![Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com]()
Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com
MAZARICOS C.F. 2 - S.D. CORISTANCO 2
MAZARICOS: Angel, Manuel, David, Ricardo, Manuel Luis, Estéfano, Oreiro, Barbeira, Pereiro, Martín e Cacho. Tamén xogaron Danis, Carreira e Orlando.
CORISTANCO: Diego, Miguel, Mato, Cristian, Lagoa, Pazos, Samuel, Corral, Cebey, Botana e Figueiras. Tamén xogaron Javi, Damián, Héctor e Braian.
GOLES: 0-1 19´Cristian 1-1 46´Cacho 2-1 54´Martín 2-2 70´Javi
Encontro triste na Peña do Ouro, que deixou a ambos equipos sen obxectivos a pesar da igualada e despois dun disputado e emocionante encontro. Adiantouse o Coristanco, que tiña que vencer para buscar a salvación, por medio de Cristian. Igualou Cacho e Martín facía o segundo que lle daba a plaza de promoción ó Mazaricos. Pero o gol de Javi Bermúdez daba opcións de vitoria ó Coristanco, vitoria que non chegou e deixou ós da Rocheira en 3ª e ó Mazaricos sen promoción.
BUÑO S.D. 1 - U.C. CEE 1
BUÑO: Brais, David Alvarez, Manoliño, Pablo, Posiño, Jorge Calvete, Fran, David, Richard, Anxo e Zinho. Tamén xogaron Eloy, Emilio e Juan Antelo.
CEE: P
arroto, Nico, Martin, Aitor, Bermúdez, Carlos Leis, Canosa, Esteban, Leo, Charly e Patera. Tamén xogaron Penedo, Jon e Carlos.
GOLES: 1-0 20´Zinho 1-1 90´Nico
Igualada en Xaviña nun tenso partido que deixa ó Buño virtualmente salvado e ó Cee á espera dos arrastres. Tras un inicio de imprecisións, un bo disparo de Zinho significou o primeiro tanto do partido. O Cee buscou a igualada pero Brais detivo un man a man con Martín. Un cabezazo de Penedo sacouno David baixo paos. No segundo tempo o Buño buscou descaradamente a contra ante un Cee dominador. Os visitantes tiveron opcións nun autodespexe de Manoliño ó longueiro e un disparo de Penedo ó lateral da rede. O Buño puido sentenciar en duas contras de Zinho pero no desconto un remate de Nico nunha falta lateral doulle o empate ó Cee e posiblemente a salvación.
CAMARIÑAS C.F. 2 - MUXIA C.F. 1
CAMARIÑAS: Martín, Nico, Mickael, Maikel, Soule, Maikol, Dani Costa, Brandon, Rodrigo, Moriño e Saviola. Tamén xogaron Djibi, Pablo, Joseba e Brais Alonso.
MUXÍA: Hugo, Iván, Denis, Conguito, Pereira, Toja, Víctor, Julián, Mario, Martín e Lagoa. Tamén xogaron Michael, Tomás, Isma e Manu Nogueira.
GOLES: 1-0 6´Moriño 1-1 32´Toja 2-1 78´Djibi
![]()
Un histórico como o Camariñas foise a 3ª, a pesar da vitoria no derbi ante un Muxía que estaba máis pensando na copa que outra cousa. O Camariñas adiantouse por medio dun clásico, Moriño, e igualou Toja para os de Adrián Lema. A insistencia do Camariñas, buscando unha vitoria que lle dera a salvación, touxo o gol e Djibi, que dou tres puntos infructuosos totalmente.
LIRA C.F. 1 - CORME C.F. 4
LIRA: Raúl, Eloy, Chema, Cristian, Miguel, Coté, Bruno, Kike, Isma, Oliver e Toni. Tamén xogaron David e Angel.
CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas, Pandi, Sueiro, Brais, Javi Peón, Manu Bermúdez, Alejo, toniño e Alejandro. Tamén xogaron Samu Costa, Isaac e Angel.
GOLES: 0-1 9´Manu Bermúdez 0-2 23´Sueiro 1-2 42´Toni 1-3 52´Toniño 1-4 63´Pandi de pti
Foi o Corme o que se quedou coa plaza de promoción en detrimento do Mazaricos. Os cormeláns aproveitaron o pinchazo dos amarelos e cunha contundente vitoria en Lombáns certificou a plaza de promoción. O Lira aguantou ata o 1-3 pero co gol de penalti de Pandi o encontro esmoreceu.
S.D. ESTEIRANA 3 - U.D. MONTE LOURO 1
ESTEIRANA: Roberto, Simón, Dani Rama, Josiño Alves, Estévez, Alex Rama, Jaime, Rober Pladur, Brais, Manu Tobío e Adrián. Tamén xogaron Eloy, Cristian, Alexandro, Josiño Barreiro e Campos.
MONTE LOURO: Iago, Abel, Pablo, César, Pedro, Dani Corniños, David, Dani de Sahorta, Geiko, Juan de Celia e Riki. Tamén xogaron Manolo Chouza, Gabri, Cristian e José.
GOLES: 0-1 6´Geiko 1-1 20´Simón 2-1 21´Adrián 3-1 89´Rober Pladur
Tarde de festa en Esteiro no derbi contra o Louro, no que os visitantes se adiantaron por medio de Geiko. Igualou a Esteirana á saída dun córner e no seguinte minuto os locais facían o segundo tanto. Os de Louro non foron quen de reaccionar, e xa co tempo cumplido Pladur anotaba o último tanto dunha liga gloriosa para a Esteirana.
C.D. BAÍÑAS 2 - OUTES C.F. 3
BAÍÑAS: Víctor, Roi Carril, Moreira, Oreiro, Hermida, Cachi, Jesús, Mayor, Canosa, Canay e Pablo Muíño. Tamén xogaron Felipe, Javi Souto, Tantán, Damián e Esteban.
OUTES: Xandre, Joel, Cutu, Pose, Ramón, Lucas, Martín, Quin, Babu, Jura e Mario. Tamén xogaron Yago Dosil, Simón e Bruno.
GOLES: 1-0 2´Pablo Muíño 1-1 29´Quin 2-1 30´Pablo Muíño 2-2 54´Pose de pti 2-3 90´Bruno
O Outes escapou do descenso directo e queda á espera do que pase cos arrastres. O encontro empezou mal para os da Serra, co gol inicial de Pablo Muíño. Nun disparo de Babu que rexeitou o longueiro Quin igualou á media hora. Pero na seguinte xogada de novo Pablo Muíño nun erro do porteiro visitante empurrou a porta baleira. No segundo tempo coa entrada de Yago Dosil o Outes foise arriba, igualou de penalti e na última xogada Bruno de cabeza doulle a vitoria, unha vitoria que terán que esperar para ver se vale unha permanencia.
S.C.D. MALPICA 2 - U.D. CERQUEDA 1
MALPICA: Nacho, Juan Fuentes, Mante, Dimitri, Santi, Capelán, Jordan, Eiroa, Ures, Dani Casal e Omar. Tamén xogaron Andy, Lamas e Anxo.
CERQUEDA: Diego Dourado, Dani, Atu, Javi Souto, Pazos, Eloy, Manu Guillamet, Marcos Pensado, Julián, Martín e Michel. Tamén xogaron David Dourado e Méndez.
GOLES: 0-1 31´Pazos 1-1 42´Jordan 2-1 77´Ures
No derbi malpicán que cerraba a liga o Malpica levouse o triunfo tras remontar ó Cerqueda o gol inicial de Javi Pazos. Igualou Jordan nun remate de cabeza entes do descanso, e no segundo tempo un disparo ó pao de Dani Casal, recolleuno Ures para transformar o tanto da vitoria local.
SPORTING ZAS 1 - PUENTECESO S.D. 2
SP. ZAS: Tívoli, Andrés, Víctor Vecino, Alex, Fabián, Manu Fuentes, Bruno, Rubio, Diego, Josito e Rubén. Tamén xogaron Dani Mato e Pedro.
PUENTECESO: Xurxo, Martín Puente, Dani Cotelo, Matías, Eloy Trigo, Recarey, Cristian, Iago, Ismail, Eloy Alvarez e Adrián Pose. Tamén xogaron Juanma, Mendieta e Yago Duarte.
GOLES: 0-1 28´Cristian 1-1 53´Manu Fuentes 1-2 89´Eloy Alvarez
![]()
Partido sen transcendencia o adiantado ó sábado en San Andrés. O primeiro tempo foi de dominio visitante que tiveron ocasións por medio de Matías e Recarey, e que se adiantaron á media hora cun tanto de Cristian. O segundo tempo foi diferente, o Zas dou un paso adiante, e despois de mandar un balón ó pao, Manu Fuentes igualou o encontro. Na recta final, despois dun gol anulado ós visitantes, Eloy Alvarez anotou o tanto da vitoria do Ponteceso no tempo de desconto.