Martes. 30.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: o líder segue sólido, cede o Corme

2ª Galicia: o líder segue sólido, cede o Corme
MAZARICOS C.F. 2 - U.D. CERQUEDA 0 Foto de Mery Villar MAZARICOS: Toni, Danis, Manuel, Amoedo, David, Ricardo, Manuel Luis, Estéfano, Oreiro, Barbeira e Pereiro. Tamén xogaron Orlando, Carreira e Molinos. CERQUEDA: Diego Dourado, Bastón, Dani, Atu, Javi Souto, Javi Pazos, Manu Guillamet, Iván Mato, Cholo, Martín e Michel. Tamén xogaron Marcos Pensado, Eloy, Julián e David Dourado. GOLES: 1-0 66´Manuel   2-0 86´Manuel Luis O Mazaricos non cede e impúxose nun partido de moita brega ó Cerqueda, un conxunto visitante que viña nunha moi boa liña de xogo e resultados. O campo non estaba nas mellores condicións, moi blando, e o Mazaricos foi superior, moi ben adaptado ó terreo de xogo. Raúl Periscal volvía á que foi a súa casa, pero non tiveron os seus homes o mellor día. No primeiro tempo moito balón parado, e dúas ocasións para os locais, pero sen éxito. Mediado o segundo tempo, o primeiro gol, nun balón na frontal que engancha Manuel Sueiro ás mallas. O Cerqueda tivo unha opción nun balón que sacou Amoedo baixo paos, pero o segundo gol acabou coas esperanzas dos visitantes de puntuar. Foto de Mery Villar U.D. MONTE LOURO 3 - U.C. CEE 2 MONTE LOURO: Fer, Miguel, Abel, Chouza, Pablo Vidal, Dani Corniños, Alex Siaba, Raúl, Geiko, Juan de Celia e Dani de Sahorta. Tamén xogaron Adrián, Gelo, David, Gabri e Juanma. CEE: Parroto, Nico, Jorge, Bermúdez, Aitor, Carlos Leis, Martín, Esteban, Charly, Juan Bello e Adrián Canosa. TAmén xogaron Leo, Borja e Castiñeira. GOLES: 1-0 38´Juan de Celia   2-0 56´Nico en pp   2-1 72´Leo de pti   3-1 82´Adrián   3-2 84´Leo Segue o Louro a ser a revelación da liga, vaia temporadón están a facer os de Oscar Leis, que onte venceron ó histórico Cee, vido a menos, e que ve perigar a súa plaza en 2ª, pois non da sacado puntos para saír da zona baixa. Onte adiantouse o Louro con gol da súa figura, Juan de Celia. Nico en pp, cando as cousas van mal todo están en contra, anotou o segundo local. A saída do veterano en mil guerras Leo doulle algo de impulso ó Cee. Anotou o dianteiro de penalti, pero Adrián, saíndo tamén dende o banco anotou o terceiro. O gol final de Leo serviu para un acoso infructuoso dun Cee en horas baixas. MUXÍA C.F. 2 - CORME C.F. 0 MUXÍA: Angel Luis, Iván Chans, Michael, Conguito, Pereira, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Martín, Lagoa, Isma e Mauro. Tamén xogaron Víctor Alcaina, Mario, Tomás e Toja. CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas, Sueiro, Diego, Doldán, Lucas, Toniño, Javi Peón, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén xogaron Eloy, Samu Costa, Brais e Angel. GOLES: 1-0 43´Adrián Alcaina de pti   2-0 56´Conguito Expulsado Alejo 88´ Dous equipos dos que mellor trato dan ó balón deron un bo espectáculo en Arliña. O Corme deixouse parte das súas aspiracións ó título ó caer derrotado por 2-0. Tras un primeiro tempo igualado a pouco do descanso adiantouse o Muxía cun penalti que transformou Adrián Alcaina. O Corme buscou o empate no inicio do segundo tempo, tivo un par de ocasións nas botas de Alejo, pero foi Conguito dun forte disparo dende fora da area o que anotou o segundo tanto para os locais. Seguiu atacando o Corme pero onte non tivo o seu día cara a gol, e o Muxía aguantou ben e puido anotar algún tanto máis á contra. S.D. CORISTANCO 0 - OUTES C.F. 0 CORISTANCO: Diego Mallo, Miguel, Mato, Lagoa, Pazos, Samuel, Jorge Lorenzo, Rial, Corral, Cebey e Botana. Tamén xogaron Samu Vázquez, Damián, Javi, Cristian e Figueiras. OUTES: Antón, Joel, Cutu, Maroñas, Pose, Simón, Babu, Quin, Cristian, Jura e Mario. Tamén xogaron Xandre, Ramón, Alvaro e David Brea. Expulsado Jorge Lorenzo 56´ Encontro dramático en Coristanco, con ambos equipos coa auga ó pescozo, de moita tensión e poucas ocasións. A un primeiro tempo igualado seguiulle un segundo con máis ocasións. Curiosamente despois da rigurosa expulsión de Jorge Lorenzo no minuto 57 foi o Coristanco o que tivo máis acoso sobre a meta rival, aínda que o Outes á contra tamén tivo as súas opcións. Ambos equipos se foron con mal sabor de boca pois de pouco lles serve o empate. CAMARIÑAS F.C. 0 - PUENTECESO S.D. 2 CAMARIÑAS: Martín, Rodrigo, Moriño, Brais, David Pasantes, Javi Antelo, Mickael, Dani Costa, Nico, Djibi e Maikel. Tamén xogaron Adrián Bardanca e Diego. PUENTECESO: Damián, Martín Puente, Dani Cotelo, Matías, Eloy Trigo, Iván, Dieguito, Luca, Rubén Sotelo, Ismail e Eloy Alvarez. Tamén xogaron Juanma, Iago e Raúl GOLES: 0-1 33´Iván    0-2 85´Dieguito Levouse o Puenteceso un encontro disputado, no que Damián parou ó Camariñas nos primeiros instantes, e nun centro de Eloy, Iván Rodríguez mandou o balón ás mallas nun auténtico golazo. No segundo tempo dominou o Puenteceso, aínda que o Camariñas intentouno pero sen claridade arriba. Dieguito anotou a sentencia a pouco do final. S.D. ESTEIRANA 3 - SP. ZAS 1 ESTEIRANA: Roberto, Kevin, Dani Rama, Alex, Adrián, Rober Pladur, Pablo Rama, Codesido, David, Jaime e Eloy. Tamén xogaron Campos, Xián, Estévez e Brais. SP.ZAS: Maikel, Víctor Vecino, Josito, David Blanco, Rubio, Dani Mato, Brais, Bruno, Fabián, Alex e Manu Fuentes. Tamén xogou Andrés. GOLES: 1-0 17´Alex Rama   1-1 58´David Blanco   2-1 78´Eloy   3-1 84´Rober Pladur Importante triunfo da Esteirana ante o Zas, nun encontro no que os locais estiveron moi acertados cara a gol. Ó cuarto de hora adiantouse Alex Rama tras varios rexeites. O Zas adiantou liñas pero topouse co meta Rober que estivo moi seguro. Unha boa xogada de Dani Mato doulle o tanto do empate a David Blanco. Tivo o Zas dúas claras ocasión en disparos de Víctor Vecino e Rubio ó pao, pero foi á saída dun córner onde Eloy anotou para a Esteirana. Un disparo lonxano de Pladur foi a sentencia do partido, despois de que Dani Mato marrara unha nova opción de gol. S.C.D. MALPICA 1 - C.D. BAÍÑAS 3 MALPICA: Anxo, Jordan, Omar, Dimitri, Juan Fuentes, Santi, Ures, Gonzalo Vilariño, Vituco, Dani Casal e Rubén. Tamén xogaron Fabio e Pablo Souto. BAÍÑAS: Víctor, Héctor, Damián, Moreira, Esteban, Mayor, Cristian, Javi Souto, Pablo Muíño, Felipe e Hermida. Tamén xogou Oreiro. GOLES: 0-1 60´Mayor   0-2 73´Javi Souto   1-2 88´Vituco   1-3 89´Pablo Muíño O Baíñas está a crecer moito como candidato á praza de promoción, e quen sabe se algo máis. Onte foi moi solvente en Malpica, cun Mayor como amo do centro do campo, e con Javi e Pablo Muíño de estiletes en ataque. Tardaron en adiantarse, pero cando o fixeron leváronse o encontro con facilidade. Anotou Mayor e pouco despois Javi Souto. Vituco reduciu distancias a pouco do final pero despois Pablo Muíño sentenciou no desconto. BUÑO S.D. 3 - LIRA C.F. 1 BUÑO: Brais, Miguel, Manuel, Moscoso, David Alvarez, Jorge Calvete, Fran, Emilio, Richard, Anxo e Juan Antelo. Tamén xogaron Eloy, Alexander, Gurita e Pereira.  LIRA: Peipo, Ramón, Eloy, Jano, Chema, Miguel, Lamela, Oliver, Bruno, Adrián e Toni. Tamén xogou Cote. GOLES: 1-0 3´Juan Antelo   2-0 13´Juan Antelo   2-1 70´Coté   3-1 84´Gurita Gran partido do Buño despois da Mikaela, no que sacou tres puntos vitais. Notouse o debut de Anxo e Gurita. Pronto Juan Antelo adiantou ós locais con dous tantos, o primeiro tras un saque de banda e o segundo nun man a man tras pase de Richard. Estirouse o Lira cun Bruno moi activo. Unha xogada do fisterrán case a anota Toni, pero Brais estivo moi fino detendo o balón. O Lira dominou e levou perigo a balón parado no segundo tempo. O encontro estivo parado pola lesión do visitante Isma. Reduciu distancias Cote, e Jano, Bruno e Toni tiveron o empate. Pero nunha boa contra un pase de Richard a Gurita serviu para anotar o terceiro e sentenciar o encontro.

Comentarios