2ª Galicia: O Corme asalta o liderato nun choque de emoción ata o final
          
    12:14 10/12/18 
            
 Moi tenso o choque no Cairo entre Corme e Mazaricos-Foto-Fin Lema
Goles, remontada, tanganas, expulsións, penaltis decisivos… Tivo de todo o choque do Cairo no que o Corme arrebatou o liderato ao Mazaricos. Un Mazaricos que saíu moi descontento coa arbitraxe despois de facer un moi bo partido, pero sucumbíu nun treito final no que o Corme decidiu a base de calidade. Xusto ou inxusto, a clasificación queda co Corme cun punto por diante do Ponteceso e dous sobre o Mazaricos, e ambos conxuntos pecharán a primeira volta no Pino do Val a vindeira fin de semana.
Polo demais, o Muxía non pasaba do empate sen goles na casa ante un Malpica que soubo sufrir cun home menos, e xa o alcanza un Volantes espectacular, que sumou a súa 5ª vitoria consecutiva. O Baíñas deixou escapar unha boa ocasión para subirse de novo ao carro, deixándose empatar no treito final ante o San Lorenzo.
Por abaixo, importante vitoria do Muros ante o Ameixenda, que segue pechacancelas, e gran punto sumado polo Buño en Agra da Filgueira cando o cadro loureán tiña a vitoria na man para case alcanzalo na táboa.
 
Muros - Ameixenda (4-2)
- Muros: Xandre, Berni, Juachy, Eloy, Ramón, Álvaro, Alex Siaba, Dani, Xavi, Yerai e Saúl. Tamén xogaron: Bruno, Javi Pelos, Xandre, Xaco e Matías.
 - Ameixenda: Bicho, Gabriel, Samu, Bruno, Saulo, Kamacho, Pikero, Juanfran, Susiño, Tomás, Javichu. Tamén xogou: Pablo Trillo.
 - Goles: 0-1, m.5: Pikero de vaselina; 1-1, m.6: Álex Siaba; 2-1, m.15; Dani; 2-2, m.64: Saulo de vaselina; 3-2, m.74; de penalti; 4-2, m.85: Xavi.
 
 11 do Ameixenda, con Bicho de porteiro, en Muros
Puntos importantes os que se xogaban en Muros, e así o entenderon os dous equipos, que chegaban fácilmente a área rival, pero tamén deixaban ocos na defensa. Un choque marcado polas baixas do cadro amarelo, que obrigaba a Bicho a colocarse baixo paus xa que nin Riolo nin Papi puideron estar no campo.
Así, aos tres minutos Susiño manda o longueiro un rexeite de Xandre, e na contra Bicho para o tiro dos dianteiros muradáns. Pronto se adiantou o Ameixenda, m.5, con un gol de vaselina de Pikero. Pero pouco durou a alegría xa que tan só un minuto despois empataba Siaba para o Muros. Non había tregua, e no intercambio de golpes o Muros tuvo mais acerto, xa que Dani dende o borde da área grande facía o 2-1 cando só ía un cuarto de hora. Parecía que se podía rachar o partido pero logo de 15 minutos de desconcerto o Ameixenda voltou a collerlle o pulso o encontro.
O segundo tempo foi máis igualado, e o Ameixenda volvía empatar o choque tras un erro de entendemento entre Xandre e a defensa local que Saulo aproveitou cunha fermosa vaselina. A entrada de Bruno foi clave, provocando un penalti e expulsión, e sendo unha dor de cabeza para a defensa ceense, que non tiña recambio. Os muradáns, conscientes de que van sufrir ata o remate da liga, tiraron de garra, ante un Ameixenda, cun home menos que non se daba por vencido. A expulsión de Bruno permitiu equilibrar a balanza e o Ameineda volcouse pero foi Xavi o que culminaba unha fermosa xogada combinada para sentenciar o choque.
 
Corme - Mazaricos (3-2)
 Convocatoria do Corme no Cairo-Foto-Fin Lema
- Corme: Suso, Eloy, Pandi, Brais Andrade (Javi Bermúdez, min.70), Sueiro, Manu Bermúdez (Brais Torrado, min.60), Toniño Jesús (Alejandro m.85),Lucas (Fabián m.90), Alejo e Adrián Doldán.
 
 11 do Mazaricos no Cairo-Foto-Fin Lema
- Mazaricos: Miguel, Mario, Cutu, Borja, Pose, Ricardo, Raúl, Estéfano, Barbeira, Piky e Yago. Tamén xogaron: J. Ángel, José, Oreiro, Chiki e Róber.
 - Goles: 0-1, min.5: Piki; 0-2, min.50: Barbeira tras petar nos dous paus; 1-2 min.65: Lucas marca un golazo de falta; 2-2 min.88: Alejo de volea; 3-2 min.92: Alejo de penalti.
 
 Lucas transforma unha falta fermosa no Corme-Mazaricos-Foto-Fin Lema
 
Muxía - Malpica (0-0)
- Muxía: Hugo, Tomás, Michael Vilela, Mikael, Gerardo (Mario), Pereira (Gora), Mauro, Isma, Adrián, Julián (Congui) e Manu Nogueira.
 - Malpica: Eusebio, Mante (Jorge, m.31), Brais Cean, Dimitri, Fuentes, Laik, Andy (Martin, m.65) Aitor, Massar, Vilariño e Dani Casal.
 
 Choque en Arlina
Partido intenso, típico esta temporada en Arliña, con moita seriedade atrás pero poucas ocasións. En todo caso, foi un dos peores choques do Muxía no curso, no que unca se sentiu cómodo e con falto de ideas en ataque
Así e todo os muxiáns tiveron un par de boas ocasións para romper a igualada, como unha na primeira metade e un longueiro co tempo cumplido da segunda, da man de Adrián.
O Malpica tirou de seriedade e conseguiu manter as embestidas finais do cadro local, despois de quedar con 10 no m.51 por expulsión de Laik.
 
Cerqueda - Lira (2-0)
- Cerqueda: Diego Dourado, Dani, Marcos Pensado, Atu, Manu Guillamet, Martín Añón, Michel, Méndez, Adrián Cives, Lorenzo e Dieguito. Tamén xogaron: Javi Pazos, Martín Castro, Julián, Sande e Bastón.
 - Lira: Babacar, Danis, Raúl, Óscar, Cartamil, Borja, Mamadou, Toni, Badara, Cristian e Oli. Tamén xogaron: Demetrio, Marcos, Manu e Javi. Non entrou Peipo.
 - Goles: 1-0, m.56: Dieguito; 2-0, m.67: Dieguito.
 
 Cerqueda-Lira-Foto-UD
Partido moi igualado o vivido en Xaviña, con dous equipos moi parellos, e un Lira que vai a máis. Na primeira metade tanto o cadro local como o liracho tiveron ocasións para adiantarse pero non estiveron acertados.
Saiu mellor o Lira que tivo unha ocasión clarísima para adiantarse, pero de contado, o acerto de Diegueito foi clave para sentenciar o partido. O Lira, cun home menos, seguiu dando a cara ata o final, pero sen ver porta.
A boa nova no cadro de Diego Lobelos foi o debut de Mamadou, que vai confirmando, por fin, o que pode ser o plantel para o resto da temporada.
 Cerqueda-Lira-Foto-UD
Cee - Volantes (0-3)
- Cee: Anxo, Jorgito, Pablo, Dani Freire, Estebo, Carlos Leis, Adrián Canosa, Martín, Bermúdez, Luís Lojo e Leo. Tamén: Brais, Maikel e Hugo.
 - Volantes: Javira, Jano, Santi, Juan (Tiko), Godo, Iván, Parde, Caju (Rapante), Rachón (Riki), Pesco e Berto (Yerai).
 - Goles: 0-1, min.25: Jano nu córner; 0-2, min.69: Pesco de fermosa falta; 0-3, min.85: Berto de penalti.
 
Montelouro - Buño (1-1)
- Montelouro: Fer, Abel, Pedro, Borja (Pesco, m.46), Pablo, Yeray, Dani Corniños (David, m.40), Sahorta (Gelo, m.90), Geiko (Adrián, m.75), Ivi, Rama (Miguel, m.65).
 - Buño: Brais, Miguel Dourado, Manuel, Adrián, David, Fran, Juan Antelo, Martín, Eloy, Lorenzo, Alexandre. Tamén xogaron: Rubén, Brandón, Emilio Calvo e David Dourado.
 - Goles: 1-0, m.27: un defensa malpicán en propia cando Geiko ía rematar a gol; 1-1, m.90: Fran.
 
 Foto-Edu Olveira
Partido igualado en Agra da Filgueira cun cadro local algo máis dominador no primeiro tempo. Adiantábanse os de Óscar Leis cun gol en propia dos visitantes, e o partido parecía encarrilado trala expulsión de Alexandre ao fío do descanso.
Seguíu dominando, cun home máis, o Montelouro, pero entre o meta Juan e a falta de acerto, non sentenciou. E na última xogada do partido, o Buño conseguía un puntiño nun córner, que sabe a ouro, vendo ademais como está a táboa, e deixando aínda ao cadro loureán a 4 puntos de diferencia.
 Foto-Edu Olveira
Ponteceso - Zas (2-0)
- Ponteceso: Brais, Ismail, Moscoso, Matias, Dani Cotelo (Adrián Pose min.78), Alberto Recarey, Mendieta (Nando min.57), Iago (Iván Rodríguez min.46), Luca, Puente (Aday min.67), Eloy Álvarez.
 - Zas: Penelas, Miguel (Raúl, m.71), Amado, Manu, Juan (Xabi, m.88), Juan Lois (Rubén, m.83), Pablo, Rubio, Dani, Fabián (Lody, m.58), Santi (Darío, m.85).
 - Goles: 1-0, m.23: Luca: 2-0, m.65: Iván Rodríguez.
 
Baíñas - San Lorenzo (2-2)
- Baíñas: Paulo, Rodri, Toño, Joser, Luis Alvite, Canosa, Oreiro, Piñeiro, Esteban, Pablo Muíño e Javi Souto. Tamén: Esteban, Canay, Jacobo, Felipe, e Capote.
 - San Lorenzo: Benja, Fidalgo, Rudi, Luciano, Dani Cotelo, Pazos, Fuentefría, Brais Cancela, Yago Varela e Styven. Tamén: Rubén, Juan, Ures, Junjo e Alberto.
 - Goles: 1-0, m.11: Oreiro; 1-1, m.26: Fuentefría; 2-1, m.55: Pablo Muíño; 2-2, m.68: Brais Cancela de penalti.