2ª Autonómica: Porteño e Carnota senténcianse

Claréxanse ás cousas na Liga da Costa. Por arriba Ponteceso e Camariñas, un sufrindo máis que o outro, continúan ao seu. E por abaixo, o Carnota e o Porteño, co seu empate, manteñen as súas posicións e mentres por Carnota xa pensan na Copa, na nova directiva e no ano que vén en 3ª, pola Ponte preparan as trompetas para ir animar ao Camariñas na Fase de Ascenso.

Xa poden ollar as crónicas da Previa da Copa en www.copadacosta.com.

Ponteceso - Esteirana (3-2)

  • Ponteceso: Norberto, Tucho (Charro, min.50), Velo (Puente, min.55), Mato, David, Pablo, Bolón, Toniño, Alfredo, Luisete, Pitu (Miguel Torrado, min.67).
  • Esteirana: Ramón, Chispi, Simón, Dani Rama, Damián, Pepe, Alex (Bruno, min.65), Adrián (Abel, min.73), Rober Pladur, Pichu, Iago (Ángel, min.58).
  • Goles: 0-1, min.22: Iago; 1-1, min.24: Luisete de penalti cometido sobre el; 1-2, min.35: Rober Pladur; 2-2, min.51: David; 3-2, min.93: Bolón tras un barullo na área.
  • Expulsión: o visitante Pepe (min.83)

Unha semana menos para cantar o alirón. O Ponteceso segue ao seu ritmo, pero onte sufríu, e tanto, para superar á Esteirana logo de caer na casa na Copa ante o Mazaricos.

A primeira parte foi para os de Esteiro, i é que se desenvolvou sen un dominador claro pero os visitantes estiveron máis incisivos co cambiando con calidade o xogo e tentando contras con calidade e velocidade. Na segunda mellorou o Ponteceso, cambiaron a 3 atrás e tomaron o mando no medio campo. Tratou de encerrar á Esteirana, que se adiantara en dúas ocasións na área, e conseguiu remontar máis co corazón ca cabeza, facendo valer eso da sorte de campión cun gol no tempo cumplido.

Carnota - Porteño (1-1)

  • Carnota: Peipo, Nico Capi, David Brea, Adrián, Pedro, Tono da Caixa, Miguel Beiro (Urko, min.60), Joselu (Deme, min.65), Manuel Luís (Gabri, min.80), Andrés Pato, Oli (Pumuki, min.46).
  • Porteño: Asiel, Oscar, Manuel, Pejo, Brais, Quilmes, Iván (Martín, min.46), Cousillas, Tajes, Iaguito (Sestayo, min.60), Ismael.
  • Goles: 0-1, min.20: Miguel Beiro fusilou a Asiel; 1-1, min.22: Quilmes a bote pronto dentro da área.

Empate xusto que sentencia aos dous equipos a quedar nos postos de descenso. Peor a situación carnotá pois practicamente queda sentenciado ao descenso directo, se ben o Porteño, agora no seu mellor momento do ano, apoiará ao Camariñas na Fase de Ascenso.

Foi un encontro de demasiado respecto. Os dous amosábanse con moito medo a perder, con medo a fallar e sen embargo dous erros defensivos foron os que deron lugar aos dous goles. O encontro non tivo demasiado xogo e poucas ocasións e si moito balón parado. Se cadra a primeira metade se xogou máis na metade do campo visitante por empuxe do máis necesitado Carnota. E na segunda adiantouse algo máis Carnota e o Porteño aguantou, cunha defensa firme. O Porteño buscaba a contra pero poucas contras había pois o Carnota tampouco estaba moi volcado.

Con esta derrrota a familia do Carnota tira a toalla. A directiva vai presentar a súa dimisión ante a falta de apoio da veciñanza, e nesta semana manterá unha reunión cos socios na que exporá que este exceso de responsabilidade para os xogadores-directivos non pode continuar.

Camariñas - O Pindo (3-0)

  • Camariñas: Pombo (Pablo, min.73), Pesqui (Gabriel, min.65), Alberto Ogando, Maikel, Josiño, De la Sierra (Breo, min.46), Moriño, Brais, Fran Pioto, Juan Bello, Mané (Antelo, min.68)
  • O Pindo: Diego Garrido, César, Piquero, Mateo (Pulpo, min.50), Ángel, Julián, Edu, Poky, Rafa, Víctor (Diego León, min.50), Aitor.
  • Goles: 1-0, min.4: Brais de cabeza; 2-0, min.25: Mané a pase de Fran Pito; 3-0, min.30: Fran Pioto a pase de Mané.

O Camariñas superou con comodidade ao Pindo, que non estivo demasiado combativo. Se Brais xa marcaba antes do minuto 5, Mané e Fran Pioto (xa estrenado coa camisola azulona) sentenciaron o choque antes da media hora. Ollo con esta dupla que pode ser moi interesante se combinan ben de cara á Fase de Ascenso.

Baio - Sofán (1-3)

  • Baio: Poyo, Matías, Diego, José Antonio (Fachal, min.20) (Martín xuv, min.80), Fermín, Mario, Alberto, Rubio, Jorge, Martín, MC, Canai.
  • Sofán: Álex, Gende (Juanjo, min.75), Pensado, Miniño, Diego, Alemán, Jacobo (Mario, min.60), Adrián, Pensado, Bertín, Suso Docampo.
  • Goles: 0-1, min.60: Pensado tras un córner; 1-1, min.70: Canai; 1-2, min.85: Suso Docampo; 1-3, min.90: Bertín.

Partidazo do Sofán ante un Baio moi mermado tras ter que disputar 3 encontros en 3 días. Os visitantes tiveron moita posesión visitante, pero sen demasiadas ocasións. E iso que tralo gol inicial do Sofán morderon os baieses para empatar. E o Sofán non puido sentenciar ata faltando 5 minutos cando dúas contras mataron aos cansados baieses. Ambos equipos protestaron a chulería colexial.

Muros - Vimianzo (5-0)

  • Muros: Lupi, Gael, Gabi, David (Iago, min.75), Mayuyo, Dani Corniños, Gabo (Toni, min.55), Martín (Gelo, min.50), Yanki, Varito (Bibi, min.46), Manu Dosil (Sexo, min.46).
  • Vimianzo: Damian, Suso, Amarelle, Maikol, Camilo, Iván de Treos, Martin (Dieguiño, min.25), Iván de Baiñas, Lagoa (Sergio de Dumbría, min.70), Arán (Pose, min.80) e Sergio Vilaseco.
  • Goles: 1-0, min.15: Yanki a pase de Gabo; 2-0, min.22: Martín a pase de Yanki; 3-0, min.25: Gabo; 4-0, min.65: Yanky; 5-0, min.85: Sexo.

Consegue o Vimianzo rematar a campaña con xente de sobra pero sen demasiada pegada. O Muros, que se amosa implacable neste treito final de campaña, arrasou cos vimianceses.

Corme - Dumbría B (5-2)

  • Corme: Susiño, Joshua, Adolfo, Pandi, Lelo, Lentejo, Martinciño, Diego (Alejo, min.53), Martín (Lucas, min.62), Alejandro e Iago (Pipo, min.85).
  • Dumbría B: Brais, José Carreira, Samuel, David Carreira, Sergio Cives, Casáis (Ramiro, min.66), Tantán,  José Manuel, Fernando (Jose, min.42), Rodrigo y Josiño (Ivanete, min.46)
  • Goles: 1-0, min.5: Iago; 1-1, min.45: Tantán; 2-1, min.50: Martín; 3-1, min.60: Iago, de penalti; 3-2, min.70: Samuel; 4-2, min.75: Alejo; 5-2, min.90: Alejandro.

Este Corme non para. Logo de demostrar na Copa Xuvenil que a camada de xogadores vai facer historia, os de Suso da Torriña superaron con claridade ao Dumbría B e xa poden respirar tranquilos.

Adiantouse o Corme por medio de Iago que volve ten a puntería afinada. Tantán empatou antes do descanso, pero o Corme saíu a por todas na segunda e en 15 minutos Martín e Iago sentenciaban o choque. A mala nova foi a protagonizada polo visitante Fernando, que nun choque co forte xuvenil Pandi mandou ao hospital de Santiago.

Castriz - Fisterra (4-0)

  • Castriz: Diego (Pejo, min.65), Dani, Alejandro, Toniño, Chinda (Rubén, min.60), Bruno, Suso, Cilindro (Martín Ríos, min.55), Mauri (Ovidio, min.46), Sebas, David Brenlla.
  • Fisterra: Joselu, Piti, Juan, Roco, Senra, Martín, Tati, Roa (Luisiño, min.55), Cristian Hidalgo (Rodri, min.70), Dudo, Manoliño (Bruno, min.60).
  • Goles: 1-0, min.20: Mauri a pase de Suso; 2-0, min.43: David Brenlla de cabeza a centro de Sebas; 3-0, min.44: Sebas a pase de David Brenlla; 4-0, min.48: Cilindro.
  • Expulsión: o fisterrán Juan no min.40.

Dous minutos de despiste fisterrán antes do descanso sentenciaron un partido no que os visitantes non se amosaron concentrados e chegaban con moitos xuvenís. I é que volve a marexada á familia fisterrá que esta semana tivo asemblea e pouco adestramento. Parece que Jesús Martínez, ex adestrador do Vimianzo e do FS Fisterra tomará o relevo no banco fisterrán de cara á Copa.

San Lorenzo - Malpica (3-2)

  • San Lorenzo: Recarey; Iván Rey, Casillero, (Adrián, min.46), Dubra, (Anxo, min.75), Puñal, Álex, Cachizo, Javi Pensado, Jorge Pichel, Fuentefría, (Eloy, min.60), Carliños.
  • Malpica: Víctor Martínez; Diego, (Víctor, min.5), Eme , Gonzalo, Marco, (Eloy, min.55), Eloy Vila, (Nando, min.52), Neucha, (M. Dourado, min.60), Casais, David Blanco, Andrés, Ismael.
  • Goles: 1-0, min.5: Jorge Pichel cun centro chut. 2-0, min.10: Jorge Pichel. 3-0, min.50: Jorge Pichel. 3-1, min.65: David Blanco, dende 25 metros pola escuadra. 3-2, min.76: D. Blanco, con pillería.

Acusou o Malpica o partido da Copa, e na primeira estivo a mercé do equipo local. Primeira metade controlada polo San Lorenzo, con triplete de Jorge Pichel, que aproveitaba a súa nova posición de punta. A expulsión de Javi Pensado (primeira expulsión na súa vida) ao comezo da segunda fixo que o Malpica apretara pero sen chegar a culminar a remontada.

Club do Mar - Buño (3-1)

  • Club do Mar: Borja (Iván, min.46), Chori, Alberto, Chechu, Fran Borrazás, Corral, Juan Lareo, Repi, Diego (Tonecho, min.50), Jacobo e Brais (Chan, min.70).
  • Buño: Añón, Daviciño (Martuxa, min.56), Diego, Pancho (Fernando, min.77), José, Dourado, Jorge Calvete (Brais, min.80), Emilio (Berti, min.56), Juan, Rubén, Víctor.
  • Goles: 1-0, min.53: Alberto a centro de Repi; 2-0, min.70: Jacobo; 3-0, min.82: Tonecho; 3-1, min.92: Rubén.

Non estivo o Buño moi fino e o Club do Mar demostrou a súa melloría cunha cómoda vitoria. Os visitantes só recurtaron co tempo cumplido.

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).