Domingo. 13.10.2024
El tiempo

2ª Autonómica: A Esteirana non pode co Muros e Cee e Baio seguen sen freos

2ª Autonómica: A Esteirana non pode co Muros e Cee e Baio seguen sen freos
Muros-Esteirana-Foto- Jorge Parri ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com

Xornada importante esta a 21 na Liga da Costa. I é que a Esteirana sumaba a segunda derrota da tempada e tivo que ser nun ateigado Miraflores ante o eterno rival, o Muros. Quedan agora Cee e Baio, que seguen sen freos e superando tremendos obstáculos, a tan só 3 puntos, abríndose aí unha fenda de 11 puntos co Sofán e o resto de equipos da zona media, como Zas e Corme, que parecen desinflarse definitivamente.

E xornada importante tamén por abaixo. Clave a vitoria do Cabana na Serra ante un Outes que non estivo á altura da importancia do choque. O Mazaricos sacou a cabeza afundindo máis e máis ao Dumbría B, mentres que o Montelouro segue en perigo, pero iso si, tras dar unha moi boa imaxe ante o Baio.

Muros - Esteirana (2-1)

O Muros derrotou a Esteirana-Foto- Jorge Parri
  • MUROS: Fabio, Javi de Vístete, Paky, David, Mayuyo, Juanito Murciano, Lisardo (Pulpo, min.70), Gelo, Manu Dosil, Saúl (Jesús Cucharilla, min.57), Sexo.
  • ESTEIRANA: Beni, Maceiras (Roi, min.66), Simón, Dani Rama, Chispi, Pablo, Uru (Iago, min.83), Pepiño (Cajulo, min.77), Andel (Álex, min.40), Adelino, Kike.
  • Goles: 1-0, min.20: Sexo tras un balón ás costas; 1-1, min.55: Kike de tiro cruzado; 2-1, min.70: Jesús.
  • Expulsión: o esteirán Adelino (min.60) e os muradáns Javi de Vístete (min.60) e Juanito (min.90).
Adelino e Sexo-Foto-Jorge Parri

Tivo que ser en Miraflores, e ante máis de 600 afeccionados, onde chegase a segunda derrota do líder da Liga da Costa. A Esteirana, que levaba dende a xornada 5 sen perder, mordeu o po do campo do eterno rival. O Muros aínda non coñece a derrota nos debis muradáns desta campaña, deixando agora a parte alta moito máis aberta.

Como era de esperar non foi un choque moi vistoso. A tensión era palpable, ambos tiñan moitas gañas de gañar, e a emoción viviuse ata o último suspiro. Comezaba o cadro blaugrana poñendo perigo na metad e Fabio con varios tiros de Kike, pero este non tivo o seu día. A pesar de marcar o gol que significaba o empate, a madeira e Fabio ensombreceron unha gran actuación, pois mesmo chegou a pararlle un penalti.

O Muros non chegaba tanto, pero cando o facía, pegaba con forza. Sexo aproveitaba un balón ás costas da defensa de Mayuyo e puña por diante aos locais.

Comezaba a segunda metade con movemento. Kike empataba nunha xogada protestada polos locais, e unha tangana acababa con Adelino e Javi de Vístete nos vestiarios, nunha xogada na que o colexiado rectificaba polo camiño a decisión de pitar unha nova pena máxima.

E cos nervios caldeados polas dúas partes para co árbitro, aparecía a figura pouco mediática de Jesús, que aproveitaba un erro do meta Beni para marcar a porta baleira. Deixou tocado o gol ao líder, que non foi quen de repoñerse e apenas inquedou a porta de Fabio, quedando agora a só 3 puntos de Cee e Baio.

Sexo celebrando o gol da vitoria do Murosante a Esteirana-Foto- Jorge Parri

Corme - Cee (2-3)

  • CORME: Suso, Adolfo, Jesús, Pandi, Martín (Brais Torrado, min.80), Alejandro, Joshua, Adrián (Abel, min.46), Juan Chans, Brais, Manuel.
  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Piquero, Rafa, Carlos Leis, Diego Cespón, Penedo (Uri, min.87), Yayá (Fermín, min.72), Isma (Fiuza, min.46), Víctor.
  • Goles: 0-1, min.25: Penedo; 1-1, min.55: Brais de penalty; 1-2, min.67: Diego Cespón; 2-2. min.68: Pandi; 2-3, min.75: Penedo.
  • Expulsión: o cormelán Joshua e o ceense Jorgito no min.44 con vermella directa.

Partidazo o vivido en O Cairo entre dous grandes conxuntos. Un choque no que o Cee deu a cara e obrigou ao Corme a ir a remolque unha e outra vez.

O partido comezaba cun intercambio de golpes, pero Parroto sacou un cabezazo de Alejandro. Foi Penedo o que abriu o marcador tras unha apertura a banda de Carlos Leis. Tivo o empate o Corme na xogada seguinte e por partida triple pero nin Pandi, nin Brais nin Adolfo puideron con Parroto e a defensa. Víctor e Penedo avisaban antes do descanso nun primeiro tempo que remataba coa doble expulsión de Joshua e Jorgito que se enzarzaban e acababan expulsados.

Na segunda metade saíu a buscar o empate o córner e tívoo Juan Chans nas súas botas, man a man con Parroto desbarata cunha gran intervención. O Cee tivo a réplica cun saque de falta de Diego que se pasea polo área e Piquero no segundo pau envía por encima do larguero. O propio Piquero foi quen fixo o penalti que Brais transforma aos 10 minutos da reanudación. Un roubo de Leis acaba co balón nos pés de Víctor que manda o esférico rozando o pau. Seguiuno intentando o Unión con dous disparos de Diego desde a frontal que Suso despexa a córner. Nun deles chegou o segundo gol ceense, Diego saca en curto para Yayá que lle deixa o balón para que interne no área e coa axuda dun defensa supera a Suso. Non durou moito a alegría aos visitantes, na seguinte xogada e tamén a saque de esquina empataba Pandi cun bo remate de cabeza.

A punto estivo o Corme de darlle a volta ao marcador pero de novo Parroto salva unha man a man con Juan Chans. A quince minutos para o final chegou o definitivo gol que lle deu a vitoria aos de Floreal, Nico centra e Penedo adiantándose á defensa supera a Suso. Os últimos minutos foi un quero e non podo do Corme, que o intentou todo pero que se atopou unha e outra vez cun soberbio Parroto na meta visitante.

Mazaricos - Dumbría B (4-0)

Mazaricos-Dumbria B-Foto- Sara Ramos
  • MAZARICOS: Dani, Chico, Estéfano, Óscar, Matías, Ricardo (Molinos, min.61), Ramón (Marcos, min.46), Brais (Martín, min.70), Aldo, Cristian, José Ángel.
  • DUMBRÍA B: Fernando, Fresa, Dudo, Tati, Denis, Toja, Pereira, Isma Pedrosa, Josiño, Roi, Adrián Alcaina.
  • Goles: 1-0, min.35: José Ángel; 2-0, min.55: Aldo; 3-0, min.60: Aldo; 4-0, min.70: Ricardo.

Non pasou apuros o Mazaricos ante o pechacancelas e suma unha vitoria que o alonxa lixeiramente dos postos de perigo. Chegou o filial dumbriés cun 11 xusto e co lateral Fernando baixo paos.

Así e todo puido aguantar media hora do cadro de Ángel Canosa as embestidas do cadro amarelo, pero vo segundo gol á volta dos vestiarios o partido acabou.

Montelouro - Baio (1-2)

Montelouro- Baio-Foto- Edu Olveira
  • MONTELOURO: Isma, Álvaro, César, Pedro de García, Pablo (Raúl, min.75), Fernando, Chema, Edu (David, min.70), Isma de Cosme (Ancho, min.55), Pesco (Pepiño, min.80), Chumy.
  • BAIO: Anxo, Fachal (Pablo, min.92), Chema, Mario, Eloy (Freddie, min.70), Norberto, Martín (Ramón, min.88), Chucho, Rubio (Lucas, min.55), MC, Alberto.
  • Goles: 1-0, min.35: Ancho; 1-1, min.65: Chucho; 1-2, min.85: Martín.
O Montelouro celebra o tanto ante o Baio-Foto- Edu Olveira

Un gol preto do final do eterno Martín serviu para que o Baio siga sumando unha nova vitoria, e xa son 13 partidos sen perder. O cadro baiés tirou de oficio para darlle a volta a un partido que se lle puña de costas tras unha gran primeira metade dun Montelouro que parece renovado dende a vitoria da semana pasada ante o Volantes.

Os locais foron mellores na primeira metade e mereceron algo máis, pero a calidade dos baieses sentenciou o partido no segundo tempo, con sendos tiros dende fóra da área de Chucho e Martín, cando só faltaban 5 minutos para o final.

Martín celebra o gol da vitoria do Baio en Louro-Foto- Jorge Parri

Sofán - Corcubión (0-0)

  • SOFÁN: Dani, Lista, Gustavo, Juanjo (Cantudo, min.46), Diego, Iván Rey (Bugy, min.93), Eloy Boedo, Iván Rojo (Edu, min.61), Pikas, Eloy Cabeza (Abel, min.66), Santi (Suso Docampo, min.66).
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Miguel, Senra, Julito, Alán, Sebas, Pablito Lestón, Lema, Cristian, David Lourido (Mario, min.70), David de Muxía.
  • Expulsión: os locais Pikas (min.65), Diego (min.75) e Dani (min.93).

6º partido sen perder do cadro de Manolín que onte sacaba un bo empate no Carral. E iso que os locais quedaron con 8 homes sobre o campo. Foi un partido moi igualado, moi serio por ambas partes, algo aburrido tamén, cun cadro sofanista controlando máis o partido na primeira metade. E tivo varias a SD como un libre indirecto ou unha contra de Santi que non acertaron.

Pouco a pouco o Corcubión foise estirando. Lourido avisa á contra pero a SD tamén ten as súas por medio de Santi e Picas. Pablito tira unha falta que teñen que sacar entre Dani e o pao. Chegaban aí as expulsións de Pikas o e Diego no ecuador da segunda deixou ao Corcubión co mando co partido, ante unha SD tirando de garra. E puido levar o partido o Corcubión de non ser porque Dani evitaba un tanto á contra, cando, co tempo cumplido, a SD aínda tiña arrestos para atacar con todo.

Carnota - Buño (0-0)

  • CARNOTA: Luís de la Peña, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, David de Brea, Nakata (Iván Maceiras, min.70), Andrés Fandiño (Pumuky, min.65), Rodrigo (Martín Piñeiro, min.85), Boni, Pablo Beiro, Jacobo (Pablo de Pichín, min.70), Adrián dos Lombos (Bernardo, min.80).
  • BUÑO: Brais, Ángel, Secundino, Diego, Rubén (Eloy, min.66), Jorge Calvete, Emilio, Miguel Dourado (Juan, min.55), Elías, Dani Calvete, Víctor.

Partido de moito respecto que acabou cun xusto empate. E iso que ambos equipos tiveron boas ocasións para romper a igualada, e se Manolo Chouza mandou un dos seus típicos zambombazos ao longueiro, Víctor topou cunha defensa férrea que sacou varios balóns baixo paos.

Zas - San Lorenzo (1-2)

  • ZAS: Elías, Pereiro, Óliver, Víctor Vecino, Martín (Amado, min.84), Peque, Lagoa, Jaime, Rubio, Diego (Pablo, min.70), Pastor (Francés, min.60)
  • SAN LORENZO: Puyol, Quillo, Adrián (David, min.55), Dubra, Casillero, Cachizo, Peque (Adonis, min.76), Chucho (Anxo, min.62), Palermo (Bolón, min.85), Fuentefría (Robin, min.86), Carliños.
  • Goles: 0-1, min.35: Cachizo; 1-1, min.75: Rubio, de penalti; 1-2, min.90: Dubra de cabeza.
  • Expulsión: o visitante Adrián, xa no banco.

Partido polémico en San Andrés que rematou coa 4ª vitoria consecutiva do San Lorenzo. O cadro de Verdillo meteuse por diante cun tanto de Cachizo cando faltaban 10 minutos para o descanso. Reaccionou o Zas, que empataba por medio de Rubio dende os 11 metros.

Pero tras un final tremendamente intenso, Dubra asinaba de cabeza o tanto da vitoria visitante xa co tempo cumplido. Protestaron os locais a celebración do gol final, xa que varios xogadores do San Lorenzo goleaban o banco deixándoo así.

Asi quedou un dos Banco do Zas tralo paso do San Lorenzo-Foto-Paujalercha

Outes - Cabana (0-3)

  • OUTES: Gato, Damián (Martín Lago, min.60), Arturo, Borja (Martín Caamaño, min.70), Chúa, Saúl (Ángel, min.80), Poke (Mario, min.55), Deivi, Quin (Migui, min.66), Pesco, Elías.
  • CABANA: Añón, Ismael (David Sande, min.55), Marcos, Iván de Treos, Eloy (Adrián Rama, min.70), Fariña, Adao (José, min.75), Sandro, Rubén Rama, Manolo (Fernando, min.80), Berti.
  • Goles: 0-1, min.20: Rubén Rama; 0-2, min.50: Berti; 0-3, min.80: Sandro.

Sorprendeu o Cabana ao Outes nun choque directo entre dous equipos que loitan por evitar o descenso. O Cabana deixa o 2º postos de descenso ao cadro da Serra tras un choque no que os locais pecaron de inocentes. Non estiveron frescos os locais e o Cabana aproveitou moi ben as súas chegadas. Rubén Rama na primeira metade abría o marcador e clave foi o gol de Berti ao comezo da segunda metade. Saro finiquitou o encontro ante un Outes que o intentaba pero sen demasiada ge.

Castriz - Volantes (3-2)

Castriz-Volantes-Foto- Gonzalo Sestayo
  • CASTRIZ: Toño, David Pose, Álex, Prego, David Agra, Bruno, Javi, Rubén (Ancho, min.70), Luis, Sebas (Pepe, min.60) , Roberto.
  • VOLANTES: Iago, Santi, Maikel Perrito, Juan do Sivil, Fran do Español, Javi de Baño, Mingos, Adrián (Benja, min.70), Brais (Nacho, min.60), Chenel, Jaro (Bolero, min.50).
  • Goles: 0-1, min.20: Fran do Español; 1-1, min.50: Alejandro; 1-2, min.60: Chenel; 2-2, min.80: David Agra; 3-2, min.90: Bruno marcou o golazo da tarde.

Partidazo en San Pedro de Castriz con alternativas no marcador e no xogo. O Volantes púxose por dúas veces por diante no marcador e acabou sucumbindo. O Castriz anulou a renda por dúas veces e foi Bruno, co gol da tarde xa co tempo cumplido, o que deixou os 3 puntos na casa.

Castriz-Volantes-Foto- Gonzalo Sestayo

Máis información


Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios