Sábado. 27.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: a Esteirana conquista o liderato

2ª Galicia: a Esteirana conquista o liderato
S.D. ESTEIRANA 2 - MAZARICOS C.F. 1 ESTEIRANA: Roberto, Codesido, Simón, Dani Rama, Eloy, Josiño Alves, Alex Rama, Josiño Barreiro, Rober Pladur, Pablo Rama e Manu Tobío. Tamén xogaron Jaime, Campos e Xián. MAZARICOS: Toni, Fernando, Roberto, Oreiro, Manuel, Carreira, David, Molinos, Estéfano, Pereiro e Barbeira. Tamén xogaron Manuel Luis, Martín, Iago e Amoedo. GOLES: 0-1 15´Molinos   1-1 65´Josiño Barreiro   2-1 89´Campos O partido do ano non defraudou. Un Xosé Luis Vara ateigado de xente presenciou a remontada do equipo local para acabar impoñéndose ó ata onte líder Mazaricos e situar ó equipo azulgrana á fronte da competición. A Esteirana xogou un gran partido, dominando o balón e atacando sen cesar, pero nun tropezo do seu home máis veterano, Dani Rama, Molinos aproveitou para adiantar ó Mazaricos ó cuarto de hora. As imprecisións apareceron froito da presión do partido. A Esteirana sabía que gañando eran líderes e iso puxoos nerviosos en determinados momentos do encontro. Foi no segundo tempo cando chegou a remontada. Un centro de Codesido rematao Pladur, rexeita Toni e Josiño Barreiro anota o empate no rexeite. Os locais seguiron atacando, e o Mazaricos buscando perigo a balón parado. E cando o encontro esmorecía, unha boa xogada entre Alex Rama e Pladur acaba cun centro deste que Campos remata en plancha no segundo pao ó fondo das mallas. O delirio en Esteiro e o equipo líder. OUTES C.F. 2 - CORME C.F. 1 OUTES: Antón, Cutu, Jura, Maroñas, Pose, Lucas, Quin, Martín, Alvaro, Simón e Mario. Tamén xogaron Xandre, Ramón e Elías. CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas, Pandi, Diego, Adrián Doldán, Lucas, Toniño, Javi Peón, Samu Costa e Alejo. Tamén xogaron Eloy e Manu Bermúdez. GOLES: 1-0 19´Pose   2-0 33´Maroñas de pti   2-1 42´Samu Costa Un Outes moi necesitado de puntos levouse o partido ante o Corme, deixando ós visitantes lonxe das súas posibilidades de título, ante un Cunchido volcado co seu equipo. Media hora inicial moi boa dos locais levou dous tantos ó marcador, anotados polos seus centrais Pose e Dani Maroñas de penalti. O Corme reaccionou e o xuvenil Samu Costa reduciu distancias antes do descanso. No segundo tempo o Corme tivo o balón, buscando o empate, pero as ocasións estiveron repartidas, pois o Outes ó contragolpe logrou facer perigo, e aguantar a vantaxe no marcador para sumar tres puntos que son un verdadeiro balón de osíxeno para os da Serra. PUENTECESO S.D. 1 - U.C.CEE 0 PUENTECESO: Damián, Martín Puente, Ismail, Dani Cotelo, Matías, Recarey, Charro, Dieguito, Yago, Cristian e Mendieta. Tamén xogaron Luca, Iván, Eloy Alvarez e Adrián Pose. CEE: Carlos, Nico, Martín, Borja, Bermúdez, Carlos Leis, Penedo, Esteban, Leo, Juan Bello e Charly. Tamén xogou Jon. GOL: 1-0 11´Dieguito Moi bo partido en Ponteceso, este clásico costeiro entre conxuntos que fai pouco se xogaban ligas e copas. Agora a situación é algo distinta, sobre todo para un Cee en apuros. Ós 11 minutos, nun córner lanzado por Recarey, Dieguito fixo o único tanto do encontro. O Cee buscou o empate, co seu home gol Leo sempre na brecha. Un cabezazo seu foi a ocasión máis clara para os visitantes. Martín Puente lanzou un forte disparo ó pao longueiro, e Matías e Recarey probaron fortuna dende larga distancia. Antes do descanso Damián tivo que deter unha falta lanzada por Juan o Bello. O Cee xogou mellor no segundo tempo, tivo boas ocasións, case sempre a balón parado, como unha falta que a defensa pontecesán sacaría baixo paos, pero os locais, cun gran traballo pola súa parte, aguantaron o resultado. C.D. BAÍÑAS 0 - U.D. MONTE LOURO 1 BAÍÑAS: Víctor, Héctor, Oreiro, Felipe, Jesús, Moreira, Roi Carril, Cristian Canosa, Damián, Esteban e Pablo Muíño. Tamén xogaron Mayor, Hermida e Javier. MONTE LOURO: Fer, Pablo Vidal, David, Dani Corniños, César, Adrián, Dani de Sahorta, Raúl, Geiko, Juan de Celia e Riki. Tamén xogaron Gelo, Gabri, Manolo Chouza e Juanma. GOL: 0-1 5´Geiko Foron expulsados Oscar Leis 30´ e Juan de Celia 89´ Vaia petardazo pegou o Louro en Vimianzo, derrotando con xustiza a un Baíñas que perdeu a oportunidade de colocarse líder. Os de Oscar Leis presionaron moi arriba ó Baíñas, e os locais non souberon saír ben desa presión. Un roubo en zona de tres cuartos acabou no único gol do encontro, anotado por Geiko. O Baíñas buscou as xogadas a balón parado como recurso. No segundo tempo Juan de Celia e Geiko puideron sentenciar. O Baíñas buscou desesperadamente a Pablo Muíño, pero os de Louro controlaron ben ó pichichi da categoría. SP. ZAS 2 - U.D. CERQUEDA 1 SP. ZAS: Maikel, Jaime, Alex, Manu Fuentes, Isma, Víctor Vecino, Josito, David Blanco, Brais, Rubio e Dani Mato. Tamén xogaron Bruno e Rubén. CERQUEDA: Diego Dourado, Bastón, Marcos Pensado, Dani, Martín, Atu, Manu Guillamet, Cholo, Michel, Gonzalo e Julián. Tamén xogou Fernando. GOLES: 1-0 39´David Blanco   1-1 81´Fernando   2-1 85´Dani Mato Foi expulsado Cholo 90´ Partido moi igualado en San Andrés. Inicio forte do Zas, cun remate do central Alex o pao, e Diego Dourado ten que deter un remate de Dani Mato tras pared con Rubio. David Blanco abriu o marcador en posición dubidosa antes do descanso. O Cerqueda adiantou as súas liñas despois do descanso e chegando ó final igualou nunha mala saída de Maikel. O Zas botouse arriba, foi anulado un gol a David Blanco, e Diego Dourado sacou unha gran man a Manu Fuentes. Foi Dani Mato coa súa calidade habitual o que desnivelou o encontro cunha boa xogada individual faltando 5 minutos. LIRA C.F. 2 - MUXÍA C.F. LIRA: Peipo, Jano, Cristian, Pedro, Eloy, Miguel, Cote, Kike, Isma, Bruno e Toni. Tamén xogaron Isma Leis, Fran, Oliver e Ramón. MUXÍA: Hugo, Iván Chans, Michael, Congui, Isma, Martín, Víctor, Adrián, Tomás, Mario e Manu Nogueira. Tamén xogaron Denis e Julián. GOLES: 1-0 16´Toni   2-0 18´Bruno Partido vital para o Lira que se levou os tres puntos que o sitúan case salvado de perigos. En dúas xogadas a balón parado sentenciou o encontro, con tantos de Toni e Bruno. O Muxía non estivo moi acertado en ataque e apenas creou perigo. No segundo tempo si que foi mellor o Muxía, ante un Lira que defendeu ben o resultado. A pesar de ter boas ocasións os visitantes, o marcador non se moveu. BUÑO S.D. 2 - S.D. CORISTANCO 1 BUÑO: Brais, Miguel, Manoliño, Moscoso, Posiño, Jorge Calvete, Fran, Dourado, Juan, Anxo e Zinho. Tamén xogaron David, Eloy, Emilio, Petís e Gurita. CORISTANCO: Diego, Miguel, Jorge, Rubén, Lagoa, Cebey, Alex, Pazos, Samu Vázquez, Xuko e Samuel. Tamén xogaron Mato, Brian, Javi, Damián e Figueiras. GOLES: 1-0 27´Jorge Calvete   2-0 57´Juan de pti   2-1 69´Brais en pp Partido de moita tensión en Buño polo que se xogaban ambos equipos. Inicio dominador dos visitantes que tiveron nas botas de Samuel unha clarísima ocasión, pero o dianteiro rematou fora cando o máis fácil era marcar. Reclamouse pena máxima por falta a Xuko pero o arbitro non o considerou así. Á saída dun córner Jorge Calvete adiantou ós locais. Foi expulsado Rubén Rial por parte visitante antes do descanso. O Coristanco, cun home menos, atacou buscando o empate. Un derribo de Lagoa a Zinho foi sinalado como penalti, que Juan Antelo anotou. Xuko disparou dende fora da area detendo Brais. Un córner lanzado polo propio Xuko meteuno Brais na súa porta, sendo o 2-1. Zinho puido sentenciar pero detivo Diego en espectacular parada, e o coristanco tentou o empate que non atopou nos intres finais. S.C.D. MALPICA 3 - CAMARIÑAS F.C. 2 MALPICA: Anxo, Mante, Omar, Dimitri, Juan Fuentes, Santi, Jordan, Gonzalo Vilariño, Ures, Dani Casal e Hugo. Tamén xogaron Fabio, Andy e Diego. CAMARIÑAS: Martín, Djibi, Rodrigo, Maikol, Moriño, Joseba, David, Brandon, Mickael, Nico e Maikel. Tamén xogaron Adrian e Dani. GOLES: 1-0 3´Ures   1-1 16´Rodrigo   1-2 31´Nico   2-2 75´Nico en pp   3-2 77´Mante Vaia partido de infarto en Malpica, na loita por evitar o descenso. O Malpica saíu moi forte e anotou pronto por medio do xoven Ures. Pero en dous erros malpicáns a balón parado o Camariñas adiantouse no marcador por medio de Rodrigo e Nico. Así se chegou ó descanso. O Malpica empurrou no segundo tempo buscando a remontada e atopouna mediado este acto. Nico, que marcara o segundo gol do Camariñas tivo a mala sorte de igualar en propia porta, e Manteca foi o que anotou o tanto decisivo. O Camariñas tivo unha clarísima ocasión co tempo case cumplido pero o marcador non se movería.  

Comentarios