2ª Galicia: os catro de arriba escápanse
11:20 08/10/18
MUXÍA C.F. 2 - U.D. MONTE LOURO 0
MUXÍA CF: Hugo, Gerardo, Michael, Brais Mouzo, Pereira, Toja, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Gora, Isma Pose e Mauro. Tamén xogaron Tomás, Conguito e Víctor Alcaina
UD MONTE LOURO: Fer, Pablo, Abel, Manolo Chouza, Borja, Adrián, Dani Corniños, Yeray, Geiko, Juan de Celia e Sambade. Tamén xogaron Ivi, Gelo, Samuel e Mingos
GOLES: 1-0 57´Mauro 2-0 90´Manu Nogueira
FOTO E.OLVEIRA
Nova vitoria do Muxía en Arliña ante un combativo Louro. No primeiro tempo ambos equipos respectáronse moito e o encontro non tivo n claro dominador. No segundo tempo o encontro rompiuse, e Mauro inaugurou o marcador aproveitando o rexeite de Fer a tiro de Manu Nogueira. Os visitantes buscaron o empate pero sin fortuna, e nunha contra de Isma Pose o seu centro marcao MAnu Nogueira, sentenciando un duro e competido encontro.
FOTO E.OLVEIRA
CORME C.F. 4 - C.D. BAÍÑAS 2
CORME CF: Illote, Jesús, Pandi, Fabián, Javi Peón, Eloy, Manu Bermúdez, Doldán, Alejo, Lucas e Samu Costa. Tamén xogaron Toniño, Brais Torrado, Brais Pombo e Cristian.
CD BAÍÑAS: Paulo, Rodri, Naya, Ramón, Hermida, Toño, Mayor, Pablo Muíño, Víctor, Felipe, Javi Souto. Tamén xogaron Canosa, Capote, Esteban e Oreiro
GOLES: 0-1 4´Naya 1-1 6´Alejo 1-2 17´Javi Souto 2-2 30´Alejo de penalti 3-2 66´Alejo 4-2 79´Lucas
Foi expulsado Pandi 17´
Partidazo no Cairo, máis propio das últimas xornadas que das primeiras. Inicio trepidante, con gol de Naya á saída dun córner e empate de Alejo tras xogada de Lucas. Javi Souto anotou o segundo e foi expulsado Pandi por protestar a xogada. Pero con 10 o Corme tirou de raza. Igualou Alejo de penalti antes do descanso. Novamente o matador cormelán aproveitou un rexeite de Paulo a falta de Lucas para anotar o terceiro ante o delirio da grada. O Baíñas volcouse pero Lucas de falta, nun auténtico golazo, sentenciou o encontro.
PUENTECESO S.D. 2 - U.C. CEE 0
PUENTECESO SD: Damián, Martín Puente, Dani Cotelo, Matías, Eloy Trigo, Charro, Iván Rodríguez, Juanma, Darío, Iago García e Aday. Tamén xogaron Ismail, Luca, Eloy Alvarez e Adrián Pose
U.C. CEE: Maikel, Jorge, Pablo, Berto, Aitor, Jaiolo, Brais, Iván Figueroa, Chema, Luis Lojo e Patera. Tamén xogaron Tomás, Alex e Leis.
GOLES: 1-0 60´Juanma 2-0 68´Iván Rodríguez
O Ponteceso segue cunha boa xeira que lle permite estar á fronte da clasificación, e venceu ó Cee nun disputado encontro. O Cee estivo moi ben no primeiro tempo, e os locais non se atoparon cómodos no campo. A xogada clave é un saque de banda de Juanma que Maikel introduce na súa porta. Iván anotou o segundo pouco despois dando tranquilidade ós locais. Saiu lesionado Chema, xogador do Cee, sendo trasladado en ambulancia ó PAC de Ponteceso.
C.D. MUROS 1 - BUÑO S.D. 2
CD MUROS: Xandre, Yerai, Banana, Eloy, Gael, Ramón, Alvarito, Berni, Xavi, Gabriel e Pelos. Tamén xogaron Daniel, Pedro, Bruno e Xoaquín.
BUÑO SD: Brais, Simón, Eloy, David Alvarez, Posiño, Fran, David Dourado, Petis, Juan Antelo, Borja Gándara e Zinho. Tamén xogaron Alexander, Manuel e Brandón.
GOLES: 0-1 6´Zinho 0-2 8´Zinho 1-2 72´Pelos
O debut de Chema Rivadulla no banco do Buño non puido ser mellor, pois impúxose en Muros, con dous goles conqueridos por Zinho nada máis iniciar o partido. O Muros entrou moi descentrado no encontro e pagouno caro. Cando quixo ir pola remontada só foron capaces de anotar un tanto por medio de Javi Pelos, que foi insuficiente.
U.D. CERQUEDA 1 - VOLANTES DE BAÑO F.C 1
UD CERQUEDA: Diego Dourado, Marcos Pensado, Javi Souto, Martín Añón, Dani, Michel, Lorenzo, Xulián, Molinos, Dieguito e MArtín Castro. Tamén xogaron Jonathan, David Dourado, Manu Guillamet e Gonzalo
VOLANTES DE BAÑO FC: Víctor, Dani Fernández, Mou, Thiago, Cajulo, Pardelo, Raúl, Godo, Pesco, Riki e Miguel. Tamén xogaron Tico, Rapante e Yeray
GOLES: 0-1 67´Thiago 1-1 82´Manu Guillamet
Primeiro tempo de tanteo onde o Cerqueda tiña o balón e o Volantes buscaba un fútbol máis directo con Thiago como home referencia. O Cerqueda saíu ben no segundo tempo, fallando claras ocasións Dieguito, Lorenzo e Molinos, pero foi o Volantes quen se adiantou con gol de Thiago. O Cerqueda buscou o empate e atopouno Manu Guillamet, e aínda puido ser vitoria pois David Dourado estrelou un balón no pao.
LIRA C.F. 2 - S.D. SAN LORENZO 4
LIRA CF: Raúl, Jano, Cristian Formoso, Manuel, Porto, Badara, Gabri da Anchoa, Oliver, Cristian Caamaño, Robertín e Toni. Tamén xogaron Javi Sieira e Deme.
SAN LORENZO: Rubén, Fidalgo, Juanjo, Luciano, Diego Varela, José, David Lorenzo, Fuentefría, Mario, Alex e Pablo Díaz. Tamén xogaron Dani Cotelo, Yago Varela, Aarón e Alberto
GOLES: 0-1 7´Jose 1-1 9´Cristian Caamaño 1-2 32´Fuentefría 1-3 50´Fuentefría 2-3 59´Toni de penalti 2-4 69´Mario
Foi expulsado Cristian Formoso 61´
Non é quen de sumar o Lira, e esta vez caeu ante un efectivo San Lorenzo. Fixo unha boa primeira media hora o equipo local, fallando varias ocasións de gol, pero os visitantes adiantáronse por duas veces. Aumentou diferencias Fuentefría, recurtou Toni e tivo o empate o Lira a pesar de xogar con 10, pero nunha contra Mario anotou un golazo para sentenciar o encontro.
S.D. AMEIXENDA 2 - S.C.D. MALPICA 1
SD AMEIXENDA: Oscar Riolo, Adán, Po, Samu, Javichu, Chucho, Camacho, Castreje, Bicho, Piquero e Susiño. Tamén xogaron Tomás, Saulo, Juanfran e Cristian.
SCD MALPICA: Toni, Mante, Belar, Jorge, Juan Fuentes, Miguel Martínez, Marcos, Gonzalo, Brais Lado, Aitor e Martín. Tamén xogaron Dimitri, Alberto, Brais Ceán, e Fabio
GOLES: 1-0 3´Chucho 1-1 26´Mante 2-1 73´Susiño
Primeira vitoria do Ameixenda nun encontro que se lle puxo pronto de cara co gol de Chucho nun disparo dende fora da area que se lle escapou a Toni. Puido anotar o segundo Castreje nunha contra, pero á saída dun córner Mante establecía o empate, xusto polo visto ata ese momento. Antes do descanso Riolo tivo que lucirse para evitar o segundo tanto visitante. O segundo tempo foi moi bonito e aberto, cos dous equipos buscando a vitoria. Chucho e Piquero fixéronse co centro do campo e Susiño, un dos destacados anotou un golazo que supuxo a vitoria dos locais, un impulso moral sen dúbida.
SPORTING ZAS 0 - MAZARICOS C.F. 3
SP. ZAS: Adrián Vázquez, Estefan, Josito, Juan Lois, Rubio, Brais, Pablo Fuentes, Miguel, Fabián, Manu Fuentes e Santi Casas. Tamén xogaron Dani, Amado, Rubén e Alvaro.
MAZARICOS C.F.: Miguel, Cutu, Amoedo, Ricardo, Barbeira, Piki, Estéfano, Oreiro, Danis, Pereiro e Chiki. Tamén xogaron Yago Dosil, Raúl, Borja e Jose.
GOLES: 0-1 35´Piki 0-2 48´Estéfano 0-3 56´Piki
O Mazaricos foi unha apisonadora en San Andrés confirmando a súa candidatura a todo este ano. Un balón ó pao e unha parada de Adrián foron só o preludio do tanto de Piki que abría o marcador. No segundo tempo sentenciou o equipo visitante pronto, e despois dedicouse a administrar o marcador.