Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: o Fisterra xógase todo a dúas cartas

1ª Galicia: o Fisterra xógase todo a dúas cartas
C.D. LALÍN 3 - S.D. FISTERRA 2 FISTERRA: Paulo, Piti, Dani, Ayose, Breixo, Roco, Edu (Noé 80´), Jesús (Ezequiel 56´), Roa, Pablo Lestón (Mané 70´), Isaac GOLES: 0-1 48´Isaac   1-1 62´Diego   2-1 64´Rubén   2-2 75´Isaac   3-2 85´Dani en pp Fóiselle de maneira incrible o partido chave ó Fisterra, un encontro que tiña controlado, no que se puxo por diante pero ante un rival con apenas intensidade encaixou dous tantos en dous minutos e despois anotou un terceiro en propia porta que o pode condenar ó descenso. Despois dun primeiro tempo de control e sen apenas ocasións o Fisterra logrou o primeiro tanto nada máis saír dos vestiarios. Ahí parecía que a cousa se poñía de cara pero inexplicablemente os fisterráns deron un baixón e aproveitouno o Lalín, que nun rexeite dun córner e nunha boa xogada por banda fixo dous goles e púxose por diante. Aínda así o Fisterra refíxose, empatou o encontro, tivo dúas clarísimas ocasións nas botas de Mané e Breixo, pero a pouco do final outra boa xogada dos locais acabou con gol en propia porta. Agora toca remar en Ara Solis o domingo que ven. C.D. BAIO 2 - AT. RIVEIRA 1   BAIO: Dani Varela, Isaac, Adrián Lema, Yago, Pablo Novo, Norberto, MC, Martín (Peque 77´), Moreno (Ramón 89´), Rubio e Santi Díaz (Josiño 81´) GOLES: 1-0 17´MC   2-0 31´MC   2-1 75´Madiop Outra vez MC saíu ó rescate dun Baio que con esta vitoria prácticamente asegura a súa permanencia na 1ª Galicia para o ano que ven. O encontro foi tenso, ante un rival directo que coa derrota ten a salvación moi difícil. De inicio as ocasións foron locais. Yago rematou fora un córner. Ó cuarto de hora un clásico paso de Martín en profundidade serve para que MC anote o primeiro tanto tras regatear ó porteiro. Non se amilanou o Riveira, e Josema estrelou un balón no pao á media hora. Pero un gran disparo de MC converteuse no segundo gol da tarde. Un novo pase de Martín puido ser o terceiro pero MC disparou alto. No segundo tempo o Riveira atacou á desesperada pero o Baio controlou ben o partido. Josema fixo unha gran xogada individual, regateou a Dani Varela pero o seu disparo sacouno a defensa. No 75, o susto. Madiop recorta diferencias. E Dani Varela, unha vez máis no que vai de segunda volta, ten que salvar ó Baio cun paradón no 83´a remate a boca de xerro de Madiop. Co tempo cumplido o dianteiro Vicente tivo o empate pero mandouna fora. O Baio levouse a vitoria e case que a permanencia. PUEBLA C.F. 3 - SONEIRA S.D. 0 SONEIRA: Anxo (Josiño 46´), Darío (Alex 75´), Chinda, Jota, Aarón, De la Sierra (Sandelo 46´), Pichi, Sergio, Forján, Fran (Chapela 46´) e Brais Mouzo GOLES: 1-0 30´Pape   2-0 74´Pablo   3-0 84´Diego Un Soneira plagado de baixas e con moitos xuvenís na convocatoria caeu ante un aspirante ó título, o Puebla, que sen embargo tivo que esperar ós instantes finais de partido para levarse os puntos con claridade. O Soneira competiu dignamente, a pesar de vir de xogar un partido de copa da costa o día anterior, e ter a tempada en 1ª Galicia sen obxectivos. Os minutos de experiencia dos xogadores xuvenís foi o máis positivo do viaxe á Pobra do Caramiñal. S.D. AGOLADA 1 - S.D. SAN LORENZO 0 SAN LORENZO: Benjamín (Darío 46´), Juanjo, Samuel, Anxo, Baneira, Iván, Diego Varela, Alex Taibo, Jose, Yago Varela (Aarón 60) e Dani Cotelo (Joaquín 60´) GOL: 1-0 35´Canutas O San Lorenzo certificou o seu descenso á Liga da Costa coa derrota de onte na casa do líder por un tanto a cero. O equipo de Mallón foi con ata 7 xuvenís na convocatoria, dando oportunidades ó que ten que ser o futuro do club, esa boa xeración de rapaces que veñen de facer dúas boas tempadas na liga xuvenil. O Agolada, que posiblemente sexa o campion do grupo, non o tivo fácil ante un San Lorenzo que pagou a falta de pegada, e a veteranía dos locais fixo o resto, pois marcaron e souberon nadar e gardar a roupa.

Comentarios