Venres. 17.05.2024
El tiempo

2ª Galicia: tres en cabeza

2ª Galicia: tres en cabeza
C.D. BAÍÑAS 0 - MUXÍA C.F. 2 CD BAÍÑAS: Paulo, Rodrigo, Naya, Ramón, Cristian Hermida, Toño, Esteban, Canosa, Mayor, Pablo Muíño e Javi Souto. Tamén xogaron Víctor, Felipe, Luis Alvite e Oreiro. MUXÍA CF: Hugo, Michael, Brais Mouzo, Pereira, Toja, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Manu Nogueira, Santi, Isma Pose e Mauro. Tamén xogaron Gora e Conguito. GOLES: 0-1 82´Manu Nogueira   0-2 88´Manu Nogueira O Muxía dou un golpe na mesa en Vimianzo Tremendo encontro en Vimianzo entre dous dos candidatos a todo este ano. O primeiro tempo foi de tanteo, con moito centrocampismo e pouco xogo nas areas. Ambos equipos respectábanse moito. Na segunda parte saíu ben o Muxía, aínda que a ocasión máis clara foi para o Baíñas cun remate ó longueiro. Cando o partido chegaba á súa recta final chegou o gol de Manu Nogueira. Co Baíñas volcado en busca do empate o propio Manu facía o segundo nunha gran contra. U.C.CEE 0 - CORME C.F. 1 UC CEE: Maikel, Jorge, Pablo, Berto, Aitor, Javi Canosa, Brais, Jon, Chema, Luis Lojo e Patera. Tamén xogaron Leo, Samu e Alex.  CORME CF: Susiño, Jesús, Pandi, Fabián, Javi Peón, Lucas, Eloy, Manu Bermúdez, Doldán, Alejo e Toniño. Tamén xogaron Brais Torrado, Samu Costa e Javi Bermúdez. GOL: 0-1 13´Alejo Foi expulsado Jon no 65´ O Corme logrou a terceira vitoria consecutiva nun difícil campo, o do Cee, merced a un gol de Alejo ó cuarto de hora, e a pesar de ter o balón durante moito rato, non foi quen de sentenciar o encontro, aínda que coa expulsión de Jon o panorama clarificouse e non viu perigar os tres puntos. BUÑO S.D. 0 - PUENTECESO S.D. 2 BUÑO SD: Brais, Manuel, Fran, Petis, Borja Gándara, Zinho, Alexander, Alberto, Simón, Lorenzo e Matías. Tamén xogaron David Dourado, Miguel, Eloy e Emilio. PUENTECESO SD: Brais Vázquez, Moscoso, Luca, Dani Cotelo, Matías, Recarey, Charro, Iván Rodríguez, Juanma, Darío e Mendieta. Tamén xogaron Aday, Eloy Alvarez, Ismail e Eloy Trigo. GOLES: 0-1 18´Luca   0-2 84´Matías Está o Puenteceso imparable e no derbi de Xaviña venceu ó Buño por 0-2, manténdose na cabeza da tabla. Cruzábanse dinámicas diferentes, a do Buño moi negativa, e despois do de onte segue todo na mesma liña. Un gol de Luca no inicio do partido e outro de Matías cara o final chegáronlle ós homes de Mato para lograr a terceira vitoria e seguir xunto con Mazaricos e Corme comandando a tabla clasificatoria. VOLANTES DE BAÑO F.C. 4 - C.D. MUROS 1 O paisaxe contrastado co fútbol, esa é a nosa costa VOLANTES DE BAÑO: Javira, Mou, Thiago, Cajulo, Raúl, Iván, Godo, Pesco, Maikel, Jose e Saúl. Tamén xogaron Juan do Sivil, Marcos, Pardelo, Yeray e Ricardo. CD MUROS: Xandre, Yerai, Banana, Eloy, Pelos, Ramón, Alex Siaba, Alvarito, Xavi, Daniel e Pedro. Tamén xogaron Gabo, David Brea, Berni, Suso Pata e Chino. GOLES: 1-0 45´Pesco   2-0 52´Thiago de penalti   3-0 78´Pesco   3-1 86´Chino   4-1 89´Cajulo Foi expulsado David Brea 62´ Deportivo e emocionante derbi en Muros, cun gran ambiente nas gradas. O encontro estivo marcado pola lesión de Saúl e Alex Siaba despois dun tremendo choque de ambos xogadores. No meramente deportivo, o acerto de Pesco, que anotou un par de tantos, e a maior calidade local decidiu un choque máis igualado do que di o marcador, no que o Muros competiu moi ben, pero que non foi quen de contrarrestar o talento dos homes de ataque do Volantes. Ambientazo no Eleuterio Balayo S.D. SAN LORENZO 0  - U.D. CERQUEDA 1 SD SAN LORENZO: Rubén, Rudi, Luciano, Pablo Díaz, Dani Cotelo, Diego Varela, Jose, Brais Cancela, Pablo Garrido, Yago Varela e David Lorenzo. TAmén xogaron Fuente, Aarón e Fidalgo. UD CERQUEDA: Diego Dourado, Martín, Dani, Javi Pazos, Javi Souto, Gonzalo, Dieguito, Lorenzo, Xulian, Molinos e David Dourado. Tamén xogaron Manu Guillamet, Jonathan, Marcos Pensado, Cristian Méndez e Bastón. GOL: 0-1 88´Cristian Méndez Un gol de Méndez ó final de todo dou os puntos ó Cerqueda Partido moi disputado nas Pedreiras que se decidiu cun gol do ex do Sofán Cristian Méndez cando o encontro xa esmorecía. Os locais mostráronse máis adaptados ó campo, e o gardameta Diego Dourado tivo que responder cun par de grandes intervencións no primeiro tempo a ocasións do San Lorenzo. O Cerqueda tivo as súas opcións nas botas de David Dourado e Molinos. O San Lorenzo apretou moito no segundo tempo, sobre todo a balón parado, pero o Cerqueda defendiuse ben e aproveitou unha contra para levarse os puntos en xogo. S.C.D. MALPICA 2 - LIRA C.F. 0 SCD MALPICA: Toni, Mante, Belar, Jorge, Juan Fuentes, Gonzalo, Andy, Aitor, Martín, Dani Casal e Marcos. Tamén xogaron Brais Lado, Roberto, Brais Ceán e Dimitri. LIRA CF: Raúl, Jano, Cristian, Marcos, Manuel, Badara Fall, Gabriel, Chema, Sieira, Demetrio e Robertín. GOLES: 1-0 17´Gonzalo   2-0 85´Brais Lado Triunfo do Malpica na Pedra Queimada ante un Lira moi mermado que se presentou só con 11 xogadores. O Malpica dominou o primeiro tempo, Aitor disparou ó longueiro e o dianteiro Martín dispuxo de duas boas opcións, pero foi Gonzalo Vilariño de cabeza quen adiantou ós locais. O Lira non foi quen de inquedar a Toni, e co debut de Brais Lado, que tivo varias ocasións, o Malpica cerrou o partido. Anulouselle un gol a Dani Casal e o propio Brais Lado anotou o tanto da sentencia. MAZARICOS C.F. 8 - S.D. AMEIXENDA 0 MAZARICOS CF: Miuel, Cutu, Raúl, Danis, Oreiro, Mario, Ricardo, Barbeira, Piki, Estéfano e Pereiro. Tamén xogaron Iago, Yago Dosil e Amoedo. SD AMEIXENDA: Oscar Riolo, Tomás, Po, Samu, Javichu, Adán, Pablo, Susiño, Saulo, Castreje e Pikero. Tamén xogaron Jorge e Cristian. GOLES: 1-0 16´Barbeira   2-0 19´Mario   3-0 27´Barbeira   4-0 31´Mario   5-0 36´Piki   6-0 41´Estéfano   7-0 75´Estéfano   8-0 88´Yago Dosil O Ameixenda saíu goleado de Mazaricos nun encontro onde se viu o potencial dos locais. Dous goles no inicio desmoralizaron ós visitantes, o Ameixenda baixou os brazos e os goles foron caendo ata o 6-0 do descanso. O encontro baixou de ritmo no segundo tempo aínda que os locais lograron dous tantos máis para redondear o marcador. U.D. MONTE LOURO 1 - SPORTING ZAS 0 UD MONTE LOURO: Fer, Pablo, David, Manolo Chouza, Borja, Adrián, Pesco, Dani de Sahorta, Geiko, Juan de Celia e Sambade. Tamén xogaron Nimo, Abel, Samuel, Miguel Rey e Pedro. SP. ZAS: Adrián, Fabi, Estefan, Santi Casas, Rubio, Dani Mato, Brais, Pablo Fuentes, Amado, Suárez e Manu Fuentes. TAmén xogaron Juan Lois e Daniel GOL: 1-0 58´Juan de Celia Vitoria importante do Louro, que puido ser máis amplia de non ser polas intervencións do porteiro Adrián Vázquez. O primeiro tempo tivo varias opcións de gol: Geiko, Pesco e Juan de Celia para os locais e Dani Mato para os visitantes, nun remate que sacou Borja baixo paos. No 58´un disparo de Geiko que rexeita Adrián recolleo Juan de Celia para anotar o único tanto do partido. A expulsión de Dani Mato por protestar marcou a segunda parte. O Zas con 10 tivo unha ocasión de Rubio pero o seu disparo saíu fora por pouco, e outro remate de Manu Fuentes que sacou Fer.  

Comentarios