Domingo. 13.10.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Xornada de empates por arriba

2ª Autonómica: Xornada de empates por arriba
Esteirana e Baio empataron-Foto- Santi Diaz ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com Completa xornada entroideira na Liga da Costa que obrigaba a deixar só 3 partidos para o domingo. Unha xornada que comezaba a golpe de xoves coa vitoria do Muros no Conco ante un filial dumbriés que malia mellorar a imaxe segue afundido. O sábado a atención estaba en Esteiro, onde o líder e o 3º empataban, deixando as cousas como estaban, moi apretadas entre o trío de arriba, tralo empate do Cee ante un combativo Zas. Cómpre destacar as 5 vitorias seguidas do San Lorenzo e os 7 partidos sen perder do Corcubión. Mentres, por abaixo, 5 equipos seguen a xogarse o descenso. Se ben o Dumbría B ten medio pé na 3ª, hoxe é o Montelouro o que o acompañaría tralas vitorias do Cabana e do Outes. O Mazaricos segue aí, e ollo para o Volantes e o Buño que non se poden despistar.

Esteirana - Baio (1-1)

Esteirana-Baio-Foto- Santi Diaz
  • ESTEIRANA: Benito, Chispi, Dani Rama, Pablo Serrano, Suizo, Andel (Iago, min.65), Uru, Pepiño, Álex (Picholeiro, min.80), Simón e Cajulo.
  • BAIO: Anxo, José Antonio, Pablo (Fachal, min.83), Mario, Fredi, Norberto, Martín, Chucho (Lucas, min.80), Alberto, Rubio (Cristian, min.65) e MC.
  • Goles: 1-0, min.35: Pablo Serrano a centro de Alex; 1-1, min.65: Alberto.
Partidazo o sábado en Esteiro entre o líder e o potente 3º clasificado. A igualdade foi a protagonista o que demostra o apretado da zona alta da Liga da Costa. E iso que as cousas, a pesar do liderato, están movidas en Esteiro, i é que Marcelo xa non é o adestrador nunha semana na que a directiva tamén presentou a súa dimisión. Así e todo, non perderon o humor en Esteiro e varios afeccionados acodiron disfrazados ao campo, mesmo un equipazo de Mariachis. No xogo, o partido respondeu ás espectativas, e respondeu ao guión. Cunha Esteirana sabendo das súas armas, esperando o erro visitante para saír coas mortais contras. O Baio, intentando tocar o balón, e chegando con Martín, Chucho e MC, e facendo dano polas bandas. Foi Chucho o primeiro en avisar cun balón ao pao, pero foi a Esteirana a encargada de abrir o marcador cun tanto de Pablo. O Baio seguía intentándoo pero o marcador non se movería ata o descanso. A segunda comezaba co detalle cómico da tarde, cando o colexiado quería sacar unha tarxeta pero... esquecéraas no vestiario. Seguía o Baio empurrando e chegou a recompensa cando Alberto aproveitaba unha indecisión da defensa local de vaselina. No treito final o partido puido caer dos dous bandos, sendo a máis clara unha que Anxo salvou para os baieses cun gol pantasma de Dani Rama que non subiu ao marcador. Esteirana-Baio-Foto- Santi Diaz

Volantes - Outes (1-2)

  • VOLANTES: Rubén Santos, Juan do Sivil, Maikel Perrito, Javi de Baño, Fran do Español, David, Adrián, Pardelo (Brais, min.50), Benja (José María, min.80), Chenel e Nacho (Ivi, min.55).
  • OUTES: Gato, Damián (Martín Lago, min.60), Arturo, Borja (Martín Caamaño, min.70), Chúa, Saúl (Ángel, min.80), Poke (Mario, min.55), Deivi, Quin (Migui, min.65), Pesco, Elías.
  • Goles: 1-0, min.25: Pardelo; 1-1, min.60: Pesco; 1-2, min.80: Deivi.
  • Expulsión: o local Fran do Español contra o final.
Gran vitoria do Outes en Miraflores a base de fé. E iso que o partido se metía costa arriba cando Pardelo puña aos locais con vantaxe no ecuador da primeira metade. Puideron ampliar os laranxas o marcador, pero non superaron a Gato e o cadro de Manu Roque reaccionou tralo descanso. Toque e velocidade foron as armas dos da Serra que por medio de Pesco e Deivi, xa a só 10 do final, deron a volta ao marcador, endosando a 3ª derrota consecutiva do Volantes.

Castriz - Montelouro (2-1)

Castriz-Montelouro-Foto- Edu Olveira
  • CASTRIZ: Toño, Prego (Sergio, min.80), Álex, David Agra, David Pose, Luis, Javito (Mata, min.65), Bruno, Rubén (Anxo, min.55), Sebas (Pablito, min.70) e Roberto.
  • MONTELOURO: Isma, Álvaro, César, Pedro de García, Pablo (Raúl, min.75), Fernando, Chema, Edu (David, min.70), Isma de Cosme (Ancho, min.55), Pesco (Pepiño, min.80) e Chumy.
  • Goles: 1-0, min.10: Roberto; 1-1, min.50: Isma de Cosme; 2-1, min.65: Luís.
Está o Castriz amosando a súa mellor cara neste 2013 e xa van 4 vitorias consecutivas. Onte pagou o prato o Montelouro, que tras romper unha malísima xeira de resultados vese de novo no pozo. O Castriz fixo un partido serio, sen alardes, pero souberon sufrir para quedar cos 3 puntos. Roberto adiantaba aos rossoneros ao principio, pero os visitantes foron polo empate. Conseguírono á volta dos vestiarios pero un tanto de Luís cando quedaban 25 minutos matou ao cadro louréan que o intentou, sen fortuna, nos últimos minutos. Castriz-Montelouro-Foto- Edu Olveira

Cee - Zas (3-3)

UC Cee-Foto- Jorge Parri
  • CEE: Parroto (Mingos, min.35), Fiuza, Dani Freire, Piquero (Benlloch, min.85), Rafa, Fermín (Víctor, min.46), Carlos Leis, Nico, Isma, Yayá e Diego Cespón.
Zas en Cee-Foto- Jorge Parri
  • ZAS: Elías, Amado (Cesar, min.65), Víctor Vecino (Braulio, min.35), Oliver, Pereiro, Peque, Diego, Rubio, Jaime, Pastor e Francés.
  • Goles: 1-0, min.10: Víctor Vecino en propia meta; 1-1, min.20: Pastor; 2-1, min.48: Yayá; 2-2, min.52: Rubio de falta; 2-3, min.75: Diego de falta; 3-3, min.85: Benlloch.
  • Expulsión: o zaense Pereiro xa contra o final.
  • Lesión: Víctor Vecino cunha lesión para toda a tempada; e Parroto para os locais.
Partidazo de toma e daca entre Cee e Zas en San Paio de Refoxos que acabou cun xusto empate, gracias ao tanto final do debutante cos maiores, o xuvenil Benlloch. Un partido que ademais ten que lamentar a crúa lesión de Víctor Vecino, un puntal na defensa zaense, e que se perderá o resto da tempada. Comezaba pegando o Cee cun tanto en propia meta do propio Vecino a un centro de Dani Freire. Fiuza avisaba pero respostaba pronto o Zas por medio de Pastor tras un achegamento de Rubio. Comezaba a segunda metade tola, co gol de Yayá tras un rexeite do meta visitante, e sen tempo, Rubio facía o 2-2 tras un falta que se colaba pola barreira. Quedaban 15 minutos cando o Zas se metía por diante, e o Cee tiña que meterse o mono de traballo. Acosaron á meta zaense os Dani Freire, Isma e Víctor pero o balón non entraba, ata que faltando 5 para o remate, o xuvenil Benlloch aproveitaba un erro de Elías na meta visitante para facer o empate. Víctor tivo o gol da vitoria xa co tempo cumplido pero o seu remate de cabeza marchou desviado. Cee-Zas-Foto- Jorge Parri

Corcubión - Corme (4-1)

  • CORCUBIÓN: Abelleira (Adrián, min.89), Alán, Senra, Julito, Johny (Marcos, min.70), Sebas, Lema, Pablito Lestón, David de Muxía, David Lourido (Mario, min.61) e Cristian.
  • CORME: Javi, Adolfo, Pandi, Jesús, Alejandro (Abel, min.31), Brais, Diego, Manu (Chino, min.88), Lucas, Juan Chans (Brais Torrado, min.80) e Dani.
  • Goles: 1-0, min.15: Sebas de fermosa volea; 2-0, min.25: David de Muxía a centro de Cristian; 3-0, min.30: David Lourido; 4-0, min.44: Cristian a pase de Senra; 4-1, min.55: Adolfo.
  • Lesión: Alejandro nun nocello.
Unha espectacular primeira metade dos de Manolín serviu para que o Corcubión sumase o seu 7º partido sen perder. Pola contra, un Corme sen rumbo, que suma a súa 3ª derrota consecutiva e que se atopa en sitio de ninguén, tras comezar a temporada cunhas altas espectativas. Ademais o Corme leva para casa a lesión de Alejandro. Sentenciou na primeira metade o Corcubión, cos tantos de Sebas, David de Muxía, Lourido e Cristian. A segunda servia para ver algo do que ten este Corme, pero só serviu para recurtar ante un ben colocado cadro local.

Cabana - Carnota (3-1)

Cabana-Carnota-Foto- Cabana SD
  • CABANA: Añón, Ismael, Marcos, Iván de Treos, Eloy (José, min.70), Fariña, Adao (Fernando, min.34), Sandro, Rubén Rama, Manolo do Cruceiro (David, min.60) e Berti.
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Tono da Caixa, Pablo de Pichín (Boni, min.89), Pedro de Pichín, David de Brea, Andrés Fandiño (Pumuky, min.65), Nakata (Urko, min.77), Rodrigo, Jacobo, Pablo Beiro e Buonanotte (Iván, min.81)
  • Goles: 1-0, min.25: Iván de Treos; 2-0, min.65: Rubén Rama, de penalti; 3-0, min.70: Fermando; 3-1, min.88: Iván.
Xusto triunfo dun Cabana que suma a súa segunda vitoria consecutiva ante un Carnota que non puido amosar as súas armas nas Redondas. O cadro local tivo o balón e dispuxo das mellores ocasións e era Iván de Treos o que os adiantaba no ecuador da primeira. Comezaba a segunda cun penalti que non marraba Rubén Rama, e co golazo da tarde, obra de Fernando. Só contra o final, os carnotáns viron portería e Iván recurtou pero xa sen tempo. Cabana-Carnota-Foto- Cabana SD

Buño - Sofán (0-0)

  • BUÑO: Toni, Rubén, Diego (Alfredo, min.15 (Dourado, min.80), David Secundino, Ángel, Elías, Jorge Calvete, Emilio (Juan Antelo, min.70), Mauri, Dani Calvete e Víctor.
  • SOFÁN: Bugy, Lista, Cantudo (Santi, min.78), Gustavo (Pensado, min.65), Juanjo, Edu (Iván Rojo, min.61), Míchel (Jacobo, min.80), Eloy Boedo, Iván Rey, Eloy Cabeza e Suso Docampo.
    Segundo empate sen goles do Sofán, que tivo bos momentos de xogo en Xaviña, pero que non mereceu a vitoria. Sábelle a pouco o empate aos locais pois consideran que teñén feito un partido máis completo e fixo esforzarse ao meta sofanista mentres que Toni apenas tivo traballo. Como detalle, cómpre destacar que todos os cambios do Buño foron por lesión, sen teren ningunha gorda, iso si.

    San Lorenzo - Mazaricos (3-1)

  • SAN LORENZO: Abraham, Quillo, David, Dubra, Casillero, Anxo, Peque (Adonis, min.75), Chucho (Javi, min.72), Palermo (Cachizo, min.70), Fuentefría (Robin, min.80) e Carliños.
  • MAZARICOS: Pejo, Óscar, Rodri (Esteban Pereiro, min.70), Chico, Martín, Ricardo, Brais, Estéfano (Marcos, min.60), Cristian, Aldo e José Ángel.
  • Goles: 1-0, min.5: Carliños; 2-0, min.35: Chucho; 2-1, min.85: Anxo, en propia meta; 3-1, min.90: Chico, en propia meta.
San Lorenzo-Mazaricos-Foto- Sara Ramos Impresionante este San Lorenzo de Gueli que suma xa a súa 5ª vitoria seguida. E o fixo con solvencia ante un Mazaricos que non puido repoñerse ás embestidas locais. Carliños adiantaba pronto aos de Verdillo, e Chucho facía o segundo antes do descanso. Durante moitos minutos da segunda o Mazaricos buscou o empate, pero o mal estado do terreo de xogo non axudaba. Recurtaba o Mazaricos, pero xa era moi tarde, quedaban 5 minutos e co equipo volcado, Chico marcaba, pero en propia meta para sentenciar o partido. San Lorenzo-Mazaricos-Foto- Sara Ramos

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios