2ª Autonómica: O Ponteceso canta o alirón

Faltan 2 xornadas pero o Ponteceso xa é campión da Liga da Costa 2010/2011. Os de Berto certificaron a súa superioridade cunha vitoria en Pedra Queimada nun encontro atípico. Agora xa se poden centrar na Copa da Costa, na que terán un rival complicado.

Por detrás, encarnécese a loita pola 3ª co Muros e Sofán empatados, pero no que o Muros conta co golaverage indivual a favor.

Pero o verdadeiro interese se centra na zona baixa, onde o Carnota adiante ao Porteño. Deste xeito os de Gerpe ocupan praza de desceso directo e xa non dependen do ascenso do Camariñas. Agora serán os carnotáns os que soñen co ascenso camariñán. Iso sempre que o Baio consiga un puntiño que o alonxe do perigo, unha vez que se o Baio cae nos dous últimos partidos e o Carnota suma os 6 puntos, sería o Baio o que dependería dos de Manolín.

Ademais, tamén se disputou o Lira-Pereiriña, aprazado na derraidera xornada da 3ª da Costa por incomparecencia do colexiado. E houbo susto...

Malpica - Ponteceso (0-1)

  • Malpica: Suso; Charly, (Gonzalo, min.46), Marcos Amado, Iago, Marco, Eloy, Neucha, Cheo, (Casais. min.46), David Blanco, (Manu Pardo, min.61), Andrés, Nando, (Eme, min.46).
  • Ponteceso: Norberto; (Illote, min.83), Pablo Vázquez, (Pitu, min.56), David, Carlos Mato, Dani Pallas, Bolón, Toniño, (Miguel Torrado, min.65), Nando, Charro, (David Velo, min.70), Alfredo, (Tucho, min.63), Luisete.
  • Gol: 0-1, min.6: Bolón.
  • Expulsións: nos primeiros 15 minutos xa foron expulsados os locais Agilda, o adestrador, Andrés e o capitán Marco.

Solventouse o encontro en 15 minutos, xa que Bolón puña por diante aos de Berto, e o colexiado fixo o resto. 3 expulsións en 15 minutos son case todo unha marca. E todas demasiado exquisitas.

Pouco que contar do resto do partido, cun Ponteceso contemporizando e un Malpica, con 9, esforánzose ao máximo.

O Pindo - Carnota (1-2)

  • O Pindo: Garrido, Mateo (Pulpo, min.70), Jose, César, Juan de Dios, Diego (Edu, min.60), Piquero, Borja (Ángel, min.60), Víctor, Rafa e Aitor.
  • Carnota: Peipo, Nico Capi, David Brea (Manolo Chousa, min.60), Pedro, Tono da Caixa, Adrián, David Castreje (Gabri, min.80), Nico da Praia, Miguel Beiro, Manuel Luís (Deme, min.65), Pumuki (Oliver, min.85).
  • Goles: 0-1, min.40: Miguel Beiro; 0-2, min.70: Miguel Beiro, de penalti; 1-2, min.80: Aitor.

Derbi no que o Carnota entrou a por todo xa que se xogaba moito e O Pindo amosouse un pouco máis relaxado. Deixábanse ir os de Sil xa que, a pesar de que o Carnota tiña o balón, non creaba demasiado perigo. Ata que nun córner marcaba de cabeza no min.40 Miguel Beiro adiantando aos de Nito.

Na segunda parte máis do mesmo. O Carnota con presas e correndo para aumentar o marcador ata que O Pindo cometeu un penalti que o propio Beiro transformou.

Xusto na xogada de saque de centro o colexiado anuloulle un gol ao Pindo, por presunta falta ao porteiro. Daba mostra da reacción do Pindo que continuou buscando recurtar. Foi Aitor quen atopou porta faltando 10 minutos, insuficientes para roubarlle 2 puntos ao Carnota.

O Carnota queda terceiro pola cola esperando as dúas últimas xornadas e dependendo sempre desa praza do Camariñas. O Pindo ca derrota de onte do Porteño, está matemáticamente salvado polo que o obxectivo esta cumplido sen sufrir nos ultimos partidos.

Porteño - Club do Mar (0-1)

  • Porteño: Asiel, Óscar, Manu, Pejo, Brais, Piti, Iván, Quilmes, Tajes, Cousillas, Iago. Tamén xogaron: Santi, Martín, Currás, Iago e Sestayo.
  • Club do Mar: Iván, Chori, Chechu, Alberto, Isaac (Chan, min.80), Repi, Corral, Fran, Juan Lareo, Piñeiro (Diego, min.55), Tonecho.
  • Gol: 0-1, min.75: Tonecho.

Impotente o Porteño con máis gañas que xogo. Saíron os da Ponte conscentes de que o Carnota podería adiantalos, pero o Club do Mar, malia chegar mermado, foi moi forte. Ao comezo da segunda os de Gerpe o intentaron pero o balón non quixo entrar. Foi Tonecho quen adiantou aos visitantes faltando 15 minutos, e ao final, máis por empurre que por xogo, os locais volcáronse sobre a meta de Iván sen fortuna. Así, o Porteño xa non depende do Camariñas para salvar a categoría.

Sofán - Dumbría B (4-1)

  • Sofán: Miniño, Pensado, Juanjo, Gende (Mario, min.46), Alemán, Diego, Adrián (Rober, min.65), Luis, Suso, Bertín, David Pensado.
  • Dumbría B: Anxo, Sergio Cives, Tantán, David Carreira, Andi (Ramiro, min.60), Ivanete, Pablo Lestón (Carlos, min.60), Jose Manuel, Fernando, Josiño (Samuel, min.75), Rodrigo (José Carreira, min.46).
  • Goles: 1-0, min.5: David Pensado; 1-1, min.25: Pensado en propia; 2-1, min.55: Suso; 3-1, min.65: Bertín, 4-1, min.75: Luís.

Xogábase o encontro no Carral xa que na primeira volta alternaran a orde polo mal estado do terreo de xogo no duro inverno bergantiñán. E foi un partido de trámite, sobre todo nas filas do filial dumbriés, que pensa na Copa e na loita dos maiores polo ascenso. Miniño tivo que porse na meta local e volveu cumplir con creces. De feito, foron os locaos os que marcaron os 5 tantos do encontro...

Vimianzo - Corme (1-3)

  • VImianzo: Sergio, Amarelle, Suso, Jose, Maikol, Iván de Baiñas (David Pose, min.56), Iván de Treos, Lagoa, Dieguiño, Arán e Sergio Vilaseco (Ezequiel, min.53).
  • Corme: Javi (Suso, min.46), Adolfo, Joshua (Abel, min.46), Pandi, Lelo, Lente, Martinciño (Pipo, min.46), Diego (Felipe, min.73), Martín (Dani, min.67), Alejandro e Yago.
  • Goles: 0-1, min.33: Martín; 1-1, min.77: Iván de Treos; 1-2, min.80: Iago; 1-3, min.90: Alejandro.

Partido sen moita historia o xogado na tarde soleada do domingo. Vimianzo e Corme disputaron un choque sen moita entrega no que os locais acabaron sumando os tres puntos pola súa mellor condición física e tamén pola maior dinamita en punta de ataque.

Ata a media hora de encontro non se viron ocasións de perigo en ámbalas dúas áreas e a primeira foi un lanzamento ao pau de Adolfo para o Corme. Pouco despois chegou o primeiro gol, un balón en longo, indecisión entre Sergio e Suso e o balón acaba batendo en Martín para adiantar aos cormeláns. Antes do descanso Yago mandou outro balón ao pau.

Tralo descanso Martín puido poñer o segundo no marcador para os de Ponteceso, pero o seu primeiro disparo foise ao pau, o rexeite foille de novo aos seu pés e lanzou a rentes do pau. O Corme levaba o peso do partido e chagaba con máis claridade a porta contraria, pero os locais non deron o partido por perdido e unha boa internada por banda esquerda de Lagoa acabou cun centro que Iván de Treos materializaba de cabeza no segundo pau. Semellaba que podía sacar algo positivo o Vimianzo antes de rematar a tempada, pero non puido ser, tres minutos despois Iago recibía un balón entre liñas e marcaba cun fermosa vaselina ante a saída de Sergio. Xa en tempo de desconto o veterano Alejandro pechaba o marcador tras recibir un centro por banda dereita, regatear ao seu par e mar cun tiro axustado ao pau.

Buño - Muros (2-2)

  • Buño: Brais, Daviciño, Ángel, Pancho, Oscar, Dourado (Fernando, min.15), David, Emilio, Juan (Jorge, min.46), Rubén (Víctor, min.75), Berti.
  • Muros: Rubén (Santi, min.80), Gabi, Iván Cerilla, Mayuyo, (Javi (Varito, min-70), Gabo, Dani, Toni (Berni, min.75); David (Gael, min.60), Gelo, Sexo (Teo, min.75)
  • Goles: 1-0, min.60: Fernado; 2-0, min.70: Rubén; 2-1, min.85: Varito; 2-2, min.88: Teo.

Partido de 0-0, moi aburrido, con pouco en xogo e con moita calor.. Pero se puxo con 2-0 o equipo local en 10 minutos da segunda metade de desconcerto muradán. Pero os de Felipe buscaron o empate e o conseguiron nos últimos por medio de Varito e Teo.

Fisterra - Camariñas (1-2)

  • Fisterra: Joselu, Piti, Gonzalo, Senra, Tati, Roco, Rodri (Bruno), Martín, Cristian Hidaglo (Guardiola), Dudo, Manoliño (Roa, min.46).
  • Camariñas: Pombo (Pablo, min.46), Pesqui, Ogando (Antelo, min.46), Maikel, Josiño, Breo, Javi, Moriño, Nico (Gabri, min.65), Juan oBello, Mané (adrián, min.46)
  • Goles: 1-0, min.25: Martín de cabeza a centro de Dudo; 1-1, min.35: Juan oBello; 1-2, min.55: Javi de vaselina.

Pachanga estival a que vivíu Ara Solis, i é que con este sol era complicado aplicarse. Pouca tensión por ambos bandos e o importante é que ninguén se lastimou. O Fisterra, aínda sen cambios no banco, amosaba un 11 moi novo, e foi Martín o que adiantou aos locais. Pero deu a volta o equipo de Manolín, con Juan oBello e Javi, cunha fermosa vaselina na segunda metade.

Esteirana - Castriz (1-2)

  • Esteirana: Berni, Simón, Varela (Fran, min.70), Dani, Suizo, Alex (Godo, min.55), Simón (Abel, min.46), Uru, Adri, Pichu, Iago (Adelino, min.70), Roberto Pladur.
  • Castriz: Diego, Alex (Rubén, min.60), Dani, Martín, Toniño, Alberto (Sergio Pose, min.30), Gil, Suso, Mauri, Sebas, Ovidio.
  • Goles: 1-0, min.10: Alex en propia meta; 1-1, min.40: Sebas de penalti; 1-2, min.45: Ovidio.

5 minutos de desconcerto local e atino visitante deron a volta a un marcador que dominaba o conxunto local. Foi un partido tranquilo, sen nada en xogo, e malia que a Esteirana intentou remontar na segunda metade, non puideron remontar.

San Lorenzo - Baio (1-0)

  • San Lorenzo: Sergio, Casillero, Canteiro (Jorge PIchel, min.50), Dubra, Adrián, Alez, Cachizo, Carliños, Iván Rey, Eloy, Anxo (Omar, min.70).
  • Baio: Manuel, Fachal, Mario, Manuel, Fermín, Martín, Alberto, Rubio, MC (Martín, min.60), Canai, Jorge (Matías, min.75).
  • Gol: 1-0, min.75: Omar.

Non mereceu o Baio perder malia contar con 6 xuvenís, que xogaron 3 partidos na fin de semana. Os baieses marraron tres mans a mans de Alberto e Martín a "bocajarro", e o San Lorenzo, algo máis relaxado, aproveitou a ocasións de Omar con axuda do meta baiés. Omar celebrou así a súa volta aos terreos de xogo.

O Baio queda en perigo, e ten que facer un punto para evitar a 3ª praza de descenso.

3ª Autonómica

Lira - At. Pereiriña (3-2)

  • Lira: Miguel Anxo, Pelexo (Iago, min.65), Chindo, Toni, Pedro; Suso Patachín, Dani (Marco Antonio, min.45), Víctor (Hermi, min.45), Javi; Rico e Ancho.
  • Goles: 1-0, min.10: Chindo á saída dun córner; 1-1, min.20: ; 1-2, min.25: Chindo en propia meta; 2-2,m in.40: enpropia meta; 3-2, min.90: Ancho.

Auténtica pachanga de verán, como non podía ser doutro xeito, entre dous equipos que non se xogaban absolutamente nada nunha tarde que era totalmente de praia no campo de Lombáns. De feito todo comezou con susto, chegando tarde o árbitro, e parecía que a Federación estaba de cachondeo, xa que o partido aprazouse na derradeira xornada por incomparecencia do colexiado.

Con todo isto o Lira comezou deixando a Rico só e que despois de regatear o porteiro visitante, fixose un lío e non materializou o máis fácil. Pero na acción seguinte marcaba Chindo o 1-0 de cabeza a saida dun corner. Con isto o Lira pensou xa máis noutras cousas e o Pereiriña comezou a espabilarse e a dominar o mediocampo, aínda que cos dous equipos cometendo máis imprecisións que boas accións.

Deste seito empataría o Pereiriña no min 20 froito dun mal despexe do porteiro local, e 5 min máis tarde un centro lateral marcouno Chindo na sua propia porta. Ao final da primeira parte os locais espertaron un pouquiño e nun pelotazo de Pelexo en longo cara Ancho foron a polo balón o porteiro visitante, o seu central e Ancho, sendo o máis listo de todos apartouse, deixando chocar os outros dous e introducíndose o balón en propia porta, para por o 2-2 co que se chegaría o descanso.

No segundo tempo sinxelamente se veu a dous equipos con máis ganas de acabar o partido que de xogar, cabendo destacar 2 paos un por cada bando, sendo o de Suso Patachín no saque dunha falta lateral, e o visitante nunha contra que case sorprende a zaga local. Ao final, xa no 90, unha falta lateral local que remata cunha deixada atrás de cabeza de Rico que introduce o Ancho para por o 3-2 final co que remata a tempada de 3ª Rexional na Costa.

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte