parte do Tordoia. Apareceu o "efecto Noé" en Fisterra. A presencia do novo adestrador foi unha motivación forte para os rapaces fisterráns e foron quen de vencer ó colista Tordoia nun partido importantísimo para saír dos postos baixos. Tivo que ser no segundo tempo onde un inspirado Víctor Agulleiro anotase dous tantos, culminados co postreiro de Roa co tempo case finiquitado, cando xa o Tordoia xogaba con 10 homes. Moi boa nova para o Fisterra, que a pesar das baixas segue a ser un equipo moi competitivo cando os xogadores se poñen o mono de traballo, sobre todo no inexpugnable Ara Solis. CORDEIRO 2 - BAIO 0 BAIO: Dani Varela, Isaac, Adrián Lema (Iván Rojo 72´), Norberto, Mario, Yago Couto, Peke, Martín, Bieito, Moreno (Josiño 83´) e Santi Díaz GOLES: 1-0 71´Manu   2-0 87´Manu O Baio caeu en Valga no debut de Iván Rojo Frustrante derrota do Baio ante o Cordeiro. Tivo mellores ocasións pero pagou a falta de puntería nos minutos finais. No inicio do encontro tivo Santi Díaz unha clara ocasión nun remate de cabeza que detivo a duras penas o gardameta local. Á media hora respostou o Cordeiro nun remate de Isaac que se foi fora. No segundo tempo o Baio puido adiantarse en claras ocasións de Santi Díaz, a primeira nunha vaselina ante a saída do porteiro e a segunda nun man a man que o gardameta rexeitou cos pes. A saída ó campo do dianteiro Manu Bustelo sentenciou o partido: en dúas contras anotou os tantos da vitoria local  

Comentarios