250 rapaces disfrutan dun verán Xiria


O pasado día 1 de xullo arrincaba esta 22ª edición das Escolas de Verán Xiria que como todos os anos dende hai xa tempo, colgaban o cartel de “non hai prazas” para este primeiro mes de Xullo.
250 rapaces e rapazas repartidos en 12 grupos segundo a idade, nados dende o 2001 ao 2011, realizarán todo tipo de actividades: talleres de medio ambiente, torneos de balonmán, deportes, talleres de pintura, informática: fotografía e vídeo, Festas temáticas…
Un variado grupo de profesionais son os responsables de que as experiencias vividas nestas Escolas de Verán Xiria resulten inesquecibles e enriquecedoras para os rapaces e rapazas que nelas participan.
Os primeiros días serviron para sentar as normas básicas e as rutinas, para coñecer aos monitores e aos compañeiros e para que os máis pequenos e os que acudían por primeira vez a esta actividade tiveran tempo de perder esa vergoña inicial.
Para a vindeira semana comezamos unha actividade pioneira que Escolas de Verán Xiria leva a cabo en colaboración con MiClub Pádel (Pol. Ind. Bértoa). Os máis maiores (Grupos 9, 10, 11 e 12), participarán nunha clase de pádel semanal impartida por adestradores desta disciplina.
Fonte
- Xiria.