sábado. 15.02.2025
El tiempo

2ª Autonómica: Ameaza interior

2ª Autonómica: Ameaza interior
  • Castriz e San Lorenzo seguen a avanzar posicións na cabeza dunha Liga da Costa cada vez máis apretada e repartida.
Baba a dereita debutou co Ponteceso en Cee-Foto-SD Baba, á dereita, debutou co Ponteceso en Cee no intenso choque ante o Ameixenda-Foto-SD Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Salvou un punto o Ponteceso en Cee fronte a un Ameixenda acostumado a dar sustos aos de arriba, e con elo minimizáronse máis as distancias entre o amplo pelotón de candidatos. Pendente queda a xornada do, probablemente o mellor partido, cando menos, o máis emotivo, coa volta aos bancos de Corredoira á fronte do Baíñas, ante os seus ex do Zas, nun duelo de altos voos.  

Cabana 1-1 Buño

  • Campo: As Redondas.
  • Cabana: Adrián, Raúl, Eloy, Ismael, Jose, David, Adrián, Fernando, Manolo do Cruceiro (Óscar m.86), Aurelio (Diego Varela m.68) e Adri (Christian m.59).
  • Buño: Toni, Miguel, Fran Borrazás, Dimitri, Eloy, Dourado (Gurita m.82), Iván (David m.55), Emilio, Víctor (Richard m.86), Dani Calvete e Jorge (Juan m.80).
  • Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Amonestou a Adrián, Jose e Adri do Cabana; Dani Calvete e Eloy do Buño.
  • Goles: 0-1 m.23 Iván; 1-1 m.53 Manolo do Cruceiro.
De Redondas tiveron pouco Non lle sirve en demasía a igualada no derbi a Cabana e Buño, que selaron unhas táboas marcadas sobre todo polos erros en ataque. Os oleiros estrelaríanse ata en dúas ocasións cos paus (Víctor e Calvete deixaron o selo). Era un primeiro acto valiente dos de Gueli, que si atoparían o gol nunha boa finalización de Iván. Sen embargo, só precisaría dunha tentativa un cazagoles coma Manolo do Cruceiro, quen cun tiro cruzado tras acción de Reigía levaría o empate definitivo ao marcador. Aí acabouse o acerto nas áreas e comezou a humedecerse a pólvora nas dúas dianteiras.  

Volantes de Baño 1-3 Unión Club Cee

  • Campo: Eleuterio Balayo.
  • Volantes de Baño: Javira, Tiko (Sergio m.71), Juan do Sivil, Mou, Javi, Maceiras, Andel, Pardelo (Cajulo m.56), Cucurro e Yanky.
  • Unión Club Cee: Ángel Luis, Nico, Carlos, Jacobo, Borja (Penedo m.50), Pereira, Josiño (Andrés m.71), Piquero, Leo (Aitor m.69), Dani Picallo (Isma Leis m.87) e David.
  • Árbitro: Lago Barros (A Coruña). Amonestou a Maceiras, Pardelo e Yanky do Volantes; Ángel Luis e Piquero do Cee.
  • Goles: 1-0 m.5 Yanky; 1-1 m.52 Leo, de penalti; 1-2 m.68 David; 1-3 m.89 Penedo.
Sudada unionista Moitos máis problemas do que di o marcador tivo o Unión Club Cee para superar a un Volantes de Baño co excentral Santi no banco, unha nutrida convocatoria e moita seriedade sobre o terreo de xogo. De feito, un cabezazo de Yanky que se colou por toda a escuadra puxo por diante aos muradáns. Non lle colleou o punto ao partido o cadro de Cambeiro nun primer acto de xerarquía local. Sen embargo, un penalti por derribo a Penedo ao pouco de reanudarse o partido mudou totalmente o panorama. Leo non errou desde os once metros. Coa gasolina local decrecendo, David, desde o borde do área, e Penedo, de libre directo, selaron a remontada ceense.  

San Lorenzo 5-0 Esteirana

  • Campo: As Pedreiras.
  • San Lorenzo: Javi Souto (Puyol m.60), Isaac (Anxo m.46), Adrián Varela, Rubén, Rudi, Álex Figueiras, Mario, Álex Taibo, Fuentefría, Kevin (Parafita m.55) e Juni.
  • Esteirana: Roberto, Damián, Rafa, Martín (Álex m.25), Adrián, Pablo, Tobío, Manuel, Jaime, Simón e Marcos (Róber Pladur m.25) (Eloy m.54).
  • Árbitro: Reborido Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Simón, da Esteirana (m.31). Amonestou a Álex Taibo e Mario do San Lorenzo; Damián, Pablo e Álex da Esteirana.
  • Goles: 1-0 m.12 Kevin; 2-0 m.14 Álex Figueiras; 3-0 m.40 Álex Taibo; 4-0 m.62 Parafita; 5-0 m.75 Juni.
Nova equipacion da Esteirana-Foto-Nikasio Lago Nova equipación da Esteirana nas Pedreiras-Foto-Nikasio Lago Pedrada nas Pedreiras Non chegou ao cuarto de hora a resistencia esteirán en Verdillo, onde o San Lorenzo xogou a outra cousa que irregular cadro azulgrana. Unha xogada de Kevin pola esquerda e un gol olímpico de Álex Figueiras puxeron unha vantaxe insalvable, sobre todo a partires da expulsión de Simón á media hora. Álex Taibo, tras un rexeite, pechou na práctica o encontro antes do intermedio. Sobrou unha reanudación na que Pladur, a pesares de ter entrado no primeiro acto, non terminaría o xogo. A ilusión e vontade que puxera a Esteirana fronte ao Baíñas xogou nesta ocasión unha mala pasada, con problemas para adaptarse ao campo das Pedreiras.  

Cerqueda 1-1 Camariñas

Camarinas-Cerqueda-Foto-UD Imaxe do Cerqueda-CamariñasFoto-UD
  • Campo: Xaviña.
  • Cerqueda: Diego Dourado, Athu, Jon (Jon m.80), Dani, Pazos (Sergio m.66), Uru (Brais m.46), Fernandito, Lorenzo, Darío, Eloy (Jonás m.61) e Luchi (Gemelo m.76).
  • Camariñas: Pablo, Kevin, Cerbán, Moriño, Soule, David (Sergio m.60), Yuyo, Brais (Adrián m.74), Vicente, Paco e Vieites.
  • Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou Darío, Dani, Sergio, Athu, Fernandito, Lorenzo e Brais; Soule, Sergio, Pablo do Camariñas.
  • Goles: 1-0 m.52 Eloy; 1-1 m.64 Yuyo.
Suma e suma Faltoulle tino de cara a gol, pero aínda así o Cerqueda segue a colleitar para a permanencia. Esta vez non foi quen de superar a un ordeado e vistoso Camariñas, que segue a medrar co paso das semanas. Os de Emilio Uzal avisaron nunha primeira metade con disparo ao pau de Luchi e outra boa opción para Fernando. Os visitantes propuxeron toque, pero pecaron de falta de profundidade. Xa na reanudación, unha boa asistencia de Fernandito a Eloy deixou o 1-0 e unha vantaxe que podía intuirse suficiente, pero Diego Dourado, impecable ata o de agora, non acertou nun saque de curruncho e deixou un balón morto que aproveitou Yuyo. Tería dúas o Cerqueda, pero non era o día do gol. [fbvideo link="https://www.facebook.com/union.cerqueda/videos/995478240515557/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]  

Porteño 2-0 Coristanco

  • Campo: A Grixa.
  • Porteño: Martín, Gabi, Caamaño, Adrián, Manuel, Iago, Doyle (Rodrigo m.70), Quilmes (Matías m.75), Porto (Xoel m.81), Cristian e Roi.
  • Coristanco: Herrera (Eloy m.29), Álex, Adrián, Antonio (Alexis m.80), Gonzalo, Jose (Pose m.46), Jorge, Pablo (Sergio m.46), Cristian, Samuel e Iván.
  • Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Expulsou a Marcos (m.89) do Coristanco. Amonestou a Iago, Quilmes e Caamaño do Porteño; Pablo, Gonzalo e Jorge do Coristanco.
  • Goles: 1-0 m.17 Porto; 2-0 m.78 Cristian.
A familia do Porteno en Coristanco A familia do Porteño na Rocheira Un bo Porteño Un balón peinado por Roi para Porto e un rexeite no borde do área perfectamente finalizado en volea por Cristian foron os dous paus en xeito de goles que lle pegou o Porteño ao Coristanco. Os bergantiñáns amosaron a súa cara máis escura, e volveron deixarse puntos contra un rival directo na loita pola permanencia.  

Castriz 3-2 Mazaricos

  • Campo: San Pedro.
  • Castriz: Añón, Miguel (Martín Gemelo m.86), Bruno, Álex, Fabián, Martín Uruguaio, Darío Capelo (Iván m.90), Dani Martínez (Agra m.60), Maneiro, Bolón (Alberto m.71) e Álex Uruguaio.
  • Mazaricos: Miguel, Jose Ángel (Martín m.55), Ramón (Roberto m.55), Matías, David, Chenel, Estéfano, Ramón, Miguel Riveiro, Pereiro (Brais m.70) e Marcos.
  • Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Expulsou a Bruno (m.80 do Castriz). Amonestou a Bolón, Bruno, Dani Martínez do Castriz.
  • Goles: 1-0 m.15 Bolón; 2-0 m.30 Álex Flores; 2-1 m.40 José Ángel, de penalti; 2-2 m.65 Estéfano; 3-2 m.70 Álex Flores.
Madurez 'castrense' Pasouno moi mal o Castriz nun derbi de distancias moi curtas fronte ao Mazaricos. Os visitantes sorprenderon de inicio, cando aos cinco minutos xa se prantaran en dúas ocasións diante de Añón. Non o aproveitaron, ao contrario que o Castriz, quen en media hora golpeou dúas veces. Primeiro foi Bolón, de media tixeira tras un centro de Dani Martínez, e posteriormente Álex Flores, tras xogada espectacular de Miguel. Aí si eran superiores os locais, que viron como se lles empezaba a compricar de novo pouco antes do descanso, nun penalti convertido por José Ángel. E seguiría despois, nun libre directo convertido por Estéfano. Foi duro o golpe, pero maior a rápida resposta, cinco minutos despois, novamente co oportunismo de Álex Flores para deixar o 3-2 final. A expulsión de Bruno foi unha proba máis para a madurez dun Castriz que aguantou e durmiu canto pudo o encontro, ante un gran rival.  

Fisterra 6-1 Carnota

  • Campo: Ara Solis.
  • Fisterra: Ángel, Rubia, Munitis (Javier m.46), Manuel Cartamil (Robertín m.46), Santi (Cote m.46), Adrián (Abel m.60), Roco, Mané, Guardiola, Roa (Adri m.60) e Julito.
  • Carnota: Andrés, Jose, Adrián, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Pumuky, Raúl (Alexis m.55), Cibrán, Bernardo, Oli Bermejo e Manuel Luis.
  • Árbitro: Ordóñez Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Pumuky e Manolo Chouza do Carnota.
  • Goles: 1-0 m.1 Mané; 2-0 m.3 Mané; 2-1 m.28 Pumuky; 3-1 m.29 Mané; 4-1 m.61 Cote; 5-1 m.67 Pedro de Pichín, en propia meta; 6-1 m.78 Adri.
Festín dun Fisterra desmelenado Non tivo demasiada historia a goleada dun Fisterra moi superior ao Carnota. Ademáis, Mané compretou o seu mellor partido da tempada, despois de necesitar menos de media hora para firmar un hat trick. Nos visitantes seguía no banco Amador Carballo, despois de non abandoar o clube a petición da propia directiva. Onte só tivo doce fichas dispoñibles.  

Ameixenda 1-1 Ponteceso

  • Campo: San Paio de Refoxos.
11 do Ameixenda ante o Ponteceso-Foto-SD 11 do Ameixenda ante o Ponteceso-Foto-SD
  • Ameixenda: Maikel, Jorge, Trillo (Samuel m.69), Momaño, Demetrio, Jesús (David m.18), Ruso (Antón Lestón m.60), Bichiño, Mario (Rafa m.87), Borja e Álex.
O 11 do Ponteceso no San Paio de Refoxos-Foto-SD O 11 do Ponteceso no San Paio de Refoxos-Foto-SD
  • Ponteceso: Brais, Martín Puente, Diego Collazo (Eloy m.72), Nando, Diego, Fall, Laik, Dieguiño (Youssef m.55), Adrián (Pablo Regueiro m.44) e Jose.
  • Árbitro: Castiñeira Blanco (A Coruña). Expulsou a Martín Puente (m.66) do Ponteceso. Amonestou a Mario, Trillo, Antón Lestón, Bichiño, Borja e Álex do Ameixenda.
  • Goles: 1-0 m.61 Borja; 1-1 m.92 Nando.
Ameixenda e Ponteceso no San Paio de Refoxos-Foto-SD Ameixenda e Ponteceso no San Paio de Refoxos-Foto-SD Salvou un punto Era unha visita trampa. Non era ningún secreto a habilidade do Ameixenda ante equipos da zona noble, e de novo os ceenses competiron coma tal. Nun choque de poucas ocasións houbo que agardar ao segundo acto para ver os goles, con incertidume final incluida. Borja deulle forma á sorpresa ao aproveitar un bo pase entre liñas e resolver con clase. Varela, nunha contra ao final, salvou un punto para o Ponteceso. A boa nova para os pontecesáns, o debut de Baba, que seguro vai ser unha peza clave neste equipo. Este é o gol do empate do capitán Nando. [fbvideo link="https://www.facebook.com/pontecesosd/videos/1725079071057498/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]  

Crónicas da semana

 

Novas relacionadas

Crónicas da 2ª Autonómica

Máis información

Fonte

Comentarios