Xoves. 10.10.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Montelouro quédase só no pozo

2ª Autonómica: O Montelouro quédase só no pozo
Cabana-Corme-Foto- Santi Diaz ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com Clave esta xornada para a zona baixa da Liga da Costa. O Montelouro colleitaba en Outes a súa 15ª derrota nos últimos 16 partidos, permitindo así que a salvación quede a 6 puntos. É agora o Mazaricos, o que queda con 24 puntos tras caer ante un practicamente safo Corcubión. O Cabana, que rompía o sábado unha boa racha ante o Corme, queda con 25 por 26 dos da Serra, completando o grupo de equipos afogados que acompañan ao afundido Dumbría B. Por arriba, a xornada deixa á Esteirana máis líder tras bater ao pechacancelas, e tralo traballado empate do Baio en Verdillo. O Cee non fallaba na casa ante o Muros e se mantén a 6 da cabeza, achegándose a só dos baieses.

Cabana - Corme (1-2)

Cabana-Corme
  • CABANA: Añón, Ismael, Eloy (Adrián, min.68), Marcos, Iván de Treos, Sandro (Edgar, min.77), Jose, Rubén Rama, Berti, David e Fernando (José Manuel, min.60).
  • CORME: Javi, Adolfo, Alejandro (Manu, min.75), Jesús, Pandi, Martinciño (Miguel Torrado, min.63), Joshua (Dani, min.57), Brais, Alejo (Chino, min.78), Juan Chans e Diego.
  • Goles: 1-0, min.30: Fernando; 1-1, min.44: Juan Chans; 1-2, min.70: Juan Chans a pase de Alejo.
Non conseguiu a súa carta vitoria consecutiva ante a visita do Corme, A pesar de que os nosos cabaneses pelexaron, e moito en todo momento, non poideron contra un Corme con moita rapidez e con moi boa defensa. E cun nome, Juan Chans, que volvíu ser clave asinando os dous goles dos seus, que disfrutaban ademais da volta de Miguel Torrado. Fernando adiantara aos locals pero ao fío do descanso Chans empataba facendo moito dano aos locais. Alejo, que voltaba tamén ao 11, comezaba a segunda metade amenzando e foi el o que daba o pase para que uan Chans certificase a vitoria azulona. Cabana-Corme-Foto- Santi Diaz

San Lorenzo - Baio (2-2)

  • SAN LORENZO: Abraham, David, Adrián, Cachizo, Dubra (Carteiro), Robin, Javi Pensado (Adonis, min.73), Chucho, Palermo (Eloy, min.65), Fuentefría e Carliños.
  • BAIO: Anxo, José Antonio, Pablo (Cristian, min.61), Freddie, Mario, Eloy, Norberto (Iago, min.12 (Fachal, min.82), Rubio (Alberto, min.61), Chucho, Martín e MC.
  • Goles: 0-1, min.3: Martín; 1-1, min.56: Chucho; 2-1, min.72: Robin; 2-2, min.74: MC.
Apareceu o pichichi MC, con quen falabamos esta pasada semana, para salvar un punto que se lle escapaba ao Baio en Verdillo. I é que os de Gueli, a pesar de chegaren moi tocados de efectivos, foron quen de darlle a volta ao gol inicial de Martín e tiveron contra as cordas aos de Felix. Foi ao comezo da segunda cando Chucho empataba e era Robin o que daba a volta ao marcador. Pero non pasaron 2 minutos e xa aparecía o MC máis oportuno para acadar o xusto empate final. Por certo, o colexiado, máis para ambos lados.

Cee - Muros (3-0)

  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Fiuza, Rafa, Carlos Leis (Fermín, min.83), Diego Cespón, Penedo, Isma (Sergiño, min.70), Yayá (Piquero, min.46) e Víctor (Llanero, min.87).
  • MUROS: Fabio, Mateo, Pedro, David, Mayuyo, Lisardo, Jesús, Dani Corniños, Manu Dosil (Javi de Vístete, min.88), Gelo (Pulpo min 68), e Saúl (Pedro, min.80).
  • Goles: 1-0, min.20: Víctor de penalti; 2-0, min.64: Víctor; 3-0, min.65: Isma.
Partido controlado polo Cee que foi superior a un Muros que o intentou pero que acabou sucumbindo no enorme San Paio de Refoxos. Penedo avisava a Fabio que salvou tamén un un para un a Diego Cespón. Nunha saída de balón ceense, Mayuyo corta e conduce o balón ata a frontal do área pero o seu tiro era rexeitado polo no pao. A resposta local non se fixo esperar, e tras un tiro de Diego Cespón despexado por Fabio, o rexeite aprovéitao Víctor que provoca un penalti que el mesmo convirte. Na reanudación e coa entrada de Piquero, o Cee apuntalou o medio campo. O propio Piquero ten unha clara ocasión, atópase un balón dentro do área pero o seu tiro sae rozando o pau. O Cee sentenciaba o encontro nun minuto, Isma deixa un balón a Víctor que dispara desde fóra do área e o seu tiro supera a Fabio. Un minuto despois era Isma a pase de Diego Cespón quen supera Fabio. Estes dous goles acabaron coas ilusións visitantes que nos primeiros minutos intentaban axexar sen acerto a portería ceense.

Corcubión - Mazaricos (1-0)

O Mazaricos mandoulle todo o ánimo ao lesionado Kevin-Foto- Sara Ramos
  • CORCUBIÓN: Abelleira, David de Muxía, Senra, Julito, Johny, Sebas, Lema, Pablo Lestón, David Lourido, Cristian e Javi (Edu, min.46).
  • MAZARICOS: Dani, Chico, Casáis, Rodri, Matías, Esteban, Brais, Marcos (Ramón, min.70), Ramón, José Ángel (Cristian, min.61) e Molinos (Aldo, min.61).
  • Gol: 1-0, min.85: Sebas.
  • Expulsión: o local Pablo Lestón (min.88).
Importante vitoria do Corcubión, que practicamente significa a permanencia, e dura derrota amarela que os deixa nunha incómoda posición, que pode sufrir os arrastres da 1ª. Un Mazaricos que iso, si, quixo enviarlle o seu alento a Kevin, compañeiro amarelo lesionado a pasada semana. Foi un partido moi disputado, de moita brega, moito xogo parado e poucas ocasións claras de gol. José Ángel tivo a mellor ocasión nunha contra mazaricá, pero foi Sebas, de bo cabezazo o que faltando 5 minutos rubricaba a vitoria para os de Manolín. Corcubion-Mazaricos-Foto- Sara Ramos

Buño - Zas (3-1)

  • BUÑO: Brais, Ángel, Diego, Secundino, Rubén (Casáis, min.20), Jorge Calvete, Emilio (Dourado, min.60), Mauri, Miguel Dourado (Juan, min.83), Elías e Víctor.
  • ZAS: Elías, Martín (Francés, min.67), Lagoa, Óliver (Amado, min.67), Pereiro, Pablo, Peke, Ismael, Rubio, Diego (Mario, min.56) e Jaime (Pastor, min.80)
  • Goles: 1-0, min.7: Oliver, en propia meta; 2-0, min.60: Diego de falta; 2-1, min.68: Pablo; 3-1, min.75: Elías.
5 partidos sen gañar levaba o Buño que sumaba de novo unha traballada vitoria ante un Zas, que protestou a actuación arbitral, sonbre todo no último treito de partido. O Buño adiantárase ao principio con gol en propia meta, e aumentara a renta aos 15 da segunda. Pero o Zas metíase no partido co gol de Pablo. Aí os locais protestaron pero chegaba o gol da sentenza por medio de Elías.

Volantes - Sofán (1-1)

Volantes-Sofan-Foto-Gonzalo Sestayo
  • VOLANTES: Rubén Santos, Juan do Sivil, Maikel Perrito, Josiño, Fran do Español, Brais (Mingos, min.64), Nimo, Adrián, Chenel, Seluco (Benja, min.80) e Ivi (Pardelo, min.70)
  • SOFÁN: Dani, Lista, Juanjo, Pensado, Marcos, Míchel, Eloy Boedo (Cantudo, min.66), Iván Rey, Iván Rojo (David Pensado, min.52), Jacobo (Abel, min.55) e Santi.
  • Goles: 1-0, min.30: Seluco; 1-1, min.95: Cantudo.
  • Expulsión: o local Juan do Sivil (min.90).
Partidazo en Miraflores entre dous entregados equipos, cun Sofán que vai loitar pola simbólica 4ª praza e un Volantes mellorado dende o cambio de míster. Toma e daca constante, con dous equipos moi fortes, pero que saben tocar. De feito víronse boas xogadas en Muros, como a que aproveitou Seluco para facer o 1-0 á media hora. Na segunda o Sofán goi máis incisivo, e conseguía empatar cun tiro lonxano de Cantudoxa co tempo cumplido e non sen antes ter marrado un penalti e ver como o colexiado expulsaba a Juan do Sivil. Volantes-Sofan-Foto- Gonzalo Sestayo

Castriz - Carnota (1-1)

  • CASTRIZ: Toño, David Pose, David Agra, Alejandro, Prego, Martín (Cilindro, min.60), Javito, Bruno, Rubén, Roberto e Sebas (Pepe, min.60)
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Andrés Fandiño, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Tono da Caixa, Rodrigo, David de Brea, Pumuky, Nakata e Jacobo (Buonanotte, min.83)
  • Goles: 0-1, min.60: Pablo Beiro; 1-1, min.95: Roberto.
Partido pouco vistoso en San Pedro que supón o segundo punto dos de Cambeiro en 7 partidos. Os locais non aproveitaron as súas ao principio e foi Pablo Beiro, o que adiantou a un carnotáns que ademais chegaba con moitas baixas. Roberto anulaba a renda e asinaba o empate final que deixa aos dous equipos en terra de ninguén, pero cun ollo posto na zona baixa.

Outes - Montelouro (3-0)

Outes-Montelouro-Foto- Edu Olveira
  • OUTES: Gato, Damián, Borja, Arturo, Chúa, Martín, Poque, Potro, Deivi, Quin e Elías. También jugaron Pesco, Saúl, Migui, Fabio e Ángel.
  • MONTELOURO: Isma, Pedro de García, Álvaro, Pablo, Geiko, Fernando, Denís (Chumy, min.30), Raúl (Dani, min.30), Pesco (Pepiño, min.60), Edu e David (Adrián, min.46)
  • Goles: 1-0, min.20: Potro; 2-0, min.70: Migui; 3-0, min.80: Deivi.
  • Expulsión: Potro, do Outes (min.30).
Dura derrota do Montelouro que queda xa a 6 puntos da salvación. Os loureáns non souberon aproveitar unha de hora de xogo cun home máis pero cando xa estaban por debaixo no marcador tralo gol do mesmo Potro, 10 minutos antes de deixar o campo. O Outes foi mellor e Migui e Deivis aproveitaban a debilidade visitante para sentenciar, que suma a 4ª vitoria en 4 partidos dos de Manu Roque. Outes-Montelouro-Foto- Edu Olveira

Dumbría B - Esteirana (0-5)

  • DUMBRÍA B: Chipeo, Jesús da Anchoa (Israel, min.50), Jose, Dudo, Fresa, Tati (Charly, min.60), Pereira, Rivas, Roi, Josiño e Álex Siaba (Lucho, min.66).
  • ESTEIRANA: Benito de Pura, José Varela, Pablo Serrano (Iago, min.51), Dani Rama, Suizo, Uru (Picholeiro, min.60), Pepiño (Adelino, min.51), Álex, Kike, Simón e Cajulo (Róber Pladur, min.60).
  • Goles: 0-1, min.8: Kike; 0-2, min.15: Kike; 0-3, min.38: Kike; 0-4, min.71: Róber Pladur; 0-5, min.87: Róber Pladur.

En 5 minutos Kike matou a un filial dumbriés que non consegue erguer cabeza. O extremo na primeira e Rober Pladur na segunda foron suficiente para que non houbese partido.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios