1ª Galicia: sensacións contrapostas

10:14 10/09/18
C.D. BAIO 0 - C.F. DUMBRÍA 0
CD BAIO: Dani Varela, Isaac, Yago Couto, Norberto, Damián, Bieito, Moreno, Peque, Iván Rojo, MC e Javi Suárez. Tamén xogaron Rubio, Sergio e Josiño.
CF DUMBRÍA: Jorge, Canario, Pablo Paz, David Carreira, Matías, Iago, David, Xabi, Darío Capelo, Cespón e Yuyo. Tamén xogaron Charly, Eloy, Brandon e Borja.
Emotivo derbi pola homenaxe ó inicio do mesmo a Ramón, Mario e Martín, os tres espadas baieses que se retiraron esta tempada despois de incontables partidos defendendo as cores brancas e azuis.
Foi un clásico derbi cun primeiro tempo moi táctico sen apenas opcións de gol, excepto lanzamentos lonxanos e algún balón parado. No segundo tempo puido adiantarse Diego Cespón cun disparo cruzado. Dani Varela tivo que facer unha das súas paradas nun man a man con Xabi. O treito final foi para os locais, que encerraron ó Dumbría, e MC puido anotar o tanto da vitoria pero o balón botoulle demasiado alto. Xusta igualada nun encontro moi espeso por ambos conxuntos.
S.D. ESTEIRANA 2 - CORDEIRO C.F. 1
SD ESTEIRANA: Alex, Codesido, Simón, Josiño Alves, Maroñas, Alex Rama, Josiño Barreiro, Elías, Ramiro, Manu Tobío e Raúl. Tamén xogaron Pablo Rama, Roberto Pladur, Adrián e Samu Pensado.
GOLES:0-1 45´Rubén Bodaño 1-1 76´Pladur de penalti 2-1 90´Codesido
Expulsados Raúl 71´ por parte local e Antón 75´ por parte visitante.
A Esteirana tivo que remontar de maneira espectacular e nos últimos intres o gol inicial do Cordeiro, para levarse os puntos nun competido encontro no Xosé Luis Vara. De inicio foi superior a Esteirana de Geno, pero o último cuarto de hora do primeiro tempo o Cordeiro mostrouse como un bo equipo e logrou o tanto que o adiantou no marcador xusto antes do descanso. Pero no segundo tempo a Esteirana puxo máis fútbol e corazón e logrou darlle a volta ó marcador. Unhas mans do central foron sinaladas como penalti que transformou Pladur no tanto do empate, e a pouco do final unha internada de Codesido desatou o delirio no graderío, co gol dunha traballada e buscada vitoria.
C.D. LALIN 1 - SONEIRA S.D. 0
SONEIRA SD: Javi Souto, Darío, Samu Vázquez, Agra, Alemán, Alex Figueiras, Alex Taibo, De la Sierra, BAsti, Pichi e Nazo. Tamén xogaron Jairo, César, Sergio e Brais.
GOL 1-0 43´Rego
Veu de vacío o Soneira o sábado de Lalín, a pesar de facer unha gran primeira parte, con claras ocasións de Nazo, Basti, Pichi e un balón ó pao de Alex Figueiras. E cando xa se estaba a chegar ó descanso, regalo soneirán e 1-0 no marcador. No segundo tempo o Soneira tentouno ata a extenuación, con ocasións para Pichi, un man a man do debutante Jairo, pero non foron quen de marcar. O Lalín buscando a contra tivo varias ocasións pero o marcador non se moveu.
S.D. FISTERRA 1 - FLAVIA S.D. 2
SD FISTERRA: Iván Bouzón, Julio, Andrés, Roco, Aarón, Roa, Bruno, Pablo Lestón, Dani, Jesús e Mackay. Tamén xogaron Mané, Gabri, Piti e Dani Martínez
GOLES: 0-1 25´Padín 0-2 47´Jesús 1-2 65´ Mackay
Frustrante encontro no Ara Solis onde se impuxo o veterano equipo do Flavia, con Padín e Alex Pérez á fronte. Un forte inicio do Fisterra case supón o 1-0, con ocasións para Roco e Jesús, pero o Flavia empezou a combinar cun Alex Pérez espectacular e chegou o primeiro tanto anotado por Padín. Ata o descanso quedou o Flavia con 10 pola expulsión de Víctor Lorenzo e anulouse un gol a Aarón.
No segundo tempo xerro de auga fría co 0-2, de córner directo. O Fisterra volcouse, hai un claro penalti a Bruno non sinalado, Mackay acurtou distancias pero foi insuficiente.

