Xoves. 28.03.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Mazaricos voltea a táboa

2ª Galicia: O Mazaricos voltea a táboa
Crónica patrocinada por Bazarra, que xa leva 50 anos contigo Apenas unha semana despois de perder o liderato no Cairo, o Mazaricos recupera o mando da clasificación ao vencer ao Ponteceso, outro dos rivais directos polo ascenso, aproveitando ademais o tropezo do Corme en Malpica. Pode detrás nin Volantes nin Baíñas aproveitaron o tropezo do Muxía en Verdillo, ao firmar un empate que non lles vale para unirse definitivamente ao vagón de cabeza. Choques importantes tamén na zona baixa. As vitorias de San Lorenzo e Malpica danlle un pulso de tranquilidade, ao igual que a vitoria do Zas ante un Muros que mellor tería quedado na casa. Ademais, o medo a perder deixou dous empates entre Cee e Buño e Montelouro e Lira que non lles valen para case nada.  

Montelouro - Lira (0-0)

  • Montelouro: Fer, Abel, David, Pablo, Borja, Yeray, Adrián, Sahorta (Dani Corniños) (Gelo), Geiko, Ivi, Rama (Pesco).
  • Lira: Babacar, Badara, Marcos, Óscar, Cartamil, Borja, Raúl, Mamadou, Manu, Javi e Toni. Tamén xogaron Gabi, Demetrio e Peipo.
Choque, disputado o sábado en Agra da Filgueira, moi igualado no que ningún equipo (ambos con moitas baixas) se impuxo no marcador nin no xogo. Ambos tiveron varias ocasións, pero os porteiros e as defensas estiveron moi acertados. Empezou o partido cunha ocasión para o Lira cun tiro de Toni. Pouco despois unha indecisión entre un defensa e o porteiro do Lira fixo que o balón se pasease por diante da raia de gol. Uns minutos despois Rama finalizaria en gol unha boa xogada pero o árbitro pitou fóra de xogo ante as protestas locais. O Lira levou peligro con Toni pero sen ocasións demasiado claras. Na segunda parte as mellores ocasións foron para os locais, pero nin Pesco nin Geiko estiveron acertados. O partido volveuse de ida e volta nos últimos minutos xa que ningún dos equipos dispuxo de moitos efectivos para cambios e o cansancio polo estado do camoo pasou factura. O Lira reclamou un penalti e Toni foi o seu xogador máis perigoso, pero o resultado ao final non se movería.  

Ameixenda - Cerqueda (0-3)

  • Ameixenda: Óscar Riolo, Samu Carballo, Samu Lagoa, Pikero, Gabriel, Juanfran, Susiño, Pablo Trillo, Romás, Javichu e Cristian. Tamén: Kamacho, David, Deme e Alex Trillo.
  • Cerqueda: Diego Dourado, Atu, Javi Souto, Fran, Manu Guillamet, Martín Añón, Julián, Dani, Martín Castro, Lorenzo e Dieguito. Tamén: Bastón, Marcos Pensado, Méndez, Adrián Cives e Miguel.
  • Goles: 0-1, m.48: Dieguito; 0-2, m.88: Bastón; 0-3, m.91: Bastón.
11 do Ameixenda SD 11 do Ameixenda SD Agradable reencontro do Ameixenda co Raúl Periscal, do que a parroquia ceesa garda un bo recordo, a pesar da súa corta estadía de 4 meses no club amarelo. Precisamente os de Periscal levaron a iniciativa, intentando profundizar dende o comezo, sobre todo polo lado dereito, e meter centros que, ou ben paraba Riolo ou eran rematados fóra. O Ameixenda trataba de defender ordenadamente e poder recuperar o balón para saír á contra, pero tampouco era quen de aproveitar eses roubos xa que se mostraban imprecisos no momento do pase. Así, con poucas ocasións de gol terminou a primera parte. Na segunda repetíuse unha circunstancia que está a complicarlle moito os partidos o Ameixenda, que é recibir un gol nos primeiros minutos. Desta vez foi os tres minutos ds reanudación (m.48), cando Dieguito aproveita un rexeite de Riolo para marcar o 0-1. Pouco a pouco o Cerqueda impuso a súa superioridade física pero, ao igual que na primeira parte, tampouco dispuso de grandes oportunidades de gol. O choque, que podería ter sido de claro 0-0, ía esmorecendo ata que nos minutos finais, xa co Ameixenda con 10 pola expulsión de Pikero, o Cerqueda ampliou a vantaxe.  

Mazaricos - Ponteceso (2-1)

Mazaricos de novo lider O Mazaricos, de novo líder
  • Mazaricos: Miguel, Róber (Roberto Amoedo), Cutu, Pose, Borja (Alberto), Ricardo (J. Ángel), Pereiro, Chiki (Martín), Mario, Piky e Yago (Jose).
Ponteceso en Mazaricos 11 Ponteceso en Mazaricos
  • Ponteceso: Brais, Ismail, Eloy Trigo, Moscoso, Matías, Dani Cotelo, Luca (Nando, m.53), Alberto Recarey, Mendieta, Iván Rodríguez (Iago, m.65), Puente (Eloy Álvarez, m.78).
  • Goles: 1-0, m.31: en propia meta tras rexeite do porteiro a un tiro de Piky; 1-1, m.49: Puente anota un golazo de falta; 2-1, m.73: Piky marca outro golazo.
Partido bonito, moi igualado, e limpo, deses dos que demostran o poder da Liga da Costa, e que se decidía en xogadas claves. O Ponteceso levaba o peso do partido, pero pronto o Mazaricos, que se atopaba cómodo esperando atrás e sacando contras tras roubos en campo contrario, enviaba un balón ao pau por medio de Mario, que está espectacular. Moita intensidade metían os amarelos para contrarrestar o xogo de toque dos pontecesáns. Pronto os de Mato ían chegando e Puente e Recarey avisaban dende fóra da área, pero era o cadro local o que se adiantaba cun tanto en propia meta de Ismail, que non podía evitar que o despexe de Brais a un tiro de Piky pegase nel e entrase. O Ponteceso non se descompuña e Recarey e Iván volvían facer lucirse a Miguel. Saíu forte, e decidido a empatar o Ponteceso, facendo uns 15 primeiros minutos de auténtico “xogo bonito”. con varias ocasións que desbarataría Miguel, sobre todo a unha de Mendieta, xa despois do fermoso gol de falta que asinaba Puente nada máis saír dos vestarios. O Mazaricos foise recompoñendo e nunha xogada noutro rexeite de Brais e balón morto no frontal da área chegaría Piky marcando por riba da defensa e que lle daría tempo de tocar Brais pero non de salvar o gol. A partir do gol o Ponteceso volcouse de novo, tendo varias ocasións para lograr un empate que nunca chegou e que lle dá a volta de novo á clasificación.  

Malpica - Corme (3-0)

Malpica-Corme-Foto-Fin Lema Malpica-Corme-Foto-Fin Lema
  • Malpica: Lamas, David Villar, Brais Ceán, Jorge, Fuentes, Jairo, Andy, Aitor, Brais Lado, Vilariño e Dani Casal. Tamén: Marcos, Eusebio, Jose, Dimitri e Massar.
  • Corme: Illote, Pandi, Eloy VIllar, Alejandro, Fabián, Brais Torrrado, Josiño, Adrián Doldán, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén: Suso, Lucas, Brais, Anxo, Javi Bermúdez.
  • Goles: 1-0, m.44: Dani Casal de fermosa falta directa; 2-0, m.78: Brais Lado; 3-0, m.95: Dani Casal.
Adrian Doldan no Malpica-Corme-Foto-Fin Lema copia Adrián Doldán no Malpica-Corme-Foto-Fin Lema copia Partido sen sobresaltos durante a primeira metade, con dous equipos moi serios, sen fisuras e sen corresr riscos, ata que nunha innecesaria falta no borde da área, permitía que Dani Casal demostrase a calidade cunha maxistral execución para abrir o marcador. O Corme, que chegaba con moitas e notorias baixas, quería pero non podía ante un serio Malpica, ben situado cun Gonzalo Vilariño e a nova fichaxe Jairo que souneron frear os embistes dos visitantes. Na segunda metade, coa entrada de Lucas (non saltou de inicio por un golpe da semana pasada) o campo volcouse algo para o lado malpicán cun Corme que buscou intensamente o empate pero que enfronte tiña un Malpica que sabía moi ben como defender, e tivo ao porteiro Lamas (que sibstituiu ao habitual nas últimas xornadas, o veterano de 52 anos Eusebio) ao mellor do partido. Xa no treito final, unha cabalgada de Brais Lado e outro tanto de Dani Casal no desconto, permitiron ao Malpica conseguir unha importante vitoria (cun resultado algo abultado, iso si) romper unha serie de 5 partidos sen gañar nada menos que ante o líder, e poder subir así ata a 9ª praza.  

San Lorenzo - Muxía (1-0)

  • San Lorenzo: Benjamín, Kuki (Álex Fernández), Pablo Díaz, Lucho, Juanjo, Mario, Styven, (Alberto) Iago Varela, Diego (Iván Cancela), Fuentefría (Álex Pereiro) e Brais.
  • Muxía: Hugo, Mikael, Brais, Gerardo (Congui), Pereira (Toja), Tomás, Isma (Mario), Adrián, Mauro (Julián), Manu e Gora.
  • Gol: 1-0, m.25: Brais Cancela aproveitando un erro da defensa.
San Lorenzo-Muxia en Verdillo Imaxe do choque en Verdillo Partido tremendamente pelexado en Verdillo, entre un serio San Lorenzo e un Muxía que fixo un gran partido, pero o San Lorenzo, a base de garra e aproveitando un erro defensivo muxián, levou o partido. O cadro local levou a iniciativa durante esa primeira metade pero na segunda os muxiáns viñéronse algo arriba, pero Benjamçin fixo un partido perfecto para manter a súa a porta a cero. O San Lorenzo tivo tamén un par de boas contras para sentenciar o partido pero a incertidume reinou ata o pitido final.  

Volantes - Baíñas (1-1)

  • Volantes: Javira, Juan do Sivil, Godo, Santi, Jano, Iván, Raúl, Pardelo, Rachón, Pesco, Berto. Tamén xogaron: Mou, Tiko, Rapante.
  • Baíñas: Paulo, Felipe (Canay), Naya, Ramón, Luís, Mayor, Toño, Esteban (Tebita), Canosa (Rodri), Pablo Muíño, Javi Souto.
  • Goles: 0-1 m.43: Luís marca un golazo de falta; 1-1, m.93: Jano.
Duelo do segundo vagón da táboa que fica nun empate que non lle vale a ningún dos dous para subir de todo ao primeiro. E foi un choque de poder a poder, moi igualado e disputado, con chegadas para ambos equipos que buscaban e buscaban a vitoria. Unha primeira parte sen apenas ocasions claras pero na que Luis dun autentico golazo de falta conseguiu adiantar o Baiñas no marcador. A nota negativa desta primeira parte foi a lesión de Canosa cun posible problema no peroné. Na segunda o Volantes veuse arriba en busca da igualada e non permitía ao Baíñas saír do seu campo, se ben intentaba sacar algunha contra. O poste repeliu un par de boas ocasións dos visitantes para empatar mentres Pablo Muíño tamén probaba a Javira na outra área. Houbo que esperar ata o desconto, co Volantes completamente volcado, para que chegase o xusto empate cun testarazo de Jano.  

Zas - Muros (5-1)

  • Zas: Pereiras, Juan (Lody, m.67), Josito, Brais (Brais, m.75), Amado (Álvaro, m.85), Fani, Manu, Santi (Rubén, m.80), Pablo (Carra, m.61), Rubio e Dani.
  • Muos: Xandre, Yerai, Juanchy (Gael, m.64), Javi Pelos (Xalo, m.20), Eloy, Berni, Alex Siaba, Bruno, Xavi, Saúl e Álvaro (Gabri, m.52).
  • Goles: 1-0, m.3: Santi a pase de Rubio; 2-0, m.6: Rubio a pase de Dani; 3-0, m.9: Santi a pase de Rubio; 4-0,m .50: Santi; 4-1, m.66: Álex Siaba: 5-1, m.83: Rubio a pase de Dani.
Zas-Muros en San Andres Zas-Muros en San Andres Choque de necesitados que solventou o Zas ante un mermado Muros que ademais perdía a Javi Pelos por unha grave lesión no ecuador do primeiro tempo. Comezaba o choque e o Zas solventaba practivamente en 10 minutos con Dani, Santi e Rubio facendo estragos na defensa muradá. Pouco a pouco o Muros vai igualando a contenda a base de orgullo, pero pouco puido facer para recortar o resultado. Domingo para esquecer para o Muros que ademais de Pelos suman ao parte de lesións a Juanchy e Gabri. A Lesion de Javi Pelos do Muros en Zas, a peor nova da semana

Buño - Cee (1-1)

  • Buño: Brais, David, Matías, Pablo, Manoliño, Fran, Alberto, Petís, Brandon, Rubén, e Juan. Tamén xogou: Borja.
  • Cee: Anxo, Fran, Jorgito, Pablo, Estebo, Carlos Leis, Álex López, Brais Figueroa, Martín, Bermúdez e Leo. Tamén: Brais Rey, Xandre, e Maikel.
  • Goles: 1-0, m.15: Fran; 1-1, m.30: Esteban.
Resultado xusto en Xaviña, con dous equipos moi mermados polas baixas, que se respectaron, non quixeron arriscar para non perder, e mantiveron un choque moi limpo (non houbo unha soa tarxeta). O Cee levaba a iniciativa cun Buño ben armado dende atrás, intentando facer dano nas contras e a balón parado. Non houbo moitas ocasións, se ben a máis clara chegou nunha internada do xuvenil ceense Brais que o xuvenil Álex López non chegou por pouco.  

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

 

Comentarios