Venres. 17.05.2024
El tiempo

1ª Galicia: os costeiros hacia arriba

1ª Galicia: os costeiros hacia arriba
Boa xornada para os nosos representantes de 1ª Galicia, con 4 vitorias e só un empate, o da Esteirana, inxusto aínda por enriba. O Baio segue na zona alta, á que aspira tamén un sólido Fisterra e o novo proxecto do Dumbría, que encadena tres vitorias seguidas. O Soneira respira cunha vitoria in-extremis en Cordeiro. C.D. BAIO 2 - BERTAMIRÁNS F.C. 1 CD BAIO: Julián, Alex Varela, Yago Couto, Norberto, Damián, Peque, Rubio, Moreno, Bieiro, MC e Santi Díaz. Tamén xogaron Sergio, Iván Rojo e Josiño. GOLES: 1-0 6´MC   1-1 41´Julio    2-1 60´MC Está o Baio imparable no Platas Reinoso e nun partido moi complicado foi quen de sacar os puntos merced a dous tantos do de sempre, MC. A pesar das importantes baixas, entre elas a do porteiro Dani Varela, o Baio fixo un encontro moi serio e superou a un Bertamiráns en problemas clasificatorios. O Baio non fixo o seu mellor encontro pero foi efectivo cara a meta rival. Un pase de Santi Díaz a MC serviu para que o dianteiro abrise o marcador moi pronto. O Bertamiráns botouse arriba e levou o perigo á meta de Julián, que tivo que facer un par de intervencións antes do gol de Julio nun gran disparo dende fora da area. No segundo tempo máis do mesmo, balón para o Bertamiráns ante un Baio algo espeso. Pero teñen pólvora os de Pablo Torreiro, e noutra xogada de SAnti Díaz mandoulle o balón a MC que anotou o segundo tanto. O Bertamiráns acusou o tanto e Santi Díaz puido sentenciar nun par de claras ocasións, e MC puido anotar o seu terceiro pero disparou fora. Importantes puntos para un Baio que ocupa postos de promoción. ESCLAVITUD S.D. 2 - S.D. ESTEIRANA 2 SD ESTEIRANA: Roberto, Codesido, Simón, Samu Pensado, Josiño Alves, Manu Tobío, Raúl, Elías, Pablo RAma, Adrián  e Alex Rama. Tamén xogaron Rober Pladur, Xián, Josiño Barreiro, Rafa e Pachi GOLES: 0-1 36´Elías   1-1 39´Jimmi   1-2 45´Raúl   2-2 49´Julio Foi expulsado Simón 77´, e Rober Pladur 90´ De novo se lle foron dous puntos á Esteirana, nun encontro marcado pola nefasta actuación arbitral, que se comeu varios penaltis na area local, e expulsou a dous xogadores esteiráns, nunha tarde para olvidar do colexiado. No meramente deportivo a Esteirana adiantouse dúas veces no marcador pero non foi quen de manter a vantaxe e acabou cedendo un inxusto empate. TIvo ocasións para anotar máis tantos o conxunto de Geno pero con 10 homes tivo que replegarse e xogar á contra nos últimos minutos. C.F. DUMBRÍA 2 - U.D. BASTAVALES 1 CF DUMBRÍA: Iván Baña, Canario, Pablo Paz, Matías, Eloy, Marcos Mouro, Rivi, Diego Cespón, Darío Capelo, Yuyo e Xabi. Tamén xogaron Marcote, David, Charly e David CArreira. GOLES: 0-1 63´Julián Nieto   1-1 73´Yuyo   2-1 81´Darío Capelo Gran vitoria do Dumbría, a terceira consecutiva, que vai poñer seguridade no traballo ben feito e no proxecto que se está a levar a cabo no Conco. E ten maior importancia porque ante un rival tamén necesitado, foron quen de remontar un tanto con pouco tempo por diante para facelo. O potente dianteiro visitante Julián Nieto adiantou ó Bastavales, un conxunto correoso e difícil de bater, pero pronto igualou Yuyo, en verdadeira vena goleadora. A pouco do final foi o de Santa Comba, Darío Capelo o que anotou o tanto que vale tres puntos importantísimos e que reafirman a boa dinámica dos de Julián. CHAIAN C.F. 0 - S.D. FISTERRA 3 SD FISTERRA: Iván Bouzón, Julito, Andrés Vigo, Roco, Dani, Breixo, Aarón, Mackay, Roa, Coté e Pablo Lestón. Tamén xogaron Dani Martínez, David, Piti, Fabián e Adrián Castro. GOLES: 0-1 44´Mackay   0-2 66´Aarón   0-3 67´Dani MArtínez Dominio total do Fisterra en Chaian, mostrando que os verdes van a máis e a pouco que os acompañe a sorte a bo seguro serán equipo da zona alta. Os locais só chegaron á meta de Iván Bouzón na primeira xogada de partido, nun córner que detivo o meta visitante. A partir de ahí choiva de ocasións fisterráns, de Mackay, Coté e Aarón. Antes do descanso centro de Dani e gol de Mackay para poñer xustiza. O gol de Aarón acabou por romper a resistencia visitante, que encaixaron un terceiro e o encontro foi morrendo ata o pitido final. CORDEIRO C.F. 0 - SONEIRA S.D. 1 SONEIRA SD: Javi Souto, Sito, Samu Vázquez, Alemán, Aarón, De la Sierra, Basti, SAndelo, Alex Taibo, Pichi e Nazo. Tamén xogaron Agra, Darío e Sergio GOL: 0-1 90´Sandelo Por fin tivo de cara o Soneira un encontro para levarse os puntos no difícil campo do Cordeiro. E foi gracias á calidade dos seus homes, Javi Souto detendo un penalti e Sandelo transformando unha falta directa co encontro case rematado. O encontro foi igualado, con poucas opcións de gol. Pichi foi o home máis incisivo dos visitantes, con dous bos disparos que non atoparon a portería local. A xogada clave chegou á media hora do segundo tempo, cando Javi Souto detén o penalti cometido por Alemán. Isto pareceu dar alas ó Soneira que nun arreón final conseguiu anotar o tanto da vitoria e levarse tres puntos que saben a gloria.  

Comentarios