1ª Galicia: o Baio toca o ceo, o Soneira o inferno
12:18 01/10/18
C.D. BAIO 2 - SIGÜEIRO C.F. 0
CD BAIO: Dani Varela, Isaac, Alex Varela, YAgo Couto, Damián, Norberto, MC, BIeito, Iván Rojo, Rubio e Peque. Tamén xogaron Moreno, SAnti Díaz, Sergio e Pablo
GOLES: 1-0 35´MC 2-0 89´MC
Foi expulsado o porteiro visitante Pablo no 87´.
Gran vitoria no Platas Reinoso dun Baio que foi quen de contrarrestar ó líder invicto esta tempada. O Sigüeiro tivo moita posesión pero as contras locais foron mortais de necesidade. Nunha delas adiantouse por medio de MC, tras xogada con Iván Rojo. O segundo tempo seguiu coa mesma tónica, facendo perigo os visitantes a balón parado. Houbo un posible penalti a MC, e no desconto o mesmo MC roubou un balón no centro do campo, plantouse diante do porteiro e meteu o segundo tanto.
C.F. DUMBRÍA 4 - BERTAMIRÁNS F.C 0
CF DUMBRÍA: Iván Baña, Canario, David Carreira, Matías, Iago, Marcos Mouro, Yuyo, Diego Cespón, Darío, Eloy e Xabi. Tamén xogaron David, Charly, Borja e Rivi.
GOLES: 1-0 2´Xabi 2-0 17´Marcos Mouro 3-0 49´Yuyo 4-0 90´Yuyo
Primeira vitoria dun gran Dumbría que por fin atopou porta, algo que lles faltaba, e puido facerse cos tres punto ante o Bertamiráns. O xoven equipo de Julián viuse favorecido polo tempraneiro gol de Xabi, que fixo que os rapaces xogasen máis tranquilos e puidesen mostrar todo o seu fútbol. Marcos Mouro anotou o segundo e Yuyo con dous goles marca da casa sentenciou un encontro que debe servir de lanzadeira para este novo proxecto dumbriés.
PRAÍÑA S.C. 1 - S.D. ESTEIRANA 0
SD ESTEIRANA: Alex, Codesido, Simón, Samu Pensado, Josiño Alves, Raúl, Maroñas, Alex Rama, Adrián, Pablo Rama e Elías. Tamén xogaron Iker, Xián, Manu Tobío e Brais.
GOL: 1-0 55´Alex López
Partido igualado en Praíña. A Esteirana dominou o primeiro tempo, fallando Alex a máis clara ocasión nun man a man con porteiro local. No segundo tempo un balón longo e posterior centro acaba co único gol do encontro. A Esteirana, que non se adaptou ben ó campo de herba natural, buscou o gol do empate e Elias tivo un par de boas opcións pero unha vez máis a falta de acerto cara a gol condena ós de Geno.
CORDEIRO C.F. 1 - S.D. FISTERRA 1
S.D. FISTERRA: Iván Bouzón, Julito, Andrés Vigo, Roco, Rubia, Roa, Aarón, Mackay, Pablo Lestón, Dani Martínez e Jesús. Tamén xogaron Breixo, David, Coté e Piti.
GOLES: 1-0 34´Manu 1-1 55´Mackay de penalti
Un gran Fisterra só sumou un punto en Cordeiro de maneira incrible. Numerosas ocasións no primeiro tempo nas botas de MAckay, Aarón, Pablo Lestón foron marradas, e o Cordeiro adiantouse cun gol de córner olímpico ante o que Iván Bouzón non puido facer nada. No segundo tempo un penalti a Pablo Lestón transformouno Mackay na igualada. O Fisterra viu a vitoria cerca, foise ó ataque, pero nunha contra sinalouse penalti a favor dos locais, que detivo Iván Bouzón en gran intervención. O final de todo aínda Aarón tivo a vitoria pero un defensa sacou cando o balón ía cara adentro.
S.D. PILOÑO 1 - SONEIRA S.D. 0
SONEIRA S.D.: Javi Souto, Darío, Sito, Alemán, Nazo, De la Sierra, Basti, Sandelo, Alex Taibo, Pichi e Jairo, Tamén xogaron Fran, Samu Vázquez, Sergio e Brais.
GOL: 1-0 49´Martín Taboada
Nova derrota dun Soneira que non está a ter sorte cara a gol. De inicio controlaron os de Pedro Gómez o encontro, tiveron unha boa ocasión de Basti que diante do porteiro non foi quen de marcar. A entrada de DAni Méndez no Piloño doulle mordente ó ataque local. Adiantouse o Piloño e despois buscou a contra ante un Soneira volcado que tivo a súa mellor ocasión nun remate de Alemán de cabeza que saíu fora incriblemente.