Venres. 17.05.2024
El tiempo

2ª Galicia: os favoritos xa están na cabeza

2ª Galicia: os favoritos xa están na cabeza
C.D. BAÍÑAS 2 - U.D. MONTE LOURO 0 CD BAÍÑAS - Paulo, Rodrigo, Naya, Moreira, Toño, Mayor, Cristian Canosa, Cristian Hermida, Esteban, Pablo Muíño e Javi Souto. Tamén xogaron Felipe, Víctor Agulleiro, Oreiro, Samuel e Jacobo. UD MONTE LOURO - Fer, Pablo, Abel, Borja, Dani Corniños, Adrián, Miguel, Dani de Sahorta, Geiko, Juan de Celia e SAmbade. Tamén xogaron Manolo Chouza, Nimo, Mingos e Pedro. GOLES: 1-0 8´Javi Souto   2-0 36´Javi Souto A calidade de Javi Souto doulle os puntos a un Baíñas que sufriu ante un respondón Monte Louro. Ós 8 minutos o dianteiro local puxo unha falta na mesma escadra para adiantar ó Baíñas. O Louro buscou o empate e tivoo nas botas de Geiko pero este so ante Paulo rematou alto. Tamén puido empatar Sambade pero un defensa sacou o seu remate baixo paos. Nunha boa xogada de Pablo Muíño Javi fixo o segundo. No segundo tempo Juan de Celia tirou unha falta á cruceta e Nimo tivo outra boa ocasión pero o Baíñas defendeu ben a súa porta e levouse o partido. MUXÍA C.F. 0 - U.C. CEE 0 MUXÍA CF - Hug0, Brais Mouzo, Michael, Conguito, Pereira, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Isma Pose, Tomás e Mauro. Tamén xogaron Santi, Toja, Gora e Gerardo.  UC CEE - Maikel, Jorge, Pablo, Aitor, Borja, Javi Canosa, Brais, Jon, Chema, Luis Lojo e Figueroa. Tamén xogaron Jose, Berto e Fran. Igualada no derbi, nun encontro no que o Muxía nunca se atopou cómodo. Unha boa ocasión no primeiro tempo por parte local foi o único bagaxe nesta parte. No segundo acto os locais saíron máis enchufados pero pagaron a falta de acerto de cara a gol. CORME C.F. 3 - BUÑO S.D. 1 CORME CF - Susiño, Jesús, Pandi, Eloy, Doldán, Alejo, Lucas, Javi Peón, Fabián, Samu Costa e Brais Torrado. TAmén xogaron Toniño, Manu Bermúdez, Pombo e Angel. BUÑO SD - Brais, Lorenzo, Manuel, David Alvarez, Pablo, Fran, Petis, David Dourado, Posiño, Alberto e Eloy. Tamén xogaron Borja Gándara, Zinho, Alexander e Brandón GOLES: 1-0 19´Alejo   2-0 56´Doldán   3-0 81´Alejo   3-1 85´Petis Volve polos seus fueros goleadores Alejo e onte anotou dous para sentenciar ó Buño, nun encontro dominado polos cormeláns dende o principio, co seu clásico fútbol de toque e precisión. Ó descanso íase con 1-0, gol do 9 azul, e a pouco de iniciarse o segundo tempo anotou Adrián Doldán o segundo. O Buño non foi quen de inquedar demasiado a Susiño, e co terceiro tanto o encontro estaba decidido a pesar do postreiro gol de Petis. S.D. PUENTECESO 3 - VOLANTES DE BAÑO C.F. 1 SD PUENTECESO - Damián, Martín Puente, Dani Cotelo, Matías, Eloy Trigo, Alberto Recarey, Iván Rodríguez, Juanma, Mendieta, Aday e Luca. Tamén xogaron Eloy Alvarez, Moscoso, Iago e Adrián Pose VOLANTES DE BAÑO - Víctor, Mou, Thiago, Pardelo, Iván, Godo, Pesco, Rachón, Miguel, Javier e Saúl. Tamén xogaron Juan do Sivil, Rapante, Ricardo e Alex GOLES: 1-0 12´Recarey   2-0 37´Aday   3-0 62´Recarey   3-1 66´Rachón O equipo local derrotou ó Volantes nun encontro no que os visitantes tiveron bastantes chegadas á portería pero o Ponteceso estivo moi efectivo cara a gol. O golazo de Recarey, estilo Carlos Pita, abriu o marcador, e pasada a media hora Aday nunha contra facía o segundo. Co 3-0 parecía que o partido estaba finiquitado pero o tanto de Rachón dou alas ó Volantes, que o intentou ata o final do encontro, pero a distancia xa era insalvable. 2 de 2 para o Ponteceso, con Alberto Recarey en plan goleador. C.D. MUROS 1 - S.D. SAN LORENZO 1 CD MUROS - Xandre, Alvarito, Banana, Eloy Carocho, Yerai, Ramón, Siaba, Saúl, Xavi, Suso Pata e Gabo. Tamén xogaron  Gabriel Lago, Gael e Matías SAN LORENZO - Benja, Fidalgo, Rudi, Luciano, Diego Varela, Jose, Mario, Brais Cancela, Yago Varela, David Lorenzo e Pablo Díaz. Tamén xogaron Aarón, Fuente, Cotelo, Alex e Alberto. GOLES: 0-1 12´Pablo Díaz   1-1 36´Alvarito Partido sabatino no Eleuterio Balayo, no que o San Lorenzo empezou moi ben, acosando a porta de Xandre. Á saída dun córner adiantouse por medio de Pablo Díaz. REaccionou o Muros e Alvarito puxo a igualada antes do descanso nun centro chut que se colou pola escadra. No segundo tempo acosou o Muros, e Saúl e Gabriel marraron dous man a man con Benjamín, quedando o resultado inamovible. U.D.CERQUEDA 1 - S.C.D. MALPICA 1 UD CERQUEDA - Diego Dourado, Marcos Pensado, Javi Souto, Fran, Martín, Dieguito, Lorenzo, Dani, Molinos, Martín Añón e Michel. Tamén xogaron David Dourado, Jonathan, Gonzalo e Xulián. SCD MALPICA - Toni, Mante, Belar, Jorge, Juan Fuentes, Gonzalo, Andy, Aitor, Martín, Dani Casal e Marcos. TAmén xogaron Brais Ceán, Pedro, Roberto e Dimitri. GOLES: 0-1 3´Dani Casal   1-1 50´Dani de penalti O derbi en Xaviña foi intenso e igualado. Adiantouse pronto o Malpica cun gol de Dani Casal. Isto fixo que o Cerqueda dominase o encontro buscando o empate, cun Malpica replegado e buscando a contra. A igualada chegou nada máis iniciarse o segundo tempo, nun penalti algo inocente que DAni transformou coa súa habitual seguridade. O Cerqueda quedou cun home menos por expulsión de Martín, pero aínda así os cambios déronlle un pulo e puideron levarse o encontro, fallando un par de claras ocasións. Pero na última xogada o Malpica tivo unha opción clarísima pero Diego Dourado fixo un paradón a Brais Cean para firmar a igualada definitiva. LIRA C.F.  0 - MAZARICOS C.F. 5 LIRA CF - Raúl, Cristian, Jose, Marcos, Manuel, Badara Fall, Gabriel da Anchoa, Oliver, Sieira, Robertín e Toni. Tamén xogou Deme MAZARICOS - Miguel, Borja, Amoedo, Carreira, Mario, Barbeira, Estéfano, Oreiro, Piki, Pereiro e Pose. Tamén xogaron Raúl, Iago e Yago Dosil GOLES: 0-1 31´Pereiro   0-2 41´Barbeira   0-3 46´Estéfano   0-4 58´Estéfano   0-5 62´Piki Partido condicionado polas numerosas baixas de ambos equipos, sobre todo por parte do conxunto local, no que o Mazaricos se mostrou superior, sobre todo a partir dos dous primeiros tantos. O primeiro, un golazo de Pereiro e o segundo a pouco do descanso. O colmo do infortunio para o Lira foi que no saque de centro do segundo tempo unha perda de balón supuxo o terceiro tanto co que o partido quedou definitivamente decidido. S.D. AMEIXENDA 0 - SP. ZAS 5 SD AMEIXENDA - Oscar, Camacho, Samuel, Javier, Susiño, Pablo, Cristian, SAulo, Lagoa, Bruno e Piquero. Tamén xogaron Sergio, Alex e Tomás SP. ZAS - Adrián, Estefan, Juan Lois, Rubio, Dani Mato, Brais, Pablo Fuentes, Alex, Jose Suarez, Fabi e Manu Fuentes. Tamén xogaron Santi Casas, Josito, Rubén, Dani Suarez e Miguel. GOLES: 0-1 16´Dani Mato   0-2 20´Estefan   0-3 39´Rubio   0-4 68´Rubio   0-5 84´Dani Mato Superioridade total do Zas en Cee, nun encontro que se decantou pronto, pois ós 20 minutos xa ganaban os visitantes por 0-2. Oscar Riolo sacou varias ocasións ó Zas, pero na enésima contra Rubio fixo o terceiro, sentenciando o encontro. Os cambios déronlle algo de aire ó Ameixenda, pero as contras dos visitantes seguiron sendo mortais, e así chegaron os dous últimos goles. Partido de resultado xusto, e tendo en conta que o mellor dos locais foi o seu gardameta Oscar Riolo.

Comentarios