mércores. 04.12.2024
El tiempo

1ª Galicia: só o Baio nos dou vitoria que celebrar

1ª Galicia: só o Baio nos dou vitoria que celebrar
C.D. BAIO 2 - S.D. PILOÑO 1 O Baio dedicoulle a vitoria a Fachal CD BAIO - Dani Varela, Alex Varela, Isaac, Yago Couto, Damián, Peque, Rubio, Norberto, MC, Bieito e Iván Rojo. Tamén xogaron Santi Díaz, Moreno e Sergio GOLES: 1-0 29´Alex Varela   1-1 32´Martín   2-1 61´MC Gran vitoria dun Baio superior, sobre todo no primeiro tempo. As ocasións sucedéronse: MC botou fora un man a man, Rubio rematou e sacou un defensa, e Iván Rojo marrou outro man a man. Foi Alex Varela á saída dun córner o que adiantou ós locais, pero acto seguido noutro córner empatou o Piloño. No segundo tempo o Piloño quedouse con 10, e o Baio acosou ata que MC anotou o segundo tanto. O Piloño tentouno sobre todo a balón parado, pero a mellor ocasión foi para Santi Díaz, sacandoa o porteiro e no rexeite MC mandou o balón ó pao. Os puntos quedaron en Baio de maneira merecida. VAL DO ULLA U.D. 4 - C.F. DUMBRÍA 2 CF DUMBRÍA - Iván Baña, Canario, Matías, Iago, Xabi, David, Marcos Mouro, Yuyo, Cespón, Darío Capelo e Charly. Tamén xogaron Eloy, Brais e Diego. GOLES: 1-0 6´Cristian Ingelmo   1-1 27´Xabi   2-1 36´Gonzalo   2-2 57´Yuyo   3-2 58´Jacobo Porto   4-2 82´Jacobo Porto Estalle costando arrancar a este xoven Dumbría. Onte sufriu unha nova derrota en Ponte Ulla, a pesar de que por dúas veces se sobrepuxeron ós goles locais. Adiantouse o extremo Cristian Ingelmo ós 6´, pero Xabi igualou á media hora. Antes do descanso volviuse a adiantar o Val do Ulla. Na reanudación Yuyo logrou a igualada pero con tan mala sorte que na seguinte xogada o Val do Ulla anotou o terceiro. Foi demasiado para o Dumbría, que a pesar de buscar o empate aínda encaixou un cuarto tanto a pouco do final. S.D. ESTEIRANA 0 - CHAIAN C.F. 1 SD ESTEIRANA - Roberto, Simón, Codesido, Samu Pensado, Josiño Alves, Maroñas, Raúl, Alex Rama, Adrián, Pablo Rama e Elías. Tamén xogaron Rober Pladur, Ramiro Bao, Iker e Brais. GOL: 0-1 47´Jacobo Volveulle a pasar factura á Esteirana a falta de acerto de cara a gol, e caeu derrotada sorprendentemente no Xosé Luis Vara ante o Chaián. Os locais tiveron numerosas ocasións de gol, estrelaron dous balóns nos paos, pero unha indecisión do gardameta Roberto posibilitou que o Chaián se adiantase no marcador, e logo se defendese como gato panza arriba para levarse os puntos de maneira inmerecida. S.D. FISTERRA 2 - TORDOIA C.F. 2 SD FISTERRA - Iván, Julito, Andrés Vigo, Roco, Breixo, Aarón, Roa, Rubia, Bruno, Pablo Lestón e Mackay. TAmén xogaron David Marcote, Coté, Edu, Dani Martínez e Fabián. GOLES: 0-1 5´Rubén   0-2 11´Maki   1-2 16´Breixo   2-2 67´Mackay de penalti O Fisterra cedeu dous puntos no Ara Solis polos propios erros, sobre todo no inicio do encontro, onde pronto encaixaron dous tantos en accións se aparente perigo, o primeiro nun saque de banda e o segundo nun mal despexe. Acurtou pronto distancias Breixo, pero tiveron que esperar ó segundo tempo para que Mackay igualara de penalti, nunha acción na que o Tordoia se quedou con 10 homes. O acoso fisterrán foi constante, con ocasións moi claras. Julito enviou un balón ó longueiro, Bruno tivo unha ocasión clarísima e Pablo Lestón viu como o gardamenta visitante lle sacaba un bo remate. O acoso e derribo non foi suficiente e o Fisterra so sumou un punto. FLAVIA S.D. 3 - S.D. SONEIRA 0 SD SONEIRA - Javi Souto, Darío, Sito, Alemán, Agra, De la Sierra, Sandelo, Alex Figueiras, JAiro, Pichi e Basti. Tamén xogaron Alex Taibo, Sergio, Nazo e Brais. GOLES: 1-0 34´David Pérez   2-0 39´David Perez   3-0 57´Alex Pérez Dura derrota dun Soneira que iniciou moi ben o encontro, dispoñendo de 3 clarísimas ocasións: un balón ó pao de Agra, un disparo de Alex Figueiras que sacou Perol e un córner rematado por Alemán que sacou un defensa baixo paos. O Flavia repúxose e comenzou a crear perigo. Adiantáronse no marcador, e pouco despois chegou a xogada clave: penalti a favor do Soneira que falla Jairo, e na contra o Flavia fai o 2-0. Un mazazo para o Soneira. No segunda metade os soneiráns non foron os mesmos, encaixaron o terceiro tanto e baixaron os brazos ante tanto infortunio.    

Comentarios