250 cativos seguen convertindo Carballo na capital do balonmán de base


As Escolas Balonmán Xiria (EBX) organizan o sábado 23 de maio a Fase Final da Liga Alevín e Benxamín de Balonmán que se disputará no Pavillón Municipal Vila de Noia e na que participan un total de oito equipos en categoría alevín e outros tantos en benxamín (clasificados dende os grupos leste e oeste da liga regular). Máis de 200 xogadores, incluídos os dos catro equipos que participan por parte dos anfitrións, ocuparán o pavillón nunha xornada ininterrompida que está previsto que finalice arredor das 20.00 horas (momento para o que está programada a entrega de trofeos) e na que se disputarán un total de 48 partidos, 24 en cada categoría.
Entre os equipos, os delegados, os adestradores e público asistente, está previsto que arredor de 1000 persoas celebren esta festa do balonmán das categorías de base en Carballo.
Por parte do Balonmán Xiria está prevista a participación do Laber Xiria e o OAK English Centre Xiria en categoría benxamín, que competirán co Esc. Municipal Abegondo A e B, co AD Alca, coas Escolas OAR, co Arteixo Balonmán e co Balonmán Camariñas; e o LK Xiria e Ifecgas Pereira Xiria en alevín, que competirán co BM Culleredo Paxariñas, co BM Culleredo-Tarrío, co Arteixo Balonmán, coas Escolas OAR, co CBM Ribadosar e co AD Alca. As eliminatorias, segundo explica o delegado provincial da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, disputaranse dende os cuartos de final, coa final en categoría Benxamín prevista para as 17.00 horas; e en Alevín para as 19.00 horas.
Fonte
- Concello de Carballo.