2ª Galicia: o Baíñas ponse en posto de promoción

12:06 26/02/18
BUÑO S.D. 2 - MAZARICOS C.F. 2
BUÑO: Brais, Miguel, Manuel, Moscoso, Posiño, Jorge Calvete, Zinho, Fran, Richard, Anxo e Juan Antelo. Tamén xogaron Alexander, Emilio, Petis, Eloy e Pereira.
MAZARICOS: Toni, Danis, Manuel, Amoedo, David, Ricardo, Manuel Luis, Estéfano, Barbeira, Pereiro e Iago. Tamén xogaron Molinos, Orlando, Carreira, Roberto e Martín.
GOLES: 0-1 54´Barbeira 1-1 67´Alexandre 1-2 80´Estéfano 2-2 89´Adrián Rama
Partido moi intenso en Xaviña nun segundo tempo de goles e alternativas. O 1º tempo foi de tanteo, con poucas ocasións, unha de David para os visitantes e outra de Miguel Dourado para os locais. A pouco do descanso Brais fixo unha gran parada a remate de Barbeira na mellor opción deste período. O 2º tempo foi de locos. Juan Antelo tivo unha boa ocasión no inicio, pero quen se adiantaría foi o Mazaricos por medio de Barbeira. As ocasións sucedéronse ata que un gran pase de Anxo non o desperdiciou Alexander para igualar. Barbeira puido anotar a pase de Amoedo, pero Brais, moi ben toda a tarde, detivo. Tras un posible penalti a Petis, anotou Estéfano o gol que parecía definitivo. Buscou a igualada Jorge Calvete cunha chilena pero atopouna Posiño cun disparo dende fora da area.
Fotos de Mery Villar
C.D. BAÍÑAS 3 - S.D. ESTEIRANA 0
BAÍÑAS: Víctor, Tantán, Roi Carril, Moreira, Oreiro, Hermida, Esteban, Mayor, Cristian, Pablo Muíño e Felipe. Tamén xogaron Javi Souto, Damián e Javi García.
ESTEIRANA: Rober, Simón, Eloy, Josiño Alves, Codesido, Jaime, David, Josiño Barreiro, Roberto Pladur, Adrián e Alex Rama. Tamén xogaron Campos, Sergio, Xián e Brais.
GOLES: 1-0 48´Mayor 2-0 67´Pablo Muiño 3-0 88´Eloy en pp
Expulsado Josiño Alves 74´
Levouse o partidazo da xornada o Baíñas, ante unha Esteirana que non tivo o seu mellor día en ambas areas. Perdoou no primeiro tempo, e no segundo o Baíñas estivo moi acertado cara a gol. Mayor, a incorporación invernal do Baíñas que tanto rendemento está a dar, anotou o primeiro gol de falta nada máis vir do descanso. Pablo Muíño, fiel á súa cita co gol anotou o segundo e contra o final puxo o resultado definitivo un gol en propia meta de Eloy.
CORME C.F. 1 - U.D. MONTE LOURO 1
CORME: Susiño, Dani Cousillas, Pandi, Eloy, Javi Peón, Diego, Sueiro, Doldán, Manu Bermúdez, Samu Costa e Toniño. Tamén xogaron Alejandro e Isaac
MONTE LOURO: Fer, Abel, Pablo, Manolo Chouza, Pedro, Adrián, David, Raúl, Geiko, Juan de Celia e Miguel. Tamén xogaron César, Gelo, Juanma e Cristian.
GOLES: 1-0 15´Pablo en pp 1-1 75´Manolo Chouza
Gran partido do Louro en Corme, onde o equipo local, coas baixas das súas figuras Lucas e Alejo non foi quen de levarse os puntos e descólgase das plazas de ascenso e promoción. Anotou pronto o Corme, nun man a man de Samu Costa que rexeitou Fer, o balón chega a Toniño que remata de cabeza e Pablo ó intentar despexar introduceo na súa porta. Botouse arriba o Louro e Geico e Juan de Celia tiveron ocasións para igualar, pero sobre todo Pedro, que rematou un córner alto cando parecía máis fácil marcar. No 2º tempo seguiu a presión do Louro, que a base de roubar balóns en zonas perigosas creou moito perigo ó Corme. Pero a ocasión máis clara foi dos locais, un penalti que Toniño fallou. E acto seguido, unha falta lonxana que lanza Chouza e ninguén toca significou o empate definitivo.
OUTES C.F. 0 - MUXÍA C.F. 5
OUTES:Antón, Cutu, Maroñas, Pose, Ramón, Simón, Quin, Alvaro, Cristian, Jura e Mario. Tamén xogaron Yago Dosil, Joel, Babu e David.
MUXÍA: Angel Luis, Iván, Conguito, Pereira, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Martín, Michael, Isma e Mauro. Tamén xogaron Toja, Lagoa e Denis.
GOLES: 0-1 15´Adrián Alcaina 0-2 18´Víctor Alcaina 0-3 23´Adrián Alcaina 0-4 37´Adrián Alcaina 0-5 67´Isma
Expulsado Ángel Luis 79´
Foi un rodillo o Muxía no 1º tempo do Cunchido, onde realizou un gran fútbol e anotou 4 tantos para deixar sentenciado o encontro. Os irmáns Alcaina estiveron moi acertados cara a gol. O conxunto local igualou algo as forzas no 2º acto, pero pouco había que facer ante a superioridade visitante, que aínda anotaron un novo tanto nun disparo cruzado de Isma.
PUENTECESO S.D. 1 - S.D. CORISTANCO 1
PUENTECESO: Xurxo, Rubén Sotelo, Eloy Trigo, Matías, Dani Cotelo, Cristian, Ismail, Luca, Iván, Juanma e Eloy Álvarez. Tamén xogaron Recarey, Adrián Pose e Raúl.
CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel, Mato, Cristian, Lagoa, Pazos, Javi, Rial, Corral, Cebey e Botana. Tamén xogaron Figueiras e Samu Vázquez.
GOLES: 1-0 8´Matías de pti 1-1 88´Pazos
Igualou o Coristanco sobre a bocina un encontro que se lle puxo moi costa arriba ós 8 minutos cun penalti moi discutido polos visitantes. Despois do gol os de Ponteceso dominaron o encontro ante un descentrado Coristanco, pero despois da media hora os visitantes empezaron a crear perigo. Lagoa mandou unha falta ó pao. No 2º tempo puido sentenciar o Ponteceso nunha cesión comprometida da defensa visitante a Diego Mallo, pero co tempo case cumplido un disparo lonxano de Pazos doulle un xusto empate ós verdes.
Imaxes do Ponteceso-Coristanco-Fotos-Mery Villar
U.C.CEE 1 - U.D. CERQUEDA 0
CEE: Parroto, Martín, Jorge, Nico, Bermúdez, Aitor, Adrián Canosa, Esteban, Leo, Juan Bello e Charly. Tamén xogaron Antonio Canosa e Penedo.
CERQUEDA: Richard, Dani, Atu, Javi Souto, Pazos, Martín, Iván Mato, Marcos Pensado, Uru, Michele David Dourado. Tamén xogaron Méndez, Gonzalo, Bastón e Fernando.
GOL: 1-0 46´Leo
Unha vez máis hai que contar que o Cee ganou con gol de Leo, e van... O dianteiro doulle uns puntos vitáis ó Cee nun encontro no que os locais foron máis conscientes das súas necesidades clasificatorias que o Cerqueda, tiveron ocasións claras para levarse o encontro, incluido un balón ó pao, e foron xustos vencedores.
SP. ZAS 2 - CAMARIÑAS F.C. 1
O Sp. Zas dedicoulle a vitoria ó seu ex porteiro
SP. ZAS: Maikel, Isma, Víctor Vecino, Josito, Diego, Manu fuentes, Bruno, Pablo Fuentes, Brais, Dani Mato e Rubio. Tamén xogaron Fabián, Alex e Andrés.
CAMARIÑAS: Martín, Soule, Rodri, Moriño, David Pasantes, Javi Antelo, Mickael, Dani Costa, Nico, Djibi e Maikel. Tamén xogaron Brais Alonso e Adrián Bardanca.
GOLES: 1-0 7´Dani Mato 1-1 18´Soule 2-1 66´Dani Mato
Vitoria do Zas dedicada ó seu ex porteiro Bugy. O equipo de Corredoira foi superior pero costoulle moito doblegar a un combativo Camariñas. Adiantáronse pronto os locais con tanto de Dani Mato, pero igualou pronto Soule para os visitantes. O encontro ía máis polo camiño da loita e pelexa que polo do fútbol de calidade, e tivo que ser o capitán local, Rubio, o que pelexara un balón imposible e lle dera o gol en bandexa a Dani Mato, para lograr un triunfo que acerca ó Zas á permanencia.
LIRA C.F. 3 - S.C.D. MALPICA 2
LIRA: Peipo, David, Maceiras, Pedro, Eloy, Coté, Chema, Kike Paluca, Oliver, Bruno e Toni. Tamén xogaron Adrián e Raúl.
MALPICA: Anxo, Jordan, Omar, Dimitri, Juan Fuentes, Mante, Ures, Santi, Vituco, Dani Casal e Rubén. Tamén xogaron Fabio, Pablo Souto, Lamas e Andy.
GOLES: 1-0 5´Chema 2-0 18´Chema 3-0 21´Bruno 3-1 24´Ures 3-2 89´Dimitri
Expulsado Juan Fuentes 76´
Unha gran media hora do Lira deixou visto para sentencia un encontro que se presumía igualado, pero que o Malpica non soubo iniciar con acerto e pagouno caro. Dous tantos de Chema e outro de Bruno antes dos 20 minutos puxeron ó Lira en clara vantaxe. Recortou Ures antes do descanso pero a pesar que o Malpica, que se presentou con varias baixas en Lombáns, o intentou, non foi quen de remonta, aínda que Dimitri maquillou o resultado antes do final.










