Mércores. 19.06.2024
El tiempo

240 deportistas disfrutan do precioso e equilibrado Trail Terras de Pondal

240 deportistas disfrutan do precioso e equilibrado Trail Terras de Pondal
image

Como unha patena quedou o monte de limpo despois do paso de máis de 240 deportistas que participaron esta fin de semana no II Trail Terras de Pondal. Unha proba que sitúa a Costa da Morte como referencia en materia deportiva e natural. Así o refrenda o feito de que ademais de corredores de moitos lugares de Galicia, había tamén moitos veraneantes que andan pola zona (Valencia, Burgos, San Sebastián, Bilbao, Asturias…). Entre todos eles estaban moitos corredores da élite galega que, ao cabo estarían nos primeiros postos das distintas distancias e nas súas categorías.

Os corredores valoraron a variedade do percorrido, con tramos moi rápidos e tramos de carreiros moi técnicos, e que se trata dunha proba moi equilibrada en dureza e velocidade. Ademais, destacaron a boa balizaxe, e a preciosidade do percorrido con moita variedade e do acerto de poñer a saída e a chegada na Praza do Pan, onde estivo en todo momento enche de xente e na que 4 cocineros (do Club Abellariza Ies Ponteceso, club colaborador na carreira) preparaban paella para todos os atletas participantes.

Trail curto

Ás 10 da mañá dábase a saída desde a Praza do Pan de Corme-Porto para as dúas distancias, 15 km e 24 km.
No trail curto, dominou de principio a fin Iván Rego do Club Atletismo Milladoiro, non dando opción á sorpresa. Foi o primeiro en pasar polo arco de meta cun tempo de 01:08:49. Case 6 minutos máis tarde chegaba José Manuel Santos Pouse (Aviva Sport Club) e uns 30 segundos despois o local Felipe Martínez Santos.
Na categoría feminina, impúxose claramente Sonia Sala González de Arteixo, que sacou 8 minutos a María cristina Santiago (a coruña) e case 10 a Vanessa varela crespo (arteixo).
Na categoría veteranos, Carlos Pereira Rei, que entrou nun 7º posto da xeral non tivo tampouco rivais.
En veteranas feminina, Amparo López (A Coruña), acabou en primeira posición, chegando nun aplaudido sprint final de entrada en meta.

image

A gran proba, o Trail Longo

O gran favorito, Fernando Arca, non deixou nada para a sorpresa o de Caldas de Reis. Aínda que o cartel que se presentaba era amplo, con varios corredores da élite galega (Óscar Díaz Cerviño de Arteixo, o carballés Carlos Bardanca, Javier Tourís (o coruñés foi campión da pasada edición), Juan Jesús Barral de Brión, Ton Abal de Cuntis ou Sergio Pensado, de Carballo, entre outros…).

Xa en avituallamiento do km 5 (Os Canteiros) levaba unha lixeira vantaxe ás súas oponentes, onde se observaba xa un trío de corredores composto por Oscar García Cerviño, Carlos Bardanca e Javier Tourís. A baixada técnica á Praia de Balarés seguiu sumándolle segundos de diferenza, chegando ao alto dás Travesas (avit. 2) xa cunha distancia moi próxima ao minuto. Por atrás o grupo seguía tirando xunto. No avituallamiento 3 (km 13), a distancia seguía subindo, pasando xa a máis de 1 minuto con respecto aos seus rivais.
Pero non foi ata pasado o avit. 4 (Alto do Monte do Faro - Brantuas). Unha gran baixada cara aos montes de Santa Mariña e a técnica cara á Praia da Barda, fixo que se distanciase xa máis de 2 minutos cos seus rivais. As baixadas técnicas domínaas como ninguén.
Na Barda, xa chegou un binomio composto por Oscar García Cerviño (Arteixo) e Carlos Bardanca (Carballo). A gran subida que lles esperaba fixo que Tourís xa non puidese enlazar de novo con eles.
Si Fernando Arca xa se relaxaba, a pouco máis de 4 km de meta, Oscar García impoñía un forte ritmo de baixada onde Carlos Bardanca non podía con el.
Un pletórico Fernando Arca, chegaba á meta cun tempo de 02:09:17, proclamándose ganador do Trail Terras de Pondal 2016. Segundo chegaría Oscar García Cerviño, que soubo manexar moi ben a súa carreira, chegando en 02:11:08 e en terceiro lugar o carballés Carlos Bardanca (02:12:25), chegando Javier Tourís (4º) a 9’ de Carlos.

A xornada finalizou sobre as 15:30 horas, logo de degustar todos xuntos a rica comida.

  OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios