Xoves. 07.11.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Camelle asalta o liderato e a loita pola promoción aprétase

3ª Autonómica: O Camelle asalta o liderato e a loita pola promoción aprétase
Afeccion do Camelle en Muxia-Foto- Jorge Parri Descansaba o Indep. Carballo e o Camelle non desperdiciaba a ocasión para quedar só no liderato. E iso que tivo que sufrir para traer de volta a vitoria de Arliña ante un gran Muxía e nun campo moi enlamado. Así, os camelláns quedan con 3 puntos sobre o IDC e agora 6 sobre un Porteño que leva un 2013 moi malo. O sábado non lles saíu nada aos de Gerpe e acabaron caendo co Laxe. Un Laxe que está inmerso na fermosa loita por entrar na promoción. I é que se o Soneira B non fallaba en Coristanco, si que caía o Cerqueda en casa ante o Baíñas, o que deixa a cousa moi apretada. Do 4º, o filial soneirán, ao 10º, o Lira, hai tan só 11 puntos, se ben entre o Ameixenda, agora 6º, e o propio Lira hai só 5 puntos. Lira, Baíñas, Muxía, Laxe e Ameixenda loitarán por entrar nunha fase na que Soneira B e Cerqueda teñen vantaxe.

Laxe - Porteño (1-0)

  • LAXE: Diego, Samuel, Naya, Pailos, Aarón, Ventura, Gora, Felipe, Mandi (Saleta, min.75), Roi (Borja, min.46) e Martín.
  • PORTEÑO: Pablo, Gabi (Jimmi, min.80), David Toja (Nené, min.46), Maikol, Pejo, Ismael, Mario, Cousillas, Brais (Búa, min.60), Yuyo e Iago.
  • Gol: 1-0, min.20: Mandi nunha contra rápida tras unha falta en contra.
Novo mal resultado do Porteño que só suma unha vitora neste 2013. Foi un partido moi disputado, moi intenso, sen demasiadas ocasións claras, ao que o Porteño chegaba con serias baixas, e no que o Laxe marcou pronto e soubo rentabilizar a renda. Comezaba o choque dúas ocasións para Cousillas e Iago que parou Diego. Pero Mandi sorpendía nunha contra rápida a saída dunha falta a favor do Porteño e metía o 1-0. Co gol desapareu o Porteño, moi tocado polo gol e a xeira de resultados e aí puido sentenciar o Laxe. Pero na segunda reaccionou o Porteño e Iago e Nené fallaron diante de Diego. Os de Gerpe pediron un penalti, e buscaron durante toda a segunda metade o empate, pero o Laxe, cun Gora xigante no medio campo, aguantou. Ata saiu Jimmi, o porteiro suplente, en plan Alexanco, pero o gol non entraba para os da Ponte, que deixan escapar aos veciños do Camelle a 6 puntos.

Xaviña - Ameixenda (1-3)

  • XAVIÑA: Juan, Esteban, Juan Antonio, Piru, Beto, Carlos, Martelo, Felipe (Elvis, min.20), David (Pekenao, min.55), Gatusso e Bieito.
  • AMEIXENDA: Óscar, Álvaro (Demetrio, min.90), Grille, Álex, Bruno, Javichu, Jorge (Alberto, min.60), Borja, Riolo (Jesús, min.70), Javier e Ramiro.
  • Goles: 1-0, min.20: Gatusso dende fóra da área; 1-1, min.30: Alex de falta pola escuadra; 1-2, min.80: Ramiro; 1-3, min.90: Álvaro.
  • Expulsións: os ceenses Bruno (min.25) e Javier (min.80) e o xaviñán Beto (min.55).
  • Lesión: o local Elvis.
Vitoria do Ameixenda en Camariñas que o aúpa á 6ª praza. E aproveitou ben as súas ocasións o cadro ceense, ante un Xaviña que aguantou durante 80 minutos. Adiantábase o Xaviña de feito na primeira pero Alex metía un golazo pola escuadra que igualaba a contenda. Na segunda, o partido estivo moi igualado e puido caer de ambos bandos, pero o maior fol dos ceenses permitiulles chegar con máis forzas aos últimos minutos, nos que sentenciaron.

Muxía - Camelle (1-2)

  • MUXÍA: José Antonio, Luís Romaní, Martín (Ruso, min.70), Pesqui, Pataca, Ángel, Currás, Javi (Julián, min.60), David, Adrián Negro (Lagoa, min.75) e Dimas.
  • CAMELLE: Carlos de Dido, Matías, Iván, Baliña, Manuel (Coruña, min.46), Tedín (Jose, min.75), Varu (Adrián Tajes, min.80), Mario, Javi Rañal, Miguel e Barreiro.
  • Goles: 1-0, min.12: David de penalti; 1-1, min.28: Tedín tras un rexeite do porteiro; 1-2, min.53: Mario coa axuda do porteiro.
Partidazo moi loitado a pesar do estado completamente enlamado do céspede natural de Arliña. Pero ambos equipos amosaron unha brega tremenda, nun choque moi igualado que se decantou por un par de erros do porteiro local. Foi un partido de poucas ocasións, sen un dominador claro, con moito balón aéreo e pouco xogo de toque. Comezaba o Muxía meténdose por diante tras un claro penalti que David transformaba. Pero á media hora Tedín aproveitaba un balón que deixaba morto o porteiro muxián para acadar o empate. A segunda metade comezaba co gol do Camelle nun tiro de Mario que o porteiro non atalla e o balón acaba colándose na meta. Continuou o Muxía intentándoo cunha boa arbitraxe (de novo 3 árbitros que lle están saíndo moi caros ao cadro muxián) ata que no último minuto, a piques estivo de empatar con 3 remates tras dous córner. Pero ao final, o marcador non se moveu e o Camelle asalta o liderato, contando ademais con que a semana que vén sumará os puntos do Fisterra B.

Corcoesto - Castrelo (2-1)

  • CORCOESTO: Anxo, Ángel, Edemiro, Germán, Sergio, Luís, Javi, Xabi (Longo, min.80), Aitor (Couto, min.75), Rodri (Martín, min.65) e Héctor (Pichuco, min.55).
  • CASTRELO: Iván, Esteban, Mario, Marcos, Dieguito, Conexo, Manolo, Litos, Luís, Germán, David. Tamén xogou Vicente e Edreira.
  • Goles: 1-0, min.20: Héctor; 2-0, min.65: Edelmiro peiteando un balón colgado; 2-1, min.92: Luís nun córner tras 4 rexeites.
Partido aburrido, algo tocado pola Mikaela, no que as forzas estiveron frouxas polos dous bandos. O Castrelo, con moitas baixas, non amosou demasiada resistencia, e o Corcoesto aproveitou ben as poucas ocasións xeradas. Comezaba Aitor avisando, pero un defensa vimiancés sacaba baixo paos. Pronto abría Héctor o marcador, que así se mantiña ata o descanso. Na segunda, apenas chegaba o cadro local con balóns colgados e nun destes Edelmiro peiteaba e o balón se colaba na meta de Iván. O Castrelo sacou o orgullo nos últimos minutos, e asinou o tanto, case que da honra, no desconto nunha xogada con varios rexeites que meteu para dentro Luís.

Alcaián - Nantón (1-1)

Alcaian-Nanton-Foto- Victor Santos
  • ALCAIÁN: Fernando, Martínez, Pichel (Dani, min.40), Marcos (Jorge, min.46) (Lino, min.65), Pombo, Pistolas, Gabriel (Corral, min.75), Daviciño, Framil, David e Marqués.
  • NANTÓN: Bonano, Martín, Eloy, Diego, Amado, Carlos Vidal, Fabio, Rubén, Luís, Dani Costa, Iván, Cachi, Dani e Félix.
  • Goles: 1-0, mi.9: Daviciño; 1-1, min.50: Luís de penalti.
  • Expulsión: Framil na xogada do penalti (min.50).
  • Lesión: Os locais Marcos, Pichel, e Jorge.
Comezaba o choque cun minuto de silencio polo pasamento de José Díaz Lema, directivo do Nantón, falecido a semana pasada. E pouco xogo nun partido apretado, no que o Alcaián sumou un punto que lle sabe a moito por chegar con baixas importantes (Facal e Rubio) e sufrir sendas lesións antes do descanso (Marcos e Pichel) ademais de quedar con 10 case toda a segunda metade. Así e todo, no minuto 9 adiantábase o Alcaián con un gol extrano. Daviciño engancha un disparo ó borde da área que rexeita a defensa do Nantón. En principio parace que o balón se vai ir fóra pero o balón vaise envenenando e finalmente chega a rede da portería defendida por Bonano. Dúas chegadas máis do Alcaián pola dereita que detivo ben Bonano foron o bagaxe ofensivo dun cadro local que controlou máis a primeira metade pero que quedaba a mercé do Nantón na segunda. Pero tampouco o Nantón era quen de trenzar algunha xogada ata que no minuto 22 un pase en profundidade de Fabio habilita a Luís que lle pega de primeiras estrelando o balón no pau. Pouco despois o árbitro anula un gol a Carlos Vidal por un dubidoso fóra de xogo. Chegando xa o descanso o propio Vidal é derribado dentro da área e o árbitro sinala penalti. O encargado de lanzalo é Luís, pero o porteiro local Fernando evita o gol cunha boa parada. Tralo descanso o Nantón embotella ó Alcaián no seu campo e crea numerosas ocasións que non se materializan. No minuto 51, tras unha boa xogada de Luís, recolle o balón Iván que é derribado dentro da área. Penalti e expulsión do xogador do Alcaián. Luís volve a lanzar e esta vez marca, aínda que o porteiro está a piques de parar o balón cos pes. No 75 Luís engancha un bo tiro dende a frontal que se vai lambedo o poste e xa no 90 Fabio non acerta a marcar nun man a man con Fernando. Alcaian-Nanton-Foto- Victor Santos

Coristanco - Soneira B (1-4)

  • CORISTANCO: Nacho, Rubén, Navarro, Marco, Cristian, Iván, Damián (Martínez, min.65), Adrián (Juan, min.75), Torreira, Gonzalo e Cristian Cancela (Alexis, min.50).
  • SONEIRA B: Martín, Chans, Chuchi, Alberto, Roi (Pichón, min.46), Jemisa, Quilmes (Pablo, min.46), Felix, Canosa (Fernando, min.65), Wii e Chino (Borja, min.75).
  • Goles: 0-1, min.5: Wii; 0-2, min.30: Alberto; 0-3, min.60: Jemisa; 0-4, min.70: Wii; 1-4, min.80: Torreira.
  • Lesións: o porteiro local Fredi no quecemento, e Cristian; e o visitante Roi.
Partido igualado que o Soneira B sacou adiante aproveitando as baixas do cadro de Rochi. Comezaba o partido cun gol inicial dos soneiráns pero reaccionaba ben o Coristanco e Torreira lanzaba un chutazo que traspasaba a rede, e o colexiado, ante a confusión, non daba o gol por válido. Estivo aí 10 minutos o partido para arranxar a rede. Retomábase o xogo co Soneira B dominando algo máis, pero Gonzalo mandaba outra á cepa do poste e Cristian Cancela mandaba alta un man a man. Pero á media hora Alberto marcaba nun balòn colgado deixando tocado aos locais. Na segunda avisaba de novo o Coristanco cun remate de cabeza de Gonzalo e unha falta de Torreira, pero era Jemisa o que facía o 3-0 que sentenciaba o partido. E non saían as cousas no cadro local e unha nova lesión, Cristian deixaba con 10 aos seus. Wii facía o 4º e só a 10 do final Torreira conseguía traspasar a meta de Martín.

Cerqueda - Baíñas (0-1)

Cerqueda-Baíñas -Foto- UD Cerqueda
  • CERQUEDA: Rubén, Bastón, Javi, Javi Pazos, Martínez, Dani, Manu (Iván Cances, min.80), Lorenzo, Dani Seaia (Iván Ponte, min.60), Dieguito e You (Juanjo, min.46).
  • BAÍÑAS: Damián, Simón, Sergio, Luís, Héctor, Iván, Styven, Cris (Diego, min.70), Nando (Suso, min.60), Yanki (Samuel, min.80) e Tasky (Vito, min.85).
  • Gol: 0-1, min.5: en propia meta tras unha falta.
Gran partido o do Baíñas que entrou máis metido no encontro, marcou pronto e logo soubo controlar moi ben o tempo do partido, sobre todo, cunha defensa moi seria, que apenas permitiu ocasións aos locais. Ademais, cada chegada facían dano Tasky e Yanki, pero non estiveron acertados cara gol. Na segunda algunha tivo para empatar o Cerqueda, pero o resultado foi bastante xusto, metendo de cheo ao Baíñas na loita pola 6ª praza e dalle un toque de atención.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios