Xoves. 28.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: o San Lorenzo complica a salvación do Baio

1ª Galicia: o San Lorenzo complica a salvación do Baio
S.D. SAN LORENZO 3 - C.D. BAIO 0 SAN LORENZO: Javi Souto, Luciano, Samuel, Anxo, Juanjo, Baneira, Dani Pena, Mario, Diego Varela, Pablo Garrido e Yago Varela. Tamén xogaron Pablo Díaz, Brais Rey, Brais Cancela e Cotelo. BAIO: Dani Varela, Isaac, Adrián Lema, Yago Couto, Pablo Novo, Fachal, MC, Martín, Iván Rojo, Moreno e Rubio. Tamén xogaron Santi Díaz, Josiño e Raúl. GOLES: 1-0 11´Yago Varela   2-0 15´Yago Varela   3-0 89´Dani Pena O San Lorenzo venceu ó Baio con xustiza, apura as súas opcións de salvación e complica ó Baio. O senior de primeiro ano Yago Varela anotou nas dúas primeiras accións nas que chegaron os locais, e a expulsión de Fachal ós 25´acabou de decantar o partido. O encontro rompeuse e o Baio non foi quen de acertar as súas ocasións. No segundo tempo arriscaron os de Diego Díaz, co San Lorenzo esperando as contras. Iván Rojo marrou un penalti que puido meter ó Baio no encontro. No último minuto Dani Pena puxo o terceiro tanto. Debutou nas filas locais outro xuvenil, Brais Rey, que tivo unha destacada actuación. SONEIRA S.D. 1 - S.D. AGOLADA 2 SONEIRA: Josiño, Darío, Jota, Brais Mouzo, Agra, Forján, Sergio, Chapela, Basti, Sandelo. Tamén xogaron Fran, Chinda e Brais. GOLES: 1-0 81´Chapela de pti   1-1 82´Yemba   1-2 90´Yemba Que partido se lle foi ó Soneira, que despois dun encontro moi competido ante o líder logrou adiantarse de penalti a falta de 10 minutos para o final, pero dous goles do xogador hondureño do Agolada Yemba decantou o encontro cara o lado dos de Lalín. Con este resultado o Soneira perde as opcións que lle quedaban para chegar ós postos de arriba, que de ter vencido serían todavía posibles. S.D. FISTERRA 2 - PUEBLA C.F. 2 FISTERRA: Paulo, Fabián, Ayose, Piti, Dani, Roco, Jesús, Edu, Ezequiel, Gabriel Pazos e Gabriel Vigo. Tamén xogaron Joselu, Noé, Mané, Javi e Dani Martínez. GOLES: 0-1 15´Changui   1-1 19´Gabriel Pazos   2-1 35´Jesús   2-2 54´Changui O impredecible Fisterra de Noé volveu a dar a cara boa cando máis o necesita o equipo, ante un rival de campaniñas como o Puebla de Changui, que deixou a súa pegada en Ara Solis con dous tantos que non lle valeron para levarse os puntos, pois os aguerridos fisterráns xogaron un bo partido e sacaron un valioso punto. Para colmo das baixas que xa tiñan lesionouse Paulo no segundo tempo, pero saíu Joselu e estivo moi seguro. Nun rexeite dunha falta Changui anotou o primeiro para os visitantes. Remontou o Fisterra antes do descanso en dúas faltas lonxanas por medio de Pazos e Jesús. Con vitoria fisterrá chegouse ó descanso. No segundo tempo o Puebla acosou a meta dos verdes, que se defenderon ben e tiveron unha  boa contra que non marcou de casualidade Gabriel Vigo. Changui anotou a igualada pero o Fisterra aguantou o resultado e obtén un gran punto.

Comentarios